DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37305

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2024/U040/000004).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 20 de abril de 2026, aprobou inicialmente o anexo de expropiacións para a imposición dunha servidume de acueduto subterránea para os colectores de saneamento e pluviais na intersección da rúa Carpinteiros coa rúa Oriente, así como a ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución da obra hidráulica prevista na actuación 7 do proxecto Melloras da rede de saneamento 2020 (OBR. 14/2022), aprobado polo Acordo da Xunta de Goberno Local do 26 de setembro de 2022, segundo o documento presentado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. o 24 de novembro de 2025, co número de rexistro de entrada 02599900007701.

Polo que se someten a información pública o proxecto da obra e o anexo de expropiacións, por un prazo de vinte (20) días, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes.

Así mesmo, requíreselles aos titulares dos bens e dereitos afectados que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios destes.

O documento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web deste concello na seguinte ligazón:

https://carballo.gal/urbanismo-e-axenda-urbana/documentos-en-tramitacion/

Carballo, 2 de xuño de 2026

José Daniel Pérez López
Alcalde