DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36682

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á especialidade de educación infantil.

Na sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 132, do 11 de xullo), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil.

O 22 de xuño de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña vinte e nove novas persoas aspirantes, xa que as propostas co número 6 Rosas Conde, María Ángeles (***7363**); 14 Soto Mata, María Cristina (***6803**); 82 Parada Santiago, María de los Ángeles (***0337**); 101 Pérez Calvo, María Josefa (***3795**); 105 García Amor, Ana María (***4330**); 124 García Rodríguez, Ana Isabel (***5188**); 153 Santomé Eiroa, María Esperanza (***9508**); 167 Rodríguez Rodríguez, Milagros (***7318**); 228 Rodríguez Núñez, Pilar (***3703**); 301 Sánchez Barge, Cristina (***3132**); 303 Romero Torres, Zoraima (***1925**); 306 Barrero Seijas, Adelaida (***0470**); 317 Pérez Rivera, Mónica (***1055**); 363 Viturro Caeiro, María Sofía (***0888**); 389 Alonso Mesejo, María del Carmen (***4105**); 393 Ferreiro González, María Jesús (***2600**); 402 Villaronga Chazo, María (***7823**); 409 Sanmiguel Pérez, Patricia (***6670**); 426 Vázquez Rodríguez, María Carmen (***4296**); 429 Méndez Fernández, María Cristina (***0170**); 445 Freire Tubío, Eva María (***1094**); 458 Fernández Saavedra, María Araceli (***5967**); 474 Souto Gestal, María del Mar (***3805**); 497 Villamil Cadórniga, Inmaculada Teresa (***5373**); 499 Sequeiro Mosquera, Alexis Enrique (***0624**); 504 Oviedo Bonner, Anamaría (***3971**); 506 Castro Sanmartín, Aurora (***3538**); 522 García Augusto, Ana (***7550**) e 562 Iglesias Costas, María Teresa (***8634**), non presentaron a documentación requirida, ou parte dela, polo que decaeron nos seus dereitos respecto deste proceso selectivo.

A base III.4 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, eliminando as persoas aspirante decaídas, incorporando vinte e nove novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e renumerando a orde de prelación desde o posto número 6, atendendo á orde das puntuacións obtidas nel, facendo pública esta relación complementaria como anexo I, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes
que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C1 (concurso).

Corpo/categoría: corpo de técnicos de carácter facultativo, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil (208J).

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

533

***6132**

Novoa León, Carmen

Libre

42,100

534

***2991**

Nogueira Gómez, Cristina

Libre

42,100

535

***8851**

Troans Trasbach, Tania

Libre

41,800

537

***8120**

Atadell Lavandeira, Sara

Libre

41,680

538

***5854**

González Palmas, María Estefanía

Libre

41,640

539

***4655**

De Santiago Jiménez, Eva

Libre

41,540

540

***1147**

Techera Ojeda, Karem Fabiana

Libre

41,500

541

***7749**

Méndez Témez, Rosa María

Libre

41,420

542

***1488**

Touris Fernández, Natalia

Libre

41,200

543

***7464**

González Pérez, Lucía

Libre

41,140

544

***1084**

Fontao Romeo, Josefa

Libre

41,020

545

***2226**

Abalo Valderrama, Estela

Libre

40,950

546

***2882**

Ruibal Domínguez, María Jesús

Libre

40,900

547

***4911**

Boán González, Beatriz

Libre

40,900

548

***6685**

Fabián García, María Sonsoles

Libre

40,800

549

***8222**

Rodríguez Parcero, Noelia

Libre

40,720

550

***4100**

Segovia Castro, Pablo Andrés

Libre

40,700

551

***8342**

Lema Sanlés, Nuria

Libre

40,400

552

***6982**

Romar Rodríguez, Raquel

Libre

40,400

553

***8359**

Varela López, Raquel

Libre

40,300

554

***2258**

Lacarra Servia, Begoña

Libre

40,300

555

***2966**

Reino Goyanes, Patricia

Libre

40,120

556

***6749**

Rodríguez Permuy, Lilia

Libre

40,120

557

***3973**

Sobrido Rey, Nieves

Libre

40,020

558

***0880**

García Calvo, Gabriel

Libre

39,900

559

***4607**

Hiebra Seijas, José Darío

Libre

39,800

560

***1999**

Gago Barreiro, Yolanda María

Libre

39,800

561

***4189**

Blanco Chapela, Leticia

Libre

39,790

562

***1308**

González Vaz, Esperanza

Libre

39,700