Advertidos erros nesta resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 119, do 29 de xuño de 2026, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na base décimo terceira, número 4.1º, páxina 37008, onde di:
«1º. Nota media ponderada do expediente académico. A nota media do expediente académico multiplicarase por 6,00. Puntuación máxima: 60,00 puntos; para o cálculo desta puntuación, aplicarase a seguinte fórmula:
[(Nota media do grao ou licenciatura + Nota media do mestrado)/2] × 5,00
Forma de acreditación: certificación académica na cal conste a nota media do expediente e certificación académica da nota media do mestrado».
Debe dicir:
«1º. Nota media ponderada do expediente académico. A nota media do expediente académico multiplicarase por 6,00. Puntuación máxima: 60,00 puntos; para o cálculo desta puntuación, aplicarase a seguinte fórmula:
[(Nota media do grao ou licenciatura + Nota media do mestrado)/2] × 6,00