Na sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 17 de xullo de 2023 (DOG núm. 14, do 24 de xullo) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 25 de setembro de 2025 (DOG núm. 197, de 13 de outubro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil.
O 22 de xuño de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a proposta co número 63, Blanco Costa, Cristina (***7174**), non acreditou a totalidade dos requisitos requiridos, polo que decaeu nos seus dereitos respecto do citado proceso selectivo.
A base IV.6 da convocatoria dispón que: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil. A modificación consiste en eliminar a persoa aspirante decaída, incorporar unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo e renumerar a orde de prelación desde o posto número 63, atendendo á orde das puntuacións obtidas nel. Esta relación complementaria faise pública como anexo I, con indicación do documento nacional de identidade ou equivalente da nova aspirante (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, a nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026
Manuel Lage Cobas
Presidente do tribunal
ANEXO I
Relación complementaria de persoas aspirantes
que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: C1 (concurso-oposición).
Corpo/categoría: corpo de técnicos de carácter facultativo, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil (208J).
|
Nº de orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
87 |
***6132** |
Lires Blanco, Andrea |
Libre |
54,250 |
