DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 26 de xuño de 2026 Páx. 36604

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2026 pola que se publica a Resolución do 12 de xuño de 2026 de concesión da segunda quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).

No Diario Oficial de Galicia número 57, do 26 de marzo de 2026, publícase a Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).

De conformidade co artigo 15 das bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 14.

Así mesmo, os artigos 10 e 15 das bases, establecen que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que determina está publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 12 de xuño de 2026 a resolución que finaliza o procedemento da segunda quenda,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 12 de xuño de 2026 de concesión da segunda quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 12 de xuño de 2026, que finaliza a segunda quenda deste procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Resolución do 12 de xuño de 2026 de concesión da segunda quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D)

Antecedentes administrativos:

1. O día 26 de marzo de 2026, DOG núm. 57, publícase a Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).

2. Ata o día 27 de maio de 2026, da totalidade de solicitudes recibidas entre o día 26 e o 27 de maio, as completas e verificadas son once solicitudes que se relacionan no anexo I, nas modalidades expresadas.

3. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (en diante, Agadic), como órgano instrutor do procedemento de concesión de subvencións, propón subvencionar as solicitudes que se relacionan no anexo II polo importe que se indica, xa que se considera que cumpren todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria para ser subvencionados.

4. O día 10 de xuño de 2026, o director da Agadic tras a instrución do expediente, ditou unha proposta de resolución de concesión de axuda na que se indica as solicitudes propostas para ser subvencionadas co importe asignado a cada unha delas, tal e como se recolle no anexo II e elévaa á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

Consideracións legais e técnicas:

1. É competente para resolver a concesión da axuda o presidente do Consello Reitor da Agadic, de conformidade co disposto no artigo 15.1 da Resolución do 6 de marzo de 2026 que establece que «a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG número 164, do 24 de xuño), deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución».

2. O artigo 1.6 das bases reguladoras sinala que «o procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes, ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A data de entrada que se considerará para establecer a orde de prelación será a correspondente á última documentación que permita completar a solicitude.

Este procedemento administrativo non comporta o esgotamento de crédito nun só acto senón que a súa disposición se realizará en actos sucesivos e non se concederán novas axudas unha vez esgotado o crédito con independencia dunha publicación posterior deste aspecto polo órgano xestor, salvo que proceda o previsto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia».

3. Todos os expedientes de solicitudes de subvencións para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, co código de procedemento CT404D, foron tramitados e estudados conforme as bases desta.

4. Como resultado de todo o proceso, o director da Agadic presenta a súa proposta de resolución de conformidade co artigo 14 das bases reguladoras, o día 10 de xuño de 2026.

Por todo o anteriormente exposto, tras examinar a proposta de resolución do director da Agadic, e de conformidade con ela,

RESOLVO:

1. Admitir as solicitudes que se relacionan no anexo I por cumprir os requisitos establecidos pola convocatoria para a súa valoración.

2. Conceder a subvención, polos importes que se expresan, ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo II.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Unha vez transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Esta resolución notificaráselle ás entidades interesadas, de xeito complementario a súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026. José Carlos López Campos, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.

ANEXO I

Solicitudes recibidas completas e verificadas

Data de rex. Agadic

Núm de rex. Agadic

Exp.

Mod.

Persona solicitante

NIF

Proxecto

Foro/evento

26.5.2026 9.37.00

1077668

2026CD/027

A

Brais Romero Suárez

***8486**

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

26.5.2026 10.33.00

1190133

2026CD/035

A

Tres la Película Frida Nadir, A.I.E.

V70557772

Marché du Film-Cannes 2026

Marché du Film-Cannes 2026

26.5.2026 12.33.00

1053346

2026CD/023

A

Zuzú Cinema, S.L.

B72607963

Marché du Film-Cannes 2026

Marché du Film-Cannes 2026

26.5.2026 13.43.00

1027009

2026CD/019

C

Zeitun Films, S.L.

B70237581

Sandwich Cat-ACE Animation Special

ACE Animation Special

26.5.2026 17.57.00

1003022

2026CD/015

A

L’Atalante Cinema, S.L.

B42771543

Marché du Film-Cannes 2026

Marché du Film-Cannes 2026

26.5.2026 18.00.00

1002973

2026CD/014

A

L’Atalante Cinema, S.L.

B42771543

European Film Market-Berlín 2026

European Film Market-Berlín 2026

26.5.2026 21.27.00

1126505

2026CD/032

B

Rebordelos, S.L.

B70544010

68 metros-Festival de Málaga Cine Español

Festival de Málaga Cine Español

27.5.2026 11.22.00

990852

2026CD/004

A

Acariño Films, S.L.

B72674609

European Film Market-Berlín 2026

European Film Market-Berlín 2026

27.5.2026 12.25.00

1126541

2026CD/033

B

Rebordelos, S.L.

B70544010

Después de las ciudades-International Film Festival Rotterdam IFFR

International Film Festival Rotterdam IFFR

27.5.2026 12.34.00

1126595

2026CD/034

B

Rebordelos, S.L.

B70544010

Después de las ciudades- Festival de Málaga Cine Español

Festival de Málaga Cine Español

27.5.2026 12.58.00

1339162

2026CD/039

A

Mordisco Films, S.L.

B27405042

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

ANEXO II

Solicitudes subvencionadas e importes das axudas

Data de rex. Agadic

Núm de rex. Agadic

Exp.

Mod.

Persona solicitante

NIF

Proxecto

Foro/evento

Importe

26.5.2026 9.37.00

1077668

2026CD/027

A

Brais Romero Suárez

***8486**

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

464,45 €

26.5.2026 10.33.00

1190133

2026CD/035

A

Tres la Película Frida Nadir, A.I.E.

V70557772

Marché du Film-Cannes 2026

Marché du Film-Cannes 2026

1.300,00 €

26.5.2026 12.33.00

1053346

2026CD/023

A

Zuzú Cinema, S.L.

B72607963

Marché du Film-Cannes 2026

Marché du Film-Cannes 2026

1.300,00 €

26.5.2026 13.43.00

1027009

2026CD/019

C

Zeitun Films, S.L.

B70237581

Sandwich Cat-ACE Animation Special

ACE Animation Special

2.597,06 €

26.5.2026 17.57.00

1003022

2026CD/015

A

L’Atalante Cinema, S.L.

B42771543

Marché du Film-Cannes 2026

Marché du Film-Cannes 2026

1.300,00 €

26.5.2026 18.00.00

1002973

2026CD/014

A

L’Atalante Cinema, S.L.

B42771543

European Film Market-Berlín 2026

European Film Market-Berlín 2026

1.300,00 €

26.5.2026 21.27.00

1126505

2026CD/032

B

Rebordelos, S.L.

B70544010

68 metros-Festival de Málaga Cine Español

Festival de Málaga Cine Español

500,00 €

27.5.2026 11.22.00

990852

2026CD/004

A

Acariño Films, S.L.

B72674609

European Film Market-Berlín 2026

European Film Market-Berlín 2026

953,43 €

27.5.2026 12.25.00

1126541

2026CD/033

B

Rebordelos, S.L.

B70544010

Después de las ciudades-International Film Festival Rotterdam IFFR

International Film Festival Rotterdam IFFR

2.098,53 €

27.5.2026 12.34.00

1126595

2026CD/034

B

Rebordelos, S.L.

B70544010

Después de las ciudades-Festival de Málaga Cine Español

Festival de Málaga Cine Español

1.000,00 €

27.5.2026 12.58.00

1339162

2026CD/039

A

Mordisco Films, S.L.

B27405042

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

MAFIZ-Festival de Cine de Málaga 2026

406,00 €