De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se puido determinar o enderezo nin o DNI de Antonio Dozo Sotelo, quen resulta ser o titular e persoa responsable da xestión da biomasa, ao ignorar o lugar de notificación, comunícaselle á dita persoa responsable a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas na parcela que se describe:
|
Data da inspección |
Ref. catastral |
Localización |
Responsable |
|
8.5.2026 |
36028A229000070001MK |
Fofán (A Armenteira) Meis. Polígono 229/parcela 7 |
Antonio Dozo Sotelo |
1º. Mediante esta publicación concédeselle ao titular da dita parcela catastral, Antonio Dozo Sotelo, un prazo de quince (15) días para que xestione a biomasa da súa parcela retirando as especies prohibidas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007.
2º. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxo importe será de novecentos euros (900,00 €) por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior e mentres persista o incumprimento; ou ben poderase proceder á execución subsidiaria, por medio da realización por parte da Administración competente das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, no seu caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas na norma. En calquera caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas. Quen realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento do titular, agás nos supostos excepcionais previstos pola lexislación vixente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración pódese verificar en calquera momento, unha vez transcorrido o prazo conferido, dentro dos catro anos posteriores, atendendo ás posibilidades materiais e orzamentarias da actuación, sempre que o incumprimento se manteña. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez concluídos os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu ingreso.
Neste suposto, a liquidación provisional dos traballos necesarios para a xestión da biomasa na parcela referida establécese na cantidade estimada reflectida na táboa que segue:
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
ha afectadas pola execución subsidiaria |
Prezo estimado por ha |
Liquidación provisional |
|
612/2026 |
36028A229000070001MK |
0,16217 |
3.545,82 € |
575,025 € |
4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar á apertura do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar as medidas de carácter provisional que correspondan, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e o comiso das indicadas especies.
A Administración competente para sancionar:
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia de incendios forestais por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
No caso das infraccións recollidas no artigo 50.2, números 1), 2) e 3), serán competentes para incoar o procedemento sancionador os servizos de inspección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística correspondentes por razón do territorio, de acordo coa súa estrutura orgánica.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados de conformidade co disposto no número 1 en materia de incendios forestais:
a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b) O órgano competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
d) No caso das infraccións recollidas no artigo 50.2, números 1), 2) e 3), será competente a persoa titular da Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
A cualificación da infracción establécese como leve ao abeiro do artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
A contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer polas infraccións leves será de mil euros (1.000,00 €), segundo o artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. De se considerar a infracción como grave, a sanción que se vai impoñer será de 100.000,00 € como máximo (artigo 74.b) da Lei 43/2003).
Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas prohibidas segundo o artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Contra este acordo, que resulta ser un acto de trámite que non decide sobre o fondo do asunto nin pon fin ao procedemento, non cabe a interposición de recurso ningún, sen prexuízo das alegacións que deberán ser formuladas nos prazos indicados, segundo establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro.
O que lle notifico mediante publicación en cumprimento do disposto nos artigos 40 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Este acto administrativo realízase de conformidade co artigo 22.3, da Lei 3/2007, do 9 de abril.
Meis, 8 de xuño de 2026
Marta Giráldez Barral
Alcaldesa
