DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36679

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á escala técnica de facultativos, especialidade de educador social.

Na sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada por Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada por Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 17 de decembro de 2024 (DOG núm. 244, do 19 de decembro) e 3 de xuño de 2026 (DOG núm. 108, do 11 de xuño), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de facultativos, especialidade de educación social (subgrupo A2).

O 22 de xuño de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña a dúas novas persoas aspirantes, xa que as propostas co número 10 González Rodríguez, María del Pilar (***6445**) e co número 20 Lemos González, Silvia (***3706**), non acreditaron a totalidade dos requisitos requiridos, polo que decaeron nos seus dereitos respecto do presente proceso selectivo.

A base III.4 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador social, eliminando as persoas aspirante decaídas, incorporando dúas novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e reenumerando a orde de prelación desde o posto número 10, atendendo a orde das puntuacións obtidas neste, facendo pública esta relación complementaria como anexo I, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita nova relación de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: A2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos, especialidade educador social (209C).

Prazas de acceso libre: 45.

Prazas de acceso base I.1.1: 5.

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

49

***9779**

Conde Cameselle, Javier Delio

Libre

62,200

50

***7146**

Gómez Jardón, Lorena

Libre

61,300