DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 30 de xuño de 2026 Páx. 37302

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Caniza

ANUNCIO de notificación de incoación de expedientes de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto na Ordenanza reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello da Caniza, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do Concello, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.

Procédese, en cumprimento do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015 (LPACAP), á publicación deste anuncio para efectos de notificar a resolución de incoación de expediente e comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen:

Núm. expediente

Ref. catastral

Lugar

Titular

1607/2025

36009A05100277

As Guindeiras-As Achas (A Caniza)

Descoñecido

1607/2025

36009A05100278

As Guindeiras-As Achas (A Caniza)

Descoñecido

1607/2025

36009A05100279

As Guindeiras-As Achas (A Caniza)

Descoñecido

1607/2025

36009A06200304

As Guindeiras-As Achas (A Caniza)

Descoñecido

2054/2025

36009A10300573

Borraxeiros-Valeixe (A Caniza)

Descoñecido

1819/2025

36009A07600372

O Torgo-O Couto (A Caniza)

Descoñecido

187/2026

36009A10700164

As Poldras-Parada das Achas (A Caniza)

Descoñecido

187/2026

36009A10700431

As Poldras-Parada das Achas (A Caniza)

Descoñecido

Publícase unicamente unha breve indicación do contido da notificación e o texto íntegro está nas dependencias municipais, onde o/a interesado/a ou o/a seu/súa representante, debidamente acreditado/a, poderá comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, e formular as alegacións que xulgue oportunas.

A Caniza, 29 de maio de 2026

Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde