Por Resolución do 1 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 130, do 9 de xullo), convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.
Posteriormente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou diversas sentenzas e autos que afectan a postos ofertados na convocatoria do concurso.
Polo exposto, á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base IX da convocatoria, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),
RESOLVE:
Primeiro. Excluír os postos recollidos no anexo desta resolución da relación de postos vacantes ofertados no anexo I da Resolución do 1 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 130, do 9 de xullo), en execución das sentenzas e autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que afectan aos postos deste concurso ordinario.
Segundo. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, na parte de concurso de traslados (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta).
Terceiro. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente ata o 17 de xullo de 2026. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, e deberá cubrirse e presentarse electronicamente, consonte o establecido na base IV da convocatoria («Tramitación electrónica»), a través da ligazón https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions/
A reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base III sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e da causa concreta obxecto de reclamación.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Postos que se exclúen da oferta
|
Posto |
Código do posto |
Nivel |
Subgrupo |
Corpo/Escala |
Adm. púb/Áreas func. |
Denominación do posto |
Consellería |
Centro directivo |
Centro de destino |
Concello |
|
8 |
SA.C03.00.003.15770.017 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Técnico/a asesor/a veterinario/a. Seguridade alimentaria |
SA |
Dirección Xeral de Saúde Pública |
Subdirección Xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria |
15770 |
|
66 |
SA.C99.20.005.27001.038 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a. Saúde pública da comarca de Lugo |
SA |
Servizos periféricos |
Servizo Veterinario de Saúde Pública (zona: Lugo) |
27001 |
|
81 |
SA.C99.20.005.32001.012 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a. Saúde pública da comarca de Ourense |
SA |
Servizos periféricos |
Servizo Veterinario de Saúde Pública (zona: Ourense) |
32001 |
|
95 |
SA.C99.20.005.32090.011 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a. Saúde pública da comarca do Barco de Valdeorras |
SA |
Servizos periféricos |
Servizo Veterinario de Saúde Pública (zona: O Barco de Valdeorras) |
32090 |
|
113 |
SA.C99.20.005.36001.050 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a. Saúde pública da comarca de Sanxenxo |
SA |
Servizos periféricos |
Servizo Veterinario de Saúde Pública (zona: Pontevedra) |
36001 |
|
117 |
SA.C99.20.005.36001.061 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a. Saúde pública da comarca de Cangas de Morrazo |
SA |
Servizos periféricos |
Servizo Veterinario de Saúde Pública (zona: Pontevedra) |
36001 |
|
172 |
MR.C05.00.103.36001.003 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a de laboratorio |
MR |
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias |
Laboratorio de Sanidade Animal (Salcedo-Pontevedra) |
36001 |
|
204 |
MR.C99.10.501.36001.013 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a |
MR |
Servizos periféricos |
Servizo de Gandaría (Pontevedra) |
36001 |
|
207 |
MR.C99.10.501.36001.018 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a |
MR |
Servizos periféricos |
Servizo de Gandaría (Pontevedra) |
36001 |
|
218 |
MR.C99.20.012.15450.004 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a |
MR |
Servizos periféricos |
Oficina de Melide |
15450 |
|
252 |
MR.C99.20.050.27001.004 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a de apoio |
MR |
Servizos periféricos |
Área de Lugo |
27001 |
|
253 |
MR.C99.20.050.27001.005 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a de apoio |
MR |
Servizos periféricos |
Área de Lugo |
27001 |
|
311 |
MR.C99.20.123.32010.004 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a |
MR |
Servizos periféricos |
Oficina de Allariz |
32010 |
|
330 |
MR.C99.20.141.36090.010 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a |
MR |
Servizos periféricos |
Oficina da Caniza |
36090 |
|
334 |
MR.C99.20.152.36001.005 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Inspector/a veterinario/a |
MR |
Servizos periféricos |
Oficina de Pontevedra |
36001 |
|
353 |
PE.C99.10.000.36560.201 |
24 |
A1 |
Especial (esc. de veterinarios) |
AXG |
Veterinario/a de inspección pesqueira |
PE |
Servizos periféricos |
Xefatura Territorial de Vigo |
36560 |
