DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37347

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 19 de xuño de 2026 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Miraflores, do Pereiro de Aguiar.

A representación da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Miraflores, do Pereiro de Aguiar, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Guía no medio natural e de tempo libre e os ciclos formativos de grao superior (CS) Ensinanzas e animación sociodeportiva e CS Acondicionamento físico.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro e autorizar o CM Guía no medio natural e de tempo libre, o CS Ensinanzas e animación sociodeportiva e o CS Acondicionamento físico. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: CPR plurilingüe.

Denominación específica: Miraflores.

Código do centro: 32020720.

Enderezo: urbanización Monterrey, rúa 1.

Código postal: 32710.

Localidade: O Pereiro de Aguiar.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Provincia: Ourense.

Titular: Trinidad Carrera A.C.

Composición resultante:

• Educación infantil: 6 unidades.

• Educación primaria: 6 unidades.

• Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

• Bacharelato: 2 unidades da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía, 2 unidades da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais e 2 unidades da modalidade de Arte (Vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño).

• Educación especial: 1 unidade.

• 2 CM Guía no medio natural e de tempo libre (4 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Ensinanzas e animación sociodeportiva (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Acondicionamento físico (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de profesorado que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional