Na sesión que tivo lugar o 22 de xuño de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Publicar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
María Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: subgrupo A1 (promoción interna).
Corpo/escala: corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de montes (2066).
|
Núm. de orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Exercicio 1 |
Exercicio 2 |
Exercicio 3 |
Fase de concurso |
Puntuación |
|
1 |
***9491** |
Prado Alvaredo, Eva María |
18,920 |
23,880 |
Apto |
39,000 |
81,800 |
|
2 |
***1842** |
Bruña García, Xabier |
23,570 |
23,570 |
Apto |
34,200 |
81,340 |
|
3 |
***8310** |
Otero Pombo, Isabel |
18,480 |
18,540 |
Apto |
39,000 |
76,020 |
|
4 |
***8745** |
Bernad Colas, María Isabel |
19,860 |
22,290 |
Apto |
32,420 |
74,570 |
|
5 |
***1547** |
Vázquez Rey, Jorge |
20,000 |
20,210 |
Apto |
32,150 |
72,360 |
|
6 |
***9403** |
Díaz Doval, Jesús |
17,230 |
15,780 |
Apto |
39,000 |
72,010 |
|
7 |
***3425** |
Fernández Cabanas, José María |
16,470 |
17,010 |
Apto |
33,000 |
66,480 |
|
8 |
***4177** |
Toirán López, Francisco |
17,540 |
20,820 |
Apto |
24,950 |
63,310 |
