DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 29 de xuño de 2026 Páx. 36928

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a resolución do 19 de xuño de 2026 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213E).

No Diario Oficial de Galicia número 55, do 24 de marzo de 2026, a través da Resolución do 12 de marzo de 2026, da Consellería de Política Social e Igualdade, publícase a convocatoria do procedemento de asignación de concerto social para a execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213E).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta emítese polo órgano competente con data 19 de xuño de 2026 a resolución que finaliza o dito procedemento, a Consellería de Política Social e Igualdade de conformidade co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

A epígrafe 7 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 12 de marzo de 2026, establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución do 19 de xuño de 2026 ditada no procedemento BS213E de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, que se xuntará á presente Resolución no Anexo.

Segundo. Comunicar que a resolución do 19 de xuño de 2026 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 19 de xuño de 2026 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213E)

A través da Resolución do 12 de marzo de 2026 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213E), para selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do citado programa.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do programa de promoción e apoio ao acollemento familiar especializado con dedicación exclusiva de nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección, á seguinte entidade, en aplicación dos criterios de selección e preferencia da cláusula O) do anexo I da Resolución do 12 de marzo de 2026, publicada o 24 de marzo de 2026 no Diario Oficial de Galicia núm. 55.

Consonte aos criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a entidade presentada ao concerto:

Descrición

Puntuación

A. Calidade do Proxecto técnico

32,75

B. Instalacións nas que se levará a cabo o servizo

5,5

C. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade

0

D. Experiencia do persoal técnico asignado ao proxecto

3,5

E. Formación do persoal asignado ao proxecto

15

F. Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia

10

Total

66,75

Segundo. Adxudicar o concerto social do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala á entidade seguinte:

Entidade: Aldeas Infantiles SOS de Galicia de Vigo.

NIF: G36639896.

Código do Procedemento: BS213E.

Modalidade de concertación: Procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 24.3.2026.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o prevista para o 1.7.2026 ata o 30.6.2029.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Resumo de gastos

Resumo de gastos 2026 (184 días)-2029 (181 días)

Tipo de custo

Ano 2026
184 días

Ano 2027

Ano 2028

Ano 2029
181 días

Total gastos
2026 (184 días) -2029 (181 días)

A) Custos tramo fixo

104.400,17 €

221.754,75 €

231.674,14 €

119.205,34 €

677.034,40 €

a.1) Custo de persoal

87.628,11 €

188.484,08 €

198.312,32 €

102.706,73 €

577.131,24 €

a.2) Custos de funcionamento

16.772,06 €

33.270,67 €

33.361,82 €

16.498,61 €

99.903,16 €

B) Custos tramo variable

321.160,15 €

699.112,11 €

738.803,03 €

386.178,40 €

2.145.253,69 €

b.1) Custos da dedicación exclusiva da familia acolledora

321.160,15 €

699.112,11 €

738.803,03 €

386.178,40 €

2.145.253,69 €

Totais

425.560,32 €

920.866,86 €

970.477,17 €

505.383,74 €

2.822.288,09 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Igualdade.