De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida efectuar, a notificación da comunicación prevista no número anterior, farase por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do concello, e conterá os datos catastrais da parcela.
En cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal en Carracedo, Valeixe (A Caniza), na parcela con referencia catastral 36009A13300201.
A partir desta última publicación comezarase a computar o prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obriga de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello da Caniza.
A Caniza, 29 de maio de 2026
Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde
