Advertidos erros materiais na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 24, do 5 de febreiro de 2026, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 10799, no artigo 14.3 onde di: «As persoas traballadoras que fosen contratadas no programa Aprol Rural (TR351G), por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2025 pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no ámbito de colaboración coas entidades locais, non poderán ser contratadas con cargo ás axudas previstas nesta orde, agás que o fosen en concellos rurais de menos de 10.000 habitantes (padrón municipal de habitantes 2025. IGE)».
Debe dicir: «As persoas traballadoras que fosen contratadas no programa Aprol Rural (TR351G), por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2025 pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no ámbito de colaboración coas entidades locais, non poderán ser contratadas con cargo ás axudas previstas nesta orde, agás que o fosen en entidades locais rurais de menos de 10.000 habitantes (padrón municipal de habitantes 2025. IGE)».
