DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 7 de xullo de 2026 Páx. 38269

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Forcarei para desenvolver as facultades de xestión tributaria e recadación en vía voluntaria de diversos ingresos de dereito público municipais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xuño de 2026, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Forcarei polo Acordo do Pleno na sesión do 23 de abril de 2026, para desenvolver as facultades de xestión tributaria e recadación en vía voluntaria dos ingresos de dereito público municipais, relacionados a seguir:

– Imposto sobre bens inmobles (IBI).

– Imposto sobre actividades económicas (IAE).

– Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).

– Taxa por servizos de recollida de residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación destes, monda de pozos negros e limpeza en rúas particulares do concello de Forcarei.

– Taxa por servizos de distribución de auga, gas, electricidade e outros abastecementos públicos incluídos os dereitos de enganche de liñas e colocación e utilización de contadores e instalacións análogas, cando os ditos servizos ou subministracións sexan prestados por entidades locais.

– Taxa pola prestación do servizo de sumidoiro.

– Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

– Taxa por ocupacións do voo de toda clase de vías públicas municipais con elementos construtivos pechados, terrazas, miradores, balcóns, marquesiñas, toldos, paraventos e outras instalacións semellantes saíntes sobre a vía pública ou que sobrasaian da liña da fachada.

– Taxa por servizos de cemiterios locais, condución de cadáveres e outros servizos fúnebres de carácter local.

– Taxa pola licenza de auto-taxi e demais vehículos de alugueiro.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 26 de xuño de 2026

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2025008021, do 3.10.2025)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación e Emerxencias