DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 3 de xullo de 2026 Páx. 37693

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, convocado mediante Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar o 10 e o 16 de xuño de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas da realización do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da resolución de convocatoria.

Segundo. Facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e pola de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño), por orde das puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026

Víctor Manuel Patiño Grela
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Ano: 2025.

Corpo/categoría: corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña (209G).

Promoción interna.

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***7043**

Pérez Rey, José Luis

Promoción interna

65,71

2

***0899**

Fernández Rivas, Susana

Promoción interna

63,26

3

***6107**

Fernández Míguez, Ricardo

Promoción interna

61,66

4

***9300**

Rivas Miranda, María Josefina

Promoción interna

53,67

Acceso libre.

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***4668**

Piñeiro Ferreiro, Bruno

Libre

80,39

2

***4869**

González Mareque, Pablo

Libre

70,01

3

***4235**

Darriba Portela, Noelia

Libre

65,56

4

***3370**

Rodríguez Otero, Marcos Ramón

Libre

65,14

5

***2097**

Zamar Leiro, Begoña

Libre

63,6

6

***6215**

Novoa Domínguez, Francisco Javier

Libre

63,05

7

***8305**

Bellas López, Paula

Libre

61,98

8

***7059**

González Pérez, Xabier

Libre

59,72

9

***2632**

López Boutureira, Alberto

Libre

59,36

10

***0021**

Someso Fernández, Nadine

Libre

59,1

11

***5899**

Fernández Rodríguez, Ana Belén

Libre

58,53