De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que a persoa ou persoas titulares do ben que se expresa a continuación son descoñecidas e resulta imposible efectuarlle/s a correspondente notificación, comunícase á persoa ou persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas na parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril:
|
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/Polígono/Parcela |
Persoa/s responsable/s |
|
15.6.2026 |
36041A01008006 |
Rodal. Poio/polígono 10-parcela 8006 |
MVMC. R.D.A. |
1º. En virtude do que antecede, comunícase que na acta de inspección indicada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, a persoa ou persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, plazo que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello efectuará liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, e isto sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, se for o caso. No dito suposto de execución subsidiaria, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea para os traballos de pinchamento, tronza, empillamento e saca mecanizada do arborado.
|
Núm. de expediente |
Ref. catastral |
Hectáreas afectadas pola execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
141/2023 (xMA 23/008) |
36041A01008006 |
1,045 |
3.745,31 |
4º. Na circunstancia de que se persista no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 15 de xuño de 2026
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
