Na sesión que tivo lugar o 22 de xuño de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñería técnica forestal, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, como anexo I desta resolución, por orde das puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base IV.2, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
María Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: subgrupo A2 (promoción interna).
Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade enxeñaría técnica forestal (2052).
|
Núm. de orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Exercicio 1 |
Exercicio 2 |
Exercicio 3 |
Fase de concurso |
Puntuación |
|
1 |
***1599** |
Ramos Gende, Mónica |
17,710 |
21,230 |
Apto |
36,200 |
75,140 |
|
2 |
***2012** |
Ares Gómez, José Ángel |
20,590 |
16,200 |
Apto |
32,900 |
69,690 |
|
3 |
***4288** |
Martino Pérez, Juan Fidel |
19,380 |
23,030 |
Apto |
18,350 |
60,760 |
