DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37304

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Caniza

ANUNCIO de notificación de incoación de expediente de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida practicar, farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do Concello, e conterá os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Procédese, en cumprimento do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á publicación deste anuncio para os efectos de notificar a resolución de incoación de expediente de xestión da biomasa (obriga de retirar especies arbustivas prohibidas) na Suigrexa, parroquia de Petán, A Caniza, referencia catastral 36009A00700439.

Publícase unicamente unha breve indicación do contido da notificación, cuxo texto íntegro se atopa nas dependencias municipais, onde a persoa interesada ou o seu representante, debidamente acreditado, poderá comparecer no prazo de dez (10) días contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado e formular as alegacións que teña por oportunas.

A Caniza, 29 de maio de 2026

Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde