DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 36926

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 18 de xuño de 2026 pola que se extingue a autorización do CPR Dobao Imagen, de Lugo, por cesamento de actividades docentes.

A representación da titularidade do CPR Dobao Imagen, de Lugo, autorizado para impartir os ciclos formativos de grao medio de Estética e beleza e de Peiteado e cosmética capilar e mais o ciclo formativo de grao superior de Estética integral e benestar, solicita a extinción da autorización por cesamento de actividades docentes.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, así como coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de conformidade co artigo 17.1 do Decreto 133/1995, do 10 de maio, por cesamento nas súas actividades docentes e á instancia da titularidade do centro, a autorización do CPR Dobao Imagen, de Lugo, código 27016431, con efectos do 30 de xuño de 2026.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional