DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37166

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publica a Resolución do 8 de xuño de 2026 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A).

No Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro de 2026, publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 30 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A).

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 13.

Así mesmo, o artigo 16 da orde da convocatoria, establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 8 de xuño a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 8 de xuño de 2026, de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 30 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 8 de xuño de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Resolución do 8 de xuño de 2026 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 30 decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A)

Antecedentes de feito:

1. O día 22 de xaneiro de 2026 publicouse no DOG núm 14, a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A).

2. A finalidade da dita orde é subvencionar os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e ao transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia, ata un máximo de dúas actividades por solicitante, realizadas no sector do libro, de entre as seguintes: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e eventos de similar natureza, agás as estadías creativas e literarias.

3. O órgano instrutor constata que o crédito dispoñible é insuficiente para atender a todas as solicitudes presentadas e comproba que a última solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no artigo 7 das bases reguladoras, foi a que tivo entrada o día 21 de febreiro de 2026 ás 20.19 horas, do que foi beneficiario correspondente Augusto Martínez Zamudio.

4. O día 26 de marzo de 2026 deuse publicidade no DOG núm. 57 do momento en que se produciu o esgotamento do crédito orzamentario, con indicación da data de entrada da última solicitude presentada que puido ser atendida. Con posterioridade a esta e ata a finalización do prazo, presentáronse un total de trinta e tres solicitudes.

5. Como consecuencia da presentación de desistencias posteriores ao anterior, de denegacións por non cumprimento de requisitos detectados en revisión e de solicitudes de cambios de actividade que non poden ser atendidas, repártese o crédito resultante das anteriores circunstancias, en atención ao criterio de orde cronolóxica de entrada da súa solicitude, entre os solicitantes que fosen excluídos por esgotamento do orzamento (un total de 3.500,00 €).

6. Finalmente, procedeuse á repartición económica do orzamento total, tendo en conta que todo o proceso se desenvolveu de acordo coa seguinte fundamentación xurídica.

Fundamentos xurídicos:

1. De acordo co disposto no artigo 5.3 da orde de convocatoria, o procedemento para a concesión das subvencións tramitouse en réxime de concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Pola súa parte, o artigo 13.1 da dita orde atribúe á Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro a instrución do procedemento de concesión das subvencións.

2. O artigo 2 recolle os requisitos para poder ser beneficiarios das subvencións, referidos a que as persoas físicas -sexan autónomas ou non- ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras, deberán acreditar esta condición, ademais do desenvolvemento do seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e tamén as seguintes circunstancias:

– Acreditar que as actividades solicitadas están directamente relacionadas coa súa traxectoria profesional, e a previsión de como as ditas actividades van repercutir nela.

– Terse inscrito, asistido ou participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro fóra de Galicia, no prazo establecido na convocatoria.

– Ter publicado dúas obras (tres no caso das persoas xurídicas), como persoa escritora, ilustradora, tradutora ou editora nos tres anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta orde e computados desde a data de entrada da solicitude de inscrición no rexistro do depósito legal.

3. O orzamento das axudas, segundo o disposto no artigo 4 da dita orde, concédese con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.01 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, por un importe de 30.000,00 €.

Ademais, o dito artigo establece no punto 3 como gastos obxecto de subvención o aloxamento e o transporte, cun importe de subvención variable segundo o ámbito xeográfico de destino:

– España, agás a Comunidade Autónoma galega: 500 €.

– Resto de Europa ou países ribeiregos do Mediterráneo: 900 €.

– Resto do mundo: 1.600 €.

4. De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, rematada a tramitación do expediente, a proposta de concesión formularase ao órgano concedente directamente polo órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos para conceder a subvención. Feita esta comprobación, a concesión das axudas efectuarase tendo en conta a data de presentación de cada unha das solicitudes, segundo o disposto no artigo 5.3 da orde de convocatoria, e asignaráselles a cantidade correspondente ao ámbito xeográfico para o que se solicita a actividade, segundo o disposto no artigo 4.3 da dita orde. Tamén hai que ter en conta que só se pode recibir axuda para a asistencia de ata un máximo de dúas actividades por solicitante. Non obstante, as empresas editoras poderán designar un máximo de dúas persoas do seu cadro de persoal para que asistan a un evento cada unha, a unha única persoa traballadora para que asista a un máximo de dous eventos ou a dúas persoas traballadoras para que asistan ao mesmo evento.

5. Unha vez realizada a repartición do orzamento, o artigo 14 sinala que a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no prazo de 15 días desde a elevación da proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro.

6. Tendo en conta todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a proposta de resolución e conceder as axudas aos beneficiarios que se relacionan no anexo I, cos importes correspondentes a cada un.

Segundo. A efectividade desta resolución está condicionada a que os beneficiarios a acepten.

Terceiro. Non conceder as axudas aos interesados cuxas solicitudes tiveron entrada con posterioridade ao esgotamento do crédito orzamentario recollidos no anexo II, así como tampouco concedelas a aqueles solicitantes que non cumpren os requisitos establecidos nos artigos previstos na Orde do 30 de decembro de 2025, e que figuran no anexo III desta resolución, xunto coas causas que determinan a súa exclusión.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben impugnarse directamente a través de recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 30.12.2025), Anxo Manuel Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.

ANEXO I

Beneficiarios

Persoa ou entidade beneficiaria

Ámbito xeográfico (cidade española ou país) e importe por ámbito

Actividade

Importe total

Hércules de Ediciones, S.L.

Colombia- 1.600,00 €

Barcelona- 500,00 €

Feira internacional do libro de Bogotá

Feira internacional do libro LIBER

2.100,00 €

Fausto Deseño Asociados, S.L.

Francia- 900,00 €

Madrid- 500,00 €

Urban Sketchers Symposium Internacional. Toulouse

Feira do cómic de Madrid

1.400,00 €

Alvarellos Editora, S.L.

Madrid- 500,00 €

Feira do libro de Madrid

500,00 €

José Alejandro Gómez Rozados

Colombia- 1.600,00 €

México- 1.600,00 €

Feira internacional do libro de Bogotá

Feira internacional do Libro Guadalajara

3.200,00 €

Oscar Villán Seoane

EE.UU- 1.600,00 €

Hudson Children’s Book Festival

1.600,00 €

Edicións Embora, S.L.

Italia- 900,00 €

Alemaña- 900,00 €

Feira do Libro Infantil de Bolonia

Feira do libro de Frankfurt

1.800,00 €

Triqueta Verde, S.L.

México- 1.600,00 €

Alemaña- 900,00 €

Feira internacional do Libro Guadalajara

Feira do libro de Frankfurt

2.500,00 €

Edicións Laiovento, S.L.

Barcelona- 500,00 €

Italia- 900,00 €

Feira internacional do libro LIBER

Feira do libro de Bolonia

1.400,00 €

Kalandraka Editora, S.L.

Alemaña- 900,00 €

México- 1.600,00 €

Feira do libro de Frankfurt

Feira internacional do Libro Guadalajara

2.500,00 €

Carlos Ignacio Labraña Barrero

Madrid- 500,00 €

Salón do Libro de Madrid

500,00 €

Ediciones del Viento

La Orotava (Tenerife)- 500,00 €

Barcelona- 500,00 €

4º Festival de Literatura e Divulgación Histórica de La Orotava

Velada Literaria de La Vanguardia e Feira de Sant Jordi

1.000,00 €

Laura Romero Pereira

Barcelona- 500,00 €

Vitoria-Gasteiz- 500,00 €

Feira internacional do libro LIBER

Irudika. Encontro Internacional Profesional de Ilustración

1.000,00 €

Nuria Díaz Berride

Italia- 900,00 €

Vitoria-Gasteiz- 500,00 €

Feira infantil e xuvenil de Bolonia

Irudika. Encontro Internacional Profesional de Ilustración

1.400,00 €

María Jesús Rojo Otero

Vitoria-Gasteiz- 500,00 €

Irudika - Encontro Profesional Internacional de Ilustración

500,00 €

Creotz Ediciones, S.L.

Barcelona- 500,00 €

México- 1.600,00 €

Feira internacional do libro LIBER

Feira internacional do Libro Guadalajara

2.100,00 €

Augusto Martínez Zamudio

México- 1.600,00 €

Vitoria-Gasteiz- 500,00 €

Feira internacional do Libro Guadalajara

Irudika. Encontro Internacional Profesional de Ilustración

2.100,00 €

Genaro da Silva Méndez

Kenia- 1.600,00 €

Kistrech International Poetry Festival in Kenya

1.600,00 €

Eva María Agra García

Barcelona- 500,00 €

Vitoria-Gasteiz- 500,00 €

44 Feira do Cómic Barcelona

Encontro profesional de ilustración Irudika

1.000,00 €

Alejandro Mene Pazos

Italia- 900,00 €

Feira do Libro Infantil de Bolonia

900,00 €

Manuel Pena Villar

Portugal - 900,00 €

Festival de banda deseñada de Amadora

900,00 €

ANEXO II

Axudas non concedidas por esgotamento do crédito

Persoa solicitante

Ámbito xeográfico (cidade española ou país)

Manuel Pena Villar

Francia

Martín Romero Outeiral

Francia

Francia

Carlos González Meijide

Brasil

María Uxía González Pin

Francia

Francia

Anxo Xabier Fariña Temprano

Italia

Xapón

Siqi Luis Yang

Barcelona

Xapón

Santiago Gutiérrez Gómez

Portugal

Francia

Emma del Pilar Pedreira Lombardía

Villaviciosa

Getafe

Sarai Lorenzo Broullón

Suíza

A Coruña (fóra do obxecto da orde)

Luis Sendón Cedrón

Portugal

Francia

Julio Fernández Peláez

Madrid

Madrid

ANEXO III

Solicitudes non concedidas por non cumprir os requisitos

Persoa ou entidade solicitante

Ámbito xeográfico

Motivo de exclusión

Normativa

Alvarellos Editora, S.L.

México

Desistencia

Tense por desistida de acordo co disposto no artigo 12 da Orde do 30 de decembro de 2025, publicada no DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2026.

Eugenio Fontenla Suárez

Vigo

Santiago

Denegación

Incumpre o disposto no artigo 3.1 da Orde do 30 de decembro de 2025, publicada no DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2026.

Lucía Aldao Sánchez

México

Madrid

Desistencia

Desiste de acordo co disposto no artigo 94 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Patricia Torrado Queiruga

Madrid

Denegación

Incumpre o disposto no artigo 2.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2025, publicada no DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2026.

Carlos Ignacio Labraña Barrero

Madrid

Denegación

Incumpre o disposto no artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 2025, publicada no DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2026.

Carmen Marina Vidal Valiña

Francia

Italia

Desistencia

Desiste de acordo co disposto no artigo 94 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

María Reyes Pérez Rubio

Gijón

Madrid

Desistencia

Tense por desistida de acordo co disposto no artigo 12 da Orde do 30 de decembro de 2025, publicada no DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2026, e por non achegar documentos incumpre o disposto no artigo 2.1.c) da mesma orde.

Bunker Books, S.L.

Murcia

México

Desistencia

Tense por desistida de acordo co disposto no artigo 12 da Orde do 30 de decembro de 2025, publicada no DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2026, e por non achegar documentos incumpre o disposto no artigo 2.1.c) da mesma orde.

Alejandro Mene Pazos

Xapón

Denegación

Incumpre o disposto no artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 2025, publicada no DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2026.

Fernando Hernández González

Madrid

Madrid

Desistencia

Desiste de acordo co disposto no artigo 94 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

María Esther Diz García

Alemaña

Irlanda

Desistencia

Desiste de acordo co disposto no artigo 94 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.