O artigo 104.1 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, determina que «Toda a estrutura asistencial do sistema sanitario debe estar en disposición de ser utilizada para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais» e o seu artigo 105.1 dispón «No marco da planificación asistencial e docente das administracións públicas, o réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias poderá establecer a vinculación de determinadas prazas asistenciais e de saúde pública da institución sanitaria con calquera das modalidades de profesorado universitario».
A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, establece na súa disposición derradeira novena, relativa ás «Bases reguladoras do réxime de concertos entre as universidades e institucións sanitarias», que lle corresponde ao Goberno, por proposta das persoas titulares dos ministerios de Universidades e de Sanidade, logo de informe do Consello de Universidades, establecer as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades do Sistema universitario español e as institucións sanitarias e establecementos sanitarios, nas cales se deba impartir educación universitaria, para efectos de garantir a docencia práctica das titulacións en Ciencias da Saúde que así o requiran.
Nas ditas bases xerais preverase a participación das comunidades autónomas nos concertos que se subscriban entre universidades e institucións sanitarias.
O Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, estableceu as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias, determinando o marco normativo da colaboración entre ambas as dúas institucións mediante a subscrición dos oportunos concertos que garantirían os obxectivos docentes, asistenciais e de investigación que teña como finalidade a citada colaboración.
A base segunda do artigo 4 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, regulou o procedemento de elaboración dos ditos concertos, para o cal lle encomendaba a unha comisión formada por representantes da universidade, organismos responsables da educación superior e de sanidade da Comunidade Autónoma e entidade xestora da cal dependan as entidades que van concertar a elaboración dun proxecto de concerto que, unha vez acordado entre a citada entidade xestora e a universidade, logo de informe do Consello Social, sería elevado aos órganos competentes da Comunidade Autónoma para a súa aprobación e publicación.
Ao abeiro da citada base, constituíuse unha comisión integrada polas persoas representantes das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Sanidade, que elaborou un proxecto de concerto sobre o cal recaeu acordo entre as citadas universidades e o Servizo Galego de Saúde e que, elevado aos consellos sociais, recibiu o informe favorable destes.
Así, con data do 30 de xuño de 2026, a reitora magnífica da Universidade de Santiago de Compostela, o reitor magnífico da Universidade da Coruña, a reitora magnífica da Universidade de Vigo e o presidente do Servizo Galego de Saúde subscribiron o Concerto entre as universidades públicas que conforman o Sistema universitario de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) e o Servizo Galego de Saúde, para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitaria.
En consecuencia, en virtude das facultades que me son conferidas, e consonte o disposto no artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
ACORDO:
Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Concerto entre as universidades públicas que conforman o Sistema universitario de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) e o Servizo Galego de Saúde, para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitaria, que se inclúe como anexo.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2026
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
Anexo
Concerto entre as universidades públicas que conforman o Sistema universitario de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) e o Servizo Galego de Saúde, para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitaria
REUNIDOS
Dunha parte, Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, nomeado polo Decreto 44/2024, do 14 de abril, polo que se nomean os titulares das consellerías da Xunta de Galicia, e no exercicio das competencias atribuídas a teor do disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e nos decretos 144/2024 e 145/2024, do 20 de maio, polos que se establecen, respectivamente, as estruturas orgánicas da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
Doutra parte, Rosa María Crujeiras Casais, reitora magnífica da Universidade de Santiago de Compostela (en diante, USC), que actúa en nome e representación desta entidade, con CIF Q1518001A e sede social no Pazo de San Xerome, na praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela, nomeada mediante o Decreto 26/2026, do 6 de abril, en representación desta e en virtude das facultades conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e do Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.
Doutra parte, Ricardo Cao Abad, reitor magnífico da Universidade da Coruña (en diante, UDC), que actúa en nome e representación desta entidade, con CIF Q6550005J e sede social na rúa Maestranza, número 9, 15001 A Coruña, nomeado mediante o Decreto 1/2024, do 11 de xaneiro, en representación desta e en virtude das facultades conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e do Decreto 94/2025, do 6 de outubro, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña.
E doutra, Carmen García Mateo, reitora magnífica da Universidade de Vigo (en diante, UVigo), que actúa en nome e representación desta entidade, con CIF Q8650002B e sede social no Campus de Marcosende, s/n, 36310 Vigo, nomeada mediante o Decreto 66/2026, do 22 de xuño, en representación desta e en virtude das facultades conferidas pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e do Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo.
Interveñen en función dos seus respectivos cargos e no exercicio das facultades que a cada un lle están conferidas, recoñecéndose mutuamente a capacidade legal suficiente para o outorgamento deste concerto, e para tal efecto
MANIFESTAN:
I. Que as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo e as institucións Sanitarias de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia veñen colaborando na formación de estudantes no campo das Ciencias da Saúde.
Os resultados desta colaboración aconsellan o desenvolvemento dun marco normativo axeitado para a súa realización, para que, tendo en conta as necesidades asistenciais da poboación, os recursos do sistema sanitario poidan utilizarse plenamente para o desenvolvemento de programas docentes e investigadores da universidade no ámbito das ciencias da saúde, favorecendo a incorporación á docencia universitaria dos/das profesionais do Servizo Galego de Saúde e, reciprocamente, a incorporación a este do profesorado dos corpos docentes universitarios e do profesorado contratado das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo nas áreas da saúde.
II. O artigo 104 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, determina que «toda a estrutura asistencial do sistema sanitario debe estar en disposición de ser utilizada para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais», para o cal as universidades deberán contar con, como mínimo, un hospital e tres centros de atención primaria universitarios ou con función universitaria para o exercicio da docencia e a investigación.
Ademais, o artigo 105 da mesma Lei 14/1986, do 25 de abril (modificado pola disposición derradeira segunda da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario) determina que «no marco da planificación asistencial e docente das administracións públicas, o réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias poderá establecer a vinculación de determinadas prazas asistenciais e de saúde pública da institución sanitaria con calquera das modalidades de profesorado universitario».
Por outra banda, a Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, nos seus artigos 11 e 14, establece que toda a estrutura asistencial do sistema sanitario estará en disposición de ser utilizada para a investigación sanitaria e para a docencia das ensinanzas sanitarias que así o requiran, para o cal se poderán formalizar concertos sanitarios, de acordo co réxime xurídico que se estableza.
III. A antes citada Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, estableceu na súa disposición derradeira novena (sobre bases reguladoras do réxime de concertos entre as universidades e institucións sanitarias) que lle corresponde ao Goberno, por proposta das persoas titulares dos ministerios de Universidades e de Sanidade, logo de informe do Consello de Universidades, establecer as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades do Sistema universitario español e as institucións sanitarias e establecementos sanitarios, nas cales se deba impartir educación universitaria, para efectos de garantir a docencia práctica das titulacións en Ciencias da Saúde que así o requiran.
Nas ditas bases xerais preverase a participación das comunidades autónomas nos concertos que se subscriban entre universidades e institucións sanitarias.
IV. Estas bases xerais establecéronse no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se establecen as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias, e que recolle a existencia obrigatoria destes instrumentos:
«Artigo 1
Un. As universidades, para o cumprimento no ámbito sanitario das funcións que o artigo 1.2 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, lles encomenda, deberán dispoñer de hospitais e doutras institucións sanitarias para o desenvolvemento dos seus programas investigadores e docentes de primeiro, segundo e terceiro ciclo. Para tales efectos, as universidades e as administracións públicas responsables das institucións sanitarias de titularidade pública deberán establecer os correspondentes concertos para a utilización destas últimas na investigación e a docencia da Medicina, a Enfermaría, a Farmacia e as demais ensinanzas relacionados coas Ciencias da Saúde, respectando as bases xerais que se sinalan neste real decreto e, de ser o caso, o réxime de concertos que as administracións públicas competentes en educación e sanidade poidan ditar, ao abeiro do artigo 104.3 da Lei xeral de sanidade, con suxeición, así mesmo, ao establecido neste real decreto.
Dous. As universidades que estean autorizadas a impartir a licenciatura en Medicina e Cirurxía deberán dispoñer, para os efectos previstos no punto anterior, polo menos dun hospital e tres centros de atención primaria de carácter universitario, e facer coincidir estas institucións coas de maior calidade asistencial do ámbito xeográfico correspondente».
As bases completáronse coas previsións establecidas na Orde do 31 de xullo de 1987, onde se fixaron os requisitos que deben reunir as institucións sanitarias que aspiren a ser concertadas coas universidades.
V. A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, no seu artigo 125.2 determina que «o Sistema público de saúde de Galicia estará en disposición de ser aproveitado para a docencia de pregrao e de posgrao, conforme o previsto na Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e na normativa reguladora das profesións sanitarias. Estableceranse para este efecto os convenios de colaboración que correspondan».
No artigo 126.2 da mesma Lei 8/2008, do 10 de xullo, prevese que «as universidades deberán contar, como mínimo, cun hospital e tres centros de atención primaria para o exercicio docente e investigador, concertados segundo o establecido polas disposicións vixentes».
VI. Os concertos precedentes asinados entre abril e outubro de 2001 establecían unha duración inicial de cinco (5) anos, con posibilidade de prórroga, e indicaban para tal efecto que «seis meses antes de que expire a duración do concerto, as institucións intervenientes terán que decidir respecto da súa prórroga por idéntico período ou a súa renegociación ou finalización. No suposto de non chegar a un acordo, considerarase automaticamente prorrogado ata o establecemento de novo acordo».
A partir dese momento, os convenios fóronse prorrogando sucesivamente.
A disposición adicional oitava da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, determina que os convenios que non teñan determinado un prazo de vixencia ou que, existindo este, teñan establecida unha prórroga tácita por tempo indefinido no momento da entrada en vigor desta lei, terán un prazo de vixencia de catro anos, contados desde a entrada en vigor desta.
Por esta razón, tendo en conta a necesidade da permanencia da colaboración establecida (prevista con carácter obrigatorio pola normativa citada), as partes consideran necesario e prioritario manter a colaboración iniciada, co obxecto de non producir lesión ou menoscabo nos intereses cuxa satisfacción e protección teñen encomendada, tanto a Administración sanitaria coma o propio sistema universitario público, polo que cómpre establecer un novo concerto.
VII. Respecto das prazas de profesor asociado de Ciencias da Saúde (PACS), o único convenio vixente neste momento é o que asinaron a USC e o Servizo Galego de Saúde o 3 de outubro de 2023, para a promoción da participación na docencia clínica do grao de Medicina dos profesionais das diferentes áreas sanitarias e que, segundo a súa cláusula quinta, tiña un prazo ordinario de vixencia ata a finalización do curso académico 2025/26.
Este concerto establece unha nova organización das prazas PACS sen que isto supoña unha duplicidade material, dado que o convenio remataba a súa vixencia co curso académico 2025/26 e ningunha das partes propuxo a súa prórroga, mentres que este concerto proxecta os seus efectos esencialmente a partir do curso 2026/27.
Porén, e para evitar calquera tipo de duplicidade xurídica, o Servizo Galego de Saúde e a USC promoverán a resolución do convenio do 3 de outubro de 2023 con efectos desde a mesma data de sinatura deste concerto.
Respecto das prazas PACS do grao de Enxeñaría Biomédica da Universidade de Vigo, entenderanse incluídas neste concerto tal e como aparecía previsto no Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo para a utilización das institucións sanitarias na docencia do grao universitario en Enxeñaría Biomédica, asinado con data do 2 de xullo de 2025, polo que queda este sen efecto, agás no relativo ao financiamento fixado nos termos deste concerto.
VIII. Na cláusula cuarta do convenio entre a Consellería de Sanidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a descentralización da docencia do grao en Medicina, asinado o 22 de xaneiro de 2026, establécese que o Servizo Galego de Saúde e as tres universidades asinarán un concerto único, con anexos para cada unha das universidades, que determinará as institucións sanitarias que quedarán vinculadas a cada universidade para a impartición dos estudos de Ciencias da Saúde.
Polo tanto, constituída a Comisión Redactora a que se refire a base 2ª, número 3, do artigo 4 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, e logo das sesións realizadas, as partes acordan asinar este concerto de acordo coas seguintes:
CLÁUSULAS
Primeira. Obxecto e obxectivos xerais
Mediante este concerto regúlanse as relacións de colaboración entre as Universidades públicas que conforman o Sistema universitario de Galicia (USC, UDC e UVigo) e o Servizo Galego de Saúde, para garantir a utilización da estrutura asistencial do Sistema público de saúde de Galicia na docencia e investigación dos estudos curriculares de Ciencias da Saúde ou especialidades sanitarias impartidos polas universidades, tanto nos estudos de grao coma nos de posgrao ou na formación continuada das e dos profesionais, e sempre que no cadro de persoal estrutural do Servizo Galego de Saúde exista persoal cualificado para impartir a formación demandada.
Os estudos a que se refire o parágrafo anterior figuran nos anexos a este concerto e reflicten a colaboración das tres institucións na docencia clínica do Grao en Medicina da USC, de conformidade co convenio asinado o 22 de xaneiro de 2026. A inclusión ou, de ser o caso, exclusión de estudos no ámbito deste concerto non requirirá da súa modificación, sen prexuízo do correspondente acordo previo da Comisión Mixta de Seguimento prevista na cláusula décimo terceira.
Son obxectivos xerais deste concerto os seguintes:
a) Docentes:
– Promover e facilitar a máxima utilización dos recursos do Sistema público de saúde de Galicia para a docencia universitaria dos estudos relacionados nos anexos que así o exixan en atención á súa relación coas Ciencias da Saúde ou con especialidades sanitarias, tanto no ámbito de grao e posgrao coma no da docencia continuada dos/das profesionais das institucións universitarias e sanitaria no plan de formación das disciplinas, materias e actividades prácticas indicadas, favorecendo a actualización destes e o proceso de mellora continua da calidade, así como a súa cualificación a nivel docente, asistencial e/ou investigador.
– Cooperar no mantemento da cualificación dos/das profesionais da saúde e do profesorado universitario ao seu máis alto nivel, coidando a súa actualización e reciclaxe e favorecendo a calidade docente e asistencial.
– Intensificar a docencia posgraduada a través da colaboración, facilitándolles ao profesorado e ao persoal asistencial o acceso aos programas de doutoramento e impulsando a obtención da acreditación necesaria para optar ás prazas de profesorado universitario.
– Favorecer a docencia práctica mediante o desenvolvemento e a utilización conxunta de laboratorios, aulas de simulación e outras infraestruturas e dotacións aptas para o seu uso docente.
– Facilitar e promover a oferta docente das titulacións de Ciencias da Saúde nun número de alumnado axeitado e suficiente para cubrir as necesidades asistenciais do Sistema público de saúde de Galicia nos vindeiros anos, de conformidade co que estableza o Goberno de Galicia respecto das necesidades de profesionais sanitarios, en función dos recursos dispoñibles na universidade.
– Poñer os recursos do Sistema público de saúde de Galicia á disposición do alumnado das universidades para a realización dos traballos necesarios para a obtención dos graos e posgraos a que se refire este concerto, sempre que o Servizo Galego de Saúde dispoña de persoal cualificado.
b) Asistenciais:
– Cooperar para que as investigacións e ensinanzas universitarias no campo das Ciencias da Saúde e outras vinculadas a especialidades sanitarias se poidan utilizar para a mellora constante da atención sanitaria, preservando en todo momento a unidade de funcionamento asistencial das institucións sanitarias.
– Prever a coincidencia entre a maior calidade asistencial e a consideración de institucións sanitarias de carácter universitario ou asociado ás universidades, no ámbito de influencia destas últimas.
– Aproveitar os coñecementos científicos do profesorado para unha mellor asistencia hospitalaria e de atención primaria.
– Adecuar a oferta de docencia universitaria dos/das profesionais sanitarias/os, dentro do marco competencial vixente en cada momento, ás necesidades asistenciais, co fin de que estas queden cubertas actualmente e no futuro.
c) De investigación:
– Favorecer a investigación das Ciencias da Saúde mediante o desenvolvemento e a utilización conxunta de unidades de investigación ou, no caso de que se acrediten, institutos de investigación, coa finalidade de conseguir a mellor utilización dos recursos humanos e materiais das institucións universitarias e sanitarias.
– Estimular as vocacións investigadoras, favorecendo a participación nos programas posdoutorais do persoal dos centros sanitarios.
Segunda. Réxime xurídico
Este concerto regularase polas cláusulas contidas nel e, en todo o non previsto nelas, polo establecido no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se establecen as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias, e polas demais disposicións concordantes.
Terceira. Requisitos das institucións sanitarias
Co obxecto de que a formación práctica do estudantado se realice contando con recursos sanitarios diversificados, o Servizo Galego de Saúde poñerá á disposición das universidades públicas que conforman o Sistema universitario de Galicia os hospitais, os servizos e as unidades de atención primaria, así como outras organizacións e dispositivos asistenciais específicos de provisión de servizos sanitarios e/ou asistenciais para os fins deste concerto que previamente se acorden no seo da Comisión Mixta de Seguimento, e garantirá que os que se concertan en virtude deste instrumento cumpran os requisitos establecidos na base 3 do artigo 4 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.
Para tal fin, nos anexos a este concerto establécense as organizacións, centros e unidades que se concertan, co compromiso de facer públicas as sucesivas modificacións que, de ser o caso, se fagan del, logo de acordo da Comisión Mixta de Seguimento.
De conformidade co anterior, os dispositivos asistenciais, servizos hospitalarios e unidades ou centros de atención primaria do Sistema público de saúde de Galicia que se citan nos anexos deste documento quedan, polo tanto, concertados para os fins docentes, asistenciais e de investigación relativos aos estudos e titulacións universitarias a que se refire este concerto, comprobado que reúnen os requisitos necesarios.
Os hospitais de referencia e as súas unidades ou centros de atención primaria poderán denominarse universitarios cando o concerto inclúa o hospital no seu conxunto ou abranga, polo menos, o 75 % dos seus servizos e/ou unidades asistenciais. En caso contrario, a súa denominación será a de hospital, unidade ou centro de atención primaria asociado á universidade.
Quedarán igualmente incluídas as organizacións e os dispositivos asistenciais do Sistema público de saúde de Galicia que, posteriormente, se poidan crear conforme o disposto na normativa sanitaria, e logo de acordo da Comisión Mixta de Seguimento.
Con idéntica finalidade, o Servizo Galego de Saúde e as universidades poderán ofrecer outras estruturas propias, que determinará a Comisión Mixta de Seguimento.
As partes comprométense a potenciar as unidades e os proxectos de investigación, sen prexuízo de que, logo de acordo destas, nun futuro poidan impulsar outro tipo de accións de investigación e/ou convenios específicos de colaboración en materia de formación, investigación ou doutra índole con outras entidades vinculadas coa investigación no ámbito sanitario público galego.
Todas as unidades docentes das organizacións asistenciais a que se refire esta cláusula, ou aqueloutras que se poidan incorporar, quedan vinculadas ás universidades e garantirán a formación do seu alumnado para impartir as ensinanzas a que se refiren os anexos.
De conformidade co cláusula cuarta do Convenio do 22 de xaneiro de 2026, os hospitais CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña) e CHUVI (Complexo Hospitalario Universitario de Vigo) quedarán vinculados ás universidades das súas respectivas áreas sanitarias, UDC e UVigo, respectivamente, para todas as titulacións que cada unha teña implantadas, e concertadas para impartir a docencia descentralizada derivada da execución dese convenio e a dotación de prazas de profesorado vinculadas e profesorado asociado de Ciencias da Saúde (PACS).
O hospital CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) quedará vinculado á USC para todas as titulacións que teña implantadas. Ademais, e para os efectos do cumprimento da base quinta do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias, recollida no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, todos os hospitais do Sistema sanitario público galego estarán concertados coa USC, para efectos docentes, para impartir a docencia en Medicina e a dotación de prazas de profesorado vinculadas e PACS.
Cuarta. Dispositivos concertados
Para o cumprimento dos obxectivos previstos neste concerto, e tendo en conta o número do alumnado das ensinanzas a que se refire a cláusula primeira, e os seus distintos plans de estudo e programas específicos de docencia vixentes, concértanse os dispositivos e as estruturas das institucións sanitarias que se relacionan nos anexos correspondentes, adscribíndoas funcionalmente, para efectos docentes, aos correspondentes departamentos universitarios, de conformidade co establecido na base sexta do artigo 4 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se establecen as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias.
Estes dispositivos e estruturas constitúen o Catálogo total de especialidades e ámbitos de coñecemento que se vinculan ou asocian, segundo os casos, neste concerto.
Esta correlación manterase e adecuarase ás necesidades docentes que, por disciplinas, se establezan nos plans de estudos e coa existencia de persoal cualificado para impartir a formación demandada nos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde.
Quinta. Prazas vinculadas
De conformidade co previsto no artigo 105 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e co fin de garantir os obxectivos docentes e investigadores das universidades nas ensinanzas a que se refire a cláusula primeira deste concerto, as prazas asistenciais das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde que quedarán vinculadas con prazas docentes do cadro de persoal dos corpos docentes e categorías de profesorado universitario son as que se establecen nos correspondentes anexos, sen prexuízo das modificacións que nun futuro poida adoptar a Comisión Mixta de Seguimento.
A vinculación das ditas prazas dependerá da concorrencia, en cada momento, das necesidades docentes e asistenciais a que responde este concerto, de maneira que a modificación da situación xurídica ou cesamento da relación de emprego das persoas que as desempeñen coa universidade ou a institución sanitaria non afectará, necesariamente, a dita vinculación.
Prevese expresamente a posibilidade de que as partes poidan acordar no seo da Comisión Mixta de Seguimento a suspensión temporal da aplicación do concerto para determinadas prazas vinculadas, pola concorrencia de causas obxectivas aceptadas polas partes e ratificadas pola Comisión Mixta, que determinará tamén o prazo máximo de suspensión, sen que a praza perda a condición de vinculada.
As prazas universitarias vincúlanse con servizos e/ou unidades asistenciais, e, polo tanto, non existe correspondencia entre os niveis profesionais docente e asistencial.
A promoción do profesorado vinculado nos ámbitos universitario e asistencial rexerase polas normativas propias de cada un deles. En todo caso, nos procesos de promoción en cada un destes ámbitos teranse en conta os méritos acreditados no noutro.
Todas as prazas incluídas nos respectivos anexos figurarán necesariamente nas relacións de postos de traballo de cada universidade e no cadro de persoal estrutural do Servizo Galego de Saúde.
De conformidade cos Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, cando unha praza adquira o carácter de vinculada, considerarase para todos os efectos como un único posto de traballo e supoñerá para quen a ocupe o cumprimento das funcións docentes, investigadoras e asistenciais, nos termos que se establecen no mencionado real decreto, ou nos que nun futuro se determinen en aplicación do disposto na lexislación aplicable, nunha mesma xornada de traballo.
A denominación do réxime de dedicación do profesorado con praza vinculada corresponderase co establecido para o profesorado dos corpos docentes universitarios e polo profesorado laboral permanente, tal como se establece no artigo 64.1. da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo. En consecuencia, existirán dous réximes de dedicación, malia que en ambos os casos a xornada sexa a establecida para o persoal con praza exclusivamente asistencial nos centros sanitarios públicos:
– A tempo completo, que comporta a exclusiva dedicación aos sistemas sanitarios e docentes públicos.
– A tempo parcial, que non comporta a exclusiva dedicación aos sistemas sanitarios e docentes públicos e que supón, polo tanto, a posibilidade de compatibilizar a actividade docente e asistencial coa prestación de servizos no sector privado.
A dedicación horaria semanal da xornada de traballo de quen desempeñe unha praza vinculada será a establecida no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, ou normativa de aplicación, de conformidade co seguinte:
– Seis horas semanais, como máximo, exclusivamente docentes, durante o período de actividade docente regrada, nas cales se poderá incluír docencia teórica e práctica. O profesorado asumirá a responsabilidade directa do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado que lle sexa asignado. O período de docencia regrada abranguerá desde o comezo do curso ata rematar o proceso de avaliación na materia segundo o calendario académico aprobado polas universidades. Non se computarán as dúas semanas do período de vacacións do Nadal.
– Tres horas semanais, como máximo, de asistencia e titoría ao alumnado durante o período de actividade docente regrada, que se poderá realizar na institución sanitaria concertada.
– Vinte e cinco horas semanais, como mínimo, de asistencia sanitaria na correspondente institución. Nestas horas quedará incluída, de ser o caso, a docencia de práctica clínica e a función investigadora que impliquen actividade asistencial. A docencia práctica implicará, en todo caso, a responsabilidade directa da profesora ou profesor na aprendizaxe clínica do alumnado asignado.
O resto das horas da xornada semanal legalmente establecida, tanto no período lectivo coma no período non lectivo, dedicarase á actividade investigadora que non implique actividade asistencial, así como, de ser o caso, á atención das necesidades de xestión e administración inherentes ao cargo ou posto de traballo que se desempeñe nos ámbitos docente e asistencial.
O conxunto das funcións docentes, investigadoras e asistenciais desenvolverase nunha mesma xornada. En calquera caso, dentro das marxes que se sinalan nos puntos precedentes, a Comisión Mixta de Seguimento establecerá, de ser o caso, as fórmulas de coordinación entre as distintas actividades a que se refiren os puntos que anteceden, en función das necesidades docentes, asistenciais e investigadoras da universidade e da institución sanitaria.
As clases teóricas que deba impartir o profesorado vinculado desenvolveranse, preferentemente, nas primeiras e últimas horas da xornada laboral, ou no horario que supoña menor interferencia coa actividade asistencial.
Así mesmo, desde a institución sanitaria facilitaranse, cando a situación o requira, os medios necesarios co obxecto de que o profesorado poida compatibilizar a actividade asistencial cos seus compromisos docentes e/ou de investigación.
A convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura das prazas vinculadas realizarana conxuntamente ambas institucións e virá asinada polo/a reitor/a da respectiva universidade, e esta será a responsable da súa execución e da toma de posesión correspondente.
As convocatorias de prazas vinculadas realizaranse de conformidade co establecido no Real decreto 1558/1986, na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, no Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a profesorado dos ditos corpos, e no Regulamento de selección de profesorado da respectiva universidade.
O acceso a postos de carácter directivo e de xefatura de unidade nas institucións sanitarias realizarase polos procedementos establecidos legal e regulamentariamente pola normativa estatutaria de aplicación.
Sen prexuízo da adscrición funcional da persoa candidata seleccionada á praza convocada, manterase en todo caso a vinculación no nivel básico da praza asistencial.
A cobertura das prazas de catedrático de universidade realizarase polo procedemento que a universidade determine e resolverase de acordo coa normativa xeral de aplicación para a cobertura das ditas prazas.
Cando un/unha profesor/a ocupe unha praza vinculada e acceda por concurso a unha praza docente de categoría superior, na mesma área de coñecemento a que estaba adscrito/a, manterase a situación de praza asistencial vinculada co novo status funcionarial.
En todo caso, informarase a Comisión Mixta de Seguimento da provisión dos referidos postos.
Será requisito indispensable para o acceso ás prazas vinculadas a que se refire este concerto estar en posesión do título de especialidade exixido para cada unha delas.
Unha vez adxudicadas as ditas prazas, a persoa que as desempeñe terá os dereitos e deberes inherentes á súa condición de docente da universidade e de profesional sanitario da correspondente institución sanitaria concertada, conforme o réxime xurídico que lle sexa de aplicación.
O réxime de vacacións, licenzas e permisos será o establecido na normativa que regula as condicións de traballo na respectiva universidade. Non obstante, a institución sanitaria en que preste os seus servizos deberá emitir previamente informe favorable sobre as solicitudes presentadas.
A substitución do persoal docente con praza asistencial realizarase coa contratación de persoal interino en réxime de dedicación a tempo parcial para a súa actividade docente e de persoal sanitario para o desenvolvemento da actividade asistencial correspondente, e poderá darse o caso de que o persoal docente só sexa substituído nunha das súas funcións.
O réxime disciplinario será o establecido con carácter xeral para o persoal docente da universidade, sen prexuízo de que na instrución do expediente se deban adoptar as medidas necesarias para tomar en consideración todas as funcións correspondentes ao posto de traballo, é dicir, a función docente, investigadora e asistencial.
Os expedientes de compatibilidade resolveraos o órgano competente da respectiva universidade. Para a resolución dos ditos expedientes solicitaráselle informe á autoridade competente do Servizo Galego de Saúde.
A xubilación do persoal que desempeñe unha praza vinculada realizarase de conformidade co previsto na normativa específica universitaria.
O cambio de adscrición da actividade asistencial dunha praza vinculada a unha institución sanitaria distinta daquela á cal foi vinculada deberá ser aprobada pola Comisión Mixta.
Sexta. Profesorado asociado de Ciencias da Saúde
De conformidade co disposto no artigo 105 de la Lei 14/1986, do 25 de abril, e no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, este concerto establece o número de prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde (en diante, PACS) pertencente ao cadro de persoal das universidades, que obrigatoriamente se cubrirán por persoal das institucións sanitarias concertadas, nos termos dos respectivos anexos.
Desde cada institución sanitaria facilitaranse, dentro das obrigas asistenciais do profesorado asociado de Ciencias da Saúde, as condicións laborais precisas co obxecto de poder exercer a súa actividade docente.
As prazas de PACS deberán figurar na relación de postos de traballo das universidades e este número non se terá en conta para os efectos das porcentaxes que estableza a normativa xeral en materia de universidades.
O profesorado asociado de Ciencias da Saúde seleccionarase mediante concurso público e contratarase inicialmente por un período dun ano. Este contrato poderá renovarse por períodos de igual duración, logo de informe favorable do departamento correspondente.
Na Comisión Mixta de Seguimento acordarase un protocolo que facilite e axilice a tramitación da compatibilidade da actividade asistencial no Servizo Galego de Saúde coa actividade docente na respectiva universidade.
Para proceder á prórroga dos contratos, ao remate de cada curso académico, a Comisión Mixta, segundo criterios obxectivos, e logo de informe do departamento a que estea adscrita a praza, avaliará o rendemento asistencial e docente do persoal contratado como profesorado asociado de Ciencias da Saúde e poderá propoñer á universidade, no caso de que a avaliación sexa desfavorable, a non prórroga do contrato.
En todo caso, o profesorado asociado de Ciencias da Saúde cesará como tal cando, por calquera motivo, cause baixa na praza asistencial que ocupe na institución sanitaria concertada.
As convocatorias de prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde, ás cales se fai referencia nos anexos, resolveranse mediante o oportuno concurso de méritos entre o persoal sanitario da respectiva institución sanitaria concertada, de conformidade co procedemento e co baremo establecido no Regulamento de selección de profesorado da universidade.
O persoal sanitario dos centros concertados que sexa contratado pola universidade en réxime de profesorado asociado de Ciencias da Saúde percibirá a retribución establecida no correspondente convenio do persoal docente e investigador (PDI) laboral, ou a establecida pola universidade para este tipo de persoal.
De conformidade co Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, ou norma que o substitúa ou desenvolva, o persoal asistencial contratado como profesorado asociado de Ciencias da Saúde desenvolverá o conxunto das súas actividades docentes e asistenciais nunha mesma xornada.
A dedicación horaria semanal da xornada de traballo do profesorado asociado de Ciencias da Saúde será a establecida no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, ou na normativa que resulte de aplicación, de conformidade co seguinte:
– Ata un máximo de tres horas semanais exclusivamente docentes, durante o período de actividade docente regrada, nas cales se poderá incluír docencia teórica e práctica. O profesorado asumirá a responsabilidade directa no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado que lle sexa asignado. O período de docencia regrada abranguerá desde o comezo do curso ata rematar o proceso de avaliación na materia segundo o calendario académico aprobado pola universidade. Non se computarán as dúas semanas do período non lectivo do Nadal.
– Ata un máximo de tres horas semanais de titoría ou asistencia ao alumnado, durante o período de actividade docente regrada, que se poderá realizar dentro da institución sanitaria concertada.
– O resto das horas da xornada semanal legalmente establecida dedicaranse á actividade asistencial, na cal quedarán incluídas as horas de docencia práctica; esta implicará a responsabilidade directa do/da profesor/a na aprendizaxe clínica do alumnado que lle sexa asignado.
As clases teóricas que teña que impartir o profesorado asociado de Ciencias da Saúde desenvolveranse preferentemente nas primeiras e últimas horas da xornada laboral, ou no horario que supoña menor interferencia coa súa actividade asistencial.
A condición de profesorado asociado de Ciencias da Saúde considerarase un criterio relevante na avaliación do nivel de carreira profesional dos/das profesionais sanitarios/as.
O Servizo Galego de Saúde considerará, no marco dos sistemas de mobilidade do seu persoal asistencial, os méritos precisos para o acceso a postos docentes.
No suposto de que algún/algunha profesor/a asociado/a de Ciencias da Saúde obteña por concurso unha praza de profesorado permanente laboral ou pertencente aos corpos docentes universitarios que non estea previamente vinculada, esta pasará a selo, logo de acordo da Comisión Mixta de Seguimento e conforme o previsto neste concerto, sempre que sexa afín por razón de materia e especialidade e que as necesidades asistenciais e docentes así o aconsellen, e amortizarase o correspondente contrato de profesorado asociado de Ciencias da Saúde.
A Comisión Mixta adoptará medidas concretas para promover o desenvolvemento da carreira académica do profesorado asociado, especialmente no caso daquelas persoas que mostren un perfil docente e investigador.
Sétima. Da planificación asistencial e docente
Co fin de facer efectiva unha mellor coordinación entre as tarefas docentes, investigadoras e asistenciais, e respectando sempre o carácter preferente destas últimas, habilitarase nas institucións sanitarias concertadas a infraestrutura necesaria para estes fins (aulas, por exemplo), de acordo coas necesidades docentes e investigadoras que deben ser atendidas polas institucións sanitarias concertadas.
As partes asinantes comprométense a revisar os servizos concertados en función das necesidades docentes e investigadoras que deben ser atendidas polo Servizo Galego de Saúde.
O alumnado que reciba as súas ensinanzas nunha institución concertada seguirá as regras de funcionamento e disciplina de ambas as institucións. Estará en todo caso cuberto pola póliza de responsabilidade civil concertada pola respectiva universidade para cubrir os danos que poida ocasionar pola realización das prácticas.
As universidades utilizarán as dependencias das institucións sanitarias concertadas para os fins establecidos neste concerto, coas limitacións propias das súas normativas de funcionamento interno.
Así mesmo, garantirase a infraestrutura necesaria para que o alumnado dispoña de acceso, entre outros, a espazos de descanso, a armarios, vestiarios, comedores e cafetaría. A universidade será responsable da uniformidade e da identificación do alumnado de acordo coas normativas que con esta finalidade establecese a Dirección/Xerencia do centro sanitario.
Garantirase a utilización dos servizos conxuntos de ambas as institucións, existentes ou de nova creación, para atender as necesidades docentes, asistenciais e de investigación do persoal do centro sanitario, do profesorado e alumnado (biblioteca, laboratorio de formación ou habilidades, salas informáticas, etc.).
Oitava. Acreditación da colaboración docente e investigadora
De acordo coas directrices xerais do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, «todo servizo concertado o será na súa totalidade».
Como recoñecemento da tarefa de colaboración na docencia universitaria, os/as profesionais sanitarios/as sen relación de servizo coa universidade, que participen habitualmente na dita docencia, terán dereito ao seu recoñecemento pola universidade como «colaborador/a docente».
Para tal efecto, a Comisión Mixta de Seguimento establecerá os méritos docentes que darán lugar ao dito recoñecemento.
Estes recoñecementos realizaraos a respectiva universidade, de conformidade coa normativa reguladora destas figuras, e consideraranse mérito para a súa valoración nos baremos para o acceso a prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde ás cales se refire este concerto, facilitando, ademais, o acceso a programas de formación e servizos ofertados pola universidade, así como para a súa valoración nos concursos de promoción interna e nos mecanismos de incentivación profesional que se establezan.
Ademais, o persoal a que se refire este punto poderá facer constar este recoñecemento nas súas publicacións ou comunicacións científicas.
Así mesmo, as partes asinantes posibilitarán a colaboración en actividades de práctica clínica dos/das residentes en Ciencias da Saúde a partir da segunda metade do período de residencia, sempre baixo a supervisión do profesorado responsable delas, labor que certificará cada universidade.
O persoal investigador contratado en servizos concertados que participe en investigacións dirixidas por profesorado vinculado poderá integrarse nun grupo de investigación da universidade.
Novena. Retribucións
O persoal que ocupe praza vinculada percibirá todas as súas retribucións nunha única nómina, que será aboada pola respectiva universidade.
O persoal que ocupe praza vinculada e preste servizos en réxime de dedicación a tempo completo, sexa laboral ou funcionario, poderá percibir as retribucións complementarias que correspondan de acordo coa normativa de aplicación.
O persoal sanitario das institucións concertadas que sexa contratado polas universidades en réxime de profesorado asociado de Ciencias da Saúde percibirá a retribución establecida no correspondente convenio para este tipo de persoal.
Décima. Réxime de prevención e saúde no traballo
En cumprimento do deber de cooperación previsto no Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en materia de coordinación de actividades empresariais, as partes asinantes comprométense a establecer, como medios de coordinación prioritarios, os previstos no artigo 11, letras a) e d), do citado real decreto, consistente no intercambio de información e comunicacións, así como na impartición de instrucións e protocolos de actuación ou medidas específicas de prevención que teñan que ver co persoal suxeito ao concerto.
Décimo primeira. Da formación de posgrao universitario
As universidades poderán reservar nos programas de posgrao correspondentes para cada curso académico un mínimo de prazas, preferentemente a dedicación parcial, para o persoal sanitario das institucións sanitarias concertadas que teñan contrato docente ou que estean en período de formación de posgrao. As universidades poderán facer uso das ditas prazas se, expirado o prazo de matrícula, non fosen solicitadas.
As universidades poderán validar o persoal sanitario das institucións sanitarias obxecto deste concerto que posúa o título de especialista e que cursase un programa de formación especializada relacionado directamente cos programas de doutoramento, os cursos e seminarios a que se refire o Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, nos termos que establece a base décimo primeira, número dous do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño.
Décimo segunda. Comisións
Créanse as seguintes comisións:
– Comisión Mixta de Seguimento.
– Comisións de Investigación.
Décimo terceira. Comisión Mixta de Seguimento
Dentro do mes seguinte á sinatura deste concerto, constituirase unha Comisión Mixta de Seguimento universidades-Servizo Galego de Saúde para interpretar e velar polo seu cumprimento, de conformidade co previsto no artigo 4, base sexta, do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño.
A Comisión Mixta de Seguimento estará composta por un total de dezaoito membros, que actuarán en representación da Universidade e do Servizo Galego de Saúde.
A composición da Comisión Mixta de Seguimento será a seguinte:
a) Por parte de cada unha das tres universidades:
– Reitor/a ou persoa en quen delegue.
– Dous membros da universidade designados polo/a reitor/a entre persoas que teñan responsabilidades na xestión da universidade e das súas facultades, institutos, escolas ou departamentos implicados na impartición de ensinanzas superiores en Ciencias da Saúde.
b) Por parte do Servizo Galego de Saúde:
– Persoa titular da Presidencia do organismo autónomo, ou persoa en quen delegue.
– Oito membros designados pola persoa titular da Presidencia do organismo autónomo: unha persoa representante por cada unha das tres áreas sanitarias (Santiago de Compostela-Barbanza, A Coruña-Cee e Vigo) e as persoas titulares dos órganos directivos que teñan responsabilidades en materia de dirección, avaliación e control do organismo autónomo, asistencia sanitaria, recursos económicos e recursos humanos.
Se, por razón da modificación da estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, se altera a actualmente vixente, a composición da Comisión Mixta adaptarase correlativamente á nova estrutura orgánica que se cree.
Os membros da Comisión terán os seus respectivos suplentes, que serán designados pola máxima autoridade de cada unha das administracións representadas, o que deberá ser notificado á Comisión Mixta.
Cando os asuntos que se van tratar na orde do día afecten centros concertados, deberá ser convocada á reunión a persoa que teña atribuída a dirección/xerencia destes e neste caso terá voz e voto nos asuntos que a afecten, respectando a composición numérica da citada comisión.
A Comisión dispoñerá do seu propio regulamento interno de funcionamento.
Reunirase con carácter ordinario cada semestre e con carácter extraordinario cando o decida a Presidencia, por propia iniciativa ou por instancia de, como mínimo, tres dos seus membros.
No marco da Comisión poderanse constituír subcomisións específicas de composición paritaria entre o Servizo Galego de Saúde e cada unha das universidades asinantes do concerto (USC, UDC e UVigo). Estas subcomisións terán por obxecto o tratamento, seguimento e coordinación daqueles asuntos que afecten de maneira específica cada universidade no ámbito do concerto. No exercicio das súas funcións poderán preparar, analizar e elaborar propostas, plans, memorias, estudos, informes, ditames e outras actuacións de natureza análoga. As propostas ou acordos adoptados polas subcomisións serán elevados á Comisión Mixta para o seu coñecemento e, se procede, para a súa ratificación.
A Comisión e, de ser o caso, as súas subcomisións, constituiranse, convocaranse e realizarán as súas sesións, adoptarán os seus acordos e remitirán as súas actas, presencialmente ou a distancia, de conformidade co ordenamento xurídico vixente.
A Comisión poderá, así mesmo, designar unha persoa do Servizo Galego de Saúde, que actuará como interlocutor/a entre este e a universidade naquelas cuestións relativas á formación de grao e posgrao dos estudos a que se refire a cláusula primeira deste concerto.
Para a válida constitución da Comisión será necesaria a convocatoria previa e a asistencia, presencial ou a distancia, de presidente/a, secretario/a ou, de ser o caso, das persoas que os substitúan, e, cando menos, da metade dos seus integrantes, de conformidade co previsto no artigo 17.2 de la Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, en relación co artigo 19 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A Presidencia da Comisión terá carácter rotatorio e será exercida, con carácter anual, pola persoa que ocupe a presidencia do Servizo Galego de Saúde ou unha das persoas titulares dos reitorados das universidades. A orde designarase por sorteo o día da constitución da Comisión Mixta.
A Presidencia estará asistida por un/unha secretario/a de actas, con voz pero sen voto, que será persoal funcionario ou estatutario da Administración sanitaria, nomeado pola Comisión Mixta, por proposta do Servizo Galego de Saúde, oídas as persoas titulares dos reitorados.
A Comisión adoptará, con carácter xeral, os acordos co voto favorable de dous terzos dos membros asistentes da Comisión. A persoa titular da secretaría de actas custodiará toda a documentación xerada pola actividade da Comisión Mixta e comunicaralles os acordos adoptados e as actas asinadas ás partes afectadas.
A Comisión terá as seguintes funcións:
a) Velar pola correcta aplicación e interpretación do concerto e resolver, conforme o establecido pola normativa universitaria e sanitaria, as lagoas que poidan xurdir no dito ámbito.
b) Adoptar os acordos de actualización dos anexos deste concerto e dispoñer de ser o caso, sobre a súa publicación oficial a través do órgano competente.
c) Desenvolver, mediante protocolos de actuación, as obrigas e os dereitos dos servizos concertados respecto da docencia universitaria e respecto da participación das institucións asinantes nos procedementos aprobados, sen contravir o contido do concerto.
d) Elaborar informes e estudos relativos á forma de reducir, ampliar ou transformar, de acordo con criterios obxectivos, o número de prazas de profesorado destinado ao persoal das institucións sanitarias concertadas, sen prexuízo da propia autonomía das universidades nesta materia.
Para tal fin, entre outras accións, promoverá a realización de teses de doutoramento e a obtención das acreditacións necesarias para a progresión na carreira académica do persoal asistencial e a súa vinculación de conformidade con este concerto, así como a colaboración para o desenvolvemento de programas de doutoramento en áreas clínicas, especialmente nas que teñan déficit de doutores/as.
e) Revisar a relación das prazas vinculadas, dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes, logo da tramitación, de ser o caso, polos órganos competentes dos procedementos de creación das prazas asistenciais e/ou docentes que se vaian vincular para dar cumprimento aos obxectivos deste concerto.
f) Propoñerlles, de ser o caso, ás universidades a ampliación ou redución das prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde para, dentro das dispoñibilidades orzamentarias, dar cumprimento aos obxectivos deste concerto.
g) Formular propostas en relación cos requisitos e co baremo de méritos para a selección do profesorado asociado de Ciencias da Saúde, dentro do marco previsto na normativa de universidades e nas súas disposicións de desenvolvemento, e de conformidade cos estatutos e a súa normativa propia.
h) Aprobar, de ser o caso, un plan coordinado para a realización das prácticas clínicas de grao e posgrao universitario, e garantir o mellor aproveitamento na utilización dos recursos sanitarios para a docencia. En todo o referente á formación de especialistas, este concerto suxeitarase á lexislación vixente que o afecte.
i) Propoñer as fórmulas de coordinación entre as actividades docentes, investigadoras e asistenciais, entre os estudos de grao e posgrao, así como entre as distintas instancias docentes que integran as universidades (facultades, departamentos) e asistenciais do Servizo Galego de Saúde.
En particular, e con esta finalidade, poderá establecer os protocolos necesarios de actuación nas organizacións asistenciais concertadas para garantir a colaboración na actividade docente e investigadora universitaria.
j) Propoñer as fórmulas de participación nos órganos de goberno dos centros das universidades que imparten os estudos obxecto do concerto e na Dirección das institucións sanitarias concertadas, sempre de acordo coas normas xerais que sexan de aplicación para cada institución.
k) Elevar ás institucións asinantes propostas de investimento para poder atender os obxectivos deste concerto.
l) Propoñerlle ao órgano competente en cada caso a incoación dos expedientes informativos e disciplinarios que procedan, nos supostos de presunto incumprimento ou desempeño non axeitado das funcións docentes ou asistenciais encomendadas ao persoal facultativo a que se refire este concerto, todo isto sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos polos regulamentos de réxime disciplinario ou procedemento sancionador que en cada caso resulten de aplicación.
m) Propoñer as modificacións a este concerto que resulten pertinentes, en función do seguimento realizado durante o curso académico. As modificacións acordadas incorporaranse como anexo a este concerto.
n) Determinar, antes de cada convocatoria de prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde, por proposta do departamento a que estea adscrita, a especialidade que dentro do respectivo ámbito asistencial, deberán ter os/as candidatos/as que aspiren a ocupalas.
ñ) Realizar o seguimento, avaliación e control do concerto.
o) Promover o establecemento de protocolos para a cobertura temporal das prazas de profesorado vinculado e asociado nos supostos de substitución ou vacante.
p) Establecer as prioridades e realizar o seguimento de proxectos aprobados, enmarcados nas prioridades da Lei 3/1986, do 14 de abril, orgánica de medidas especiais en materia de saúde pública, da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.
q) Informar as direccións das institucións sanitarias concertadas da política de bolsas, contratos e proxectos de investigación financiados por outras institucións, que se realicen nelas.
r) Propoñer o necesario para o axeitado seguimento deste concerto.
Para o cumprimento das súas funcións, a Comisión Mixta de Seguimento será informada dos traballos de investigación e teses de doutoramento que o alumnado de posgrao realice nos centros concertados, así como dos recursos físicos, humanos e económicos de que dispón para tal efecto.
Así mesmo, promoverá a integración de departamentos e grupos de investigación universitarios nos proxectos de investigación en Ciencias da Saúde.
Décimo cuarta. Comisión de Investigación
Constituirase unha Comisión de Investigación por cada unha das tres áreas sanitarias (Santiago de Compostela-Barbanza, A Coruña-Cee e Vigo), coa implicación das respectivas fundacións públicas de investigación biomédica.
De conformidade coa cláusula quinta do Convenio do 22 de xaneiro de 2026, na conformación dos institutos de investigación sanitaria –Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Instituto de Investigación Sanitaria Santiago de Compostela (IDIS) e Instituto de Investigación Sanitaria Galicia SUR (IISGS)– manterase a vinculación exclusiva CHUAC-UDC, CHUS-USC e CHUVI-UVigo, respectivamente.
Cada Comisión de Investigación estará integrada por cinco profesores/as con vinculación permanente da área de Ciencias da Saúde, por proposta da respectiva universidade respectiva, e cinco profesores/as doutores/as con funcións asistenciais, por proposta do Servizo Galego de Saúde. Todos os membros estarán en posesión do grao de doutor/a.
Garantirase a representación nas ditas comisións das persoas responsables das comisións de investigación dos centros ou institucións concertadas ou que no futuro se adscriban ao ámbito deste concerto.
As comisións de investigación constituiranse no prazo de seis meses desde a constitución da Comisión Mixta.
As comisións de investigación estarán presididas por un/unha profesor/a-doutor/a con funcións asistenciais, nomeado/a polo Servizo Galego de Saúde, de acordo coa persoa titular do Reitorado da respectiva universidade, por un período máximo de catro anos.
Para a válida constitución da Comisión de Investigación exixirase, logo de convocatoria, a asistencia de, como mínimo, a maioría simple de cada unha das partes.
Para a adopción de acordos, unha vez constituída, requirirase como regra xeral o voto favorable de oito dos seus membros.
A Presidencia de cada Comisión estará asistida por un/unha secretario/a de actas, persoal da Administración sanitaria, designado/a polo Servizo Galego de Saúde logo de informe do/da reitor/a. A persoa titular da Secretaría non terá a condición de membro da Comisión.
A persoa titular da Secretaría de actas custodiará toda a documentación xerada pola actividade da Comisión de Investigación e comunicaralles os acordos adoptados e as actas asinadas ás partes atinxidas.
Son funcións das comisións de investigación:
a) Confeccionar e supervisar o inventario dos recursos e necesidades de investigación.
b) Realizar o seguimento da actividade investigadora no ámbito deste concerto.
c) Artellar fórmulas de coordinación da actividade investigadora desenvolvida nos distintos centros concertados.
d) Elaborar unha memoria anual da actividade realizada, o grao de execución do orzamento e dos traballos realizados, que será presentada ante a Comisión Mixta.
e) Avaliar os programas e traballos científicos que se propoñan para o seu financiamento con cargo aos fondos previstos e emitir os correspondentes informes técnicos e económicos.
f) Deseñar as liñas básicas da investigación biosanitaria.
g) Propoñerlle á Comisión Mixta os programas concretos de investigación que se considere necesario desenvolver, no ámbito deste concerto.
h) Propoñer e promover a integración de departamentos de ciencias básicas da saúde nos proxectos de investigación que se considere oportuno.
i) Colaborar e facilitar a información recíproca sobre a política de bolsas, contratos e proxectos de investigación que leven a cabo as institucións incluídas no ámbito deste concerto.
j) Propoñer a participación e colaboración dos/das profesores/as de departamentos básicos coas unidades de investigación dos centros concertados.
k) Propoñer a adscrición temporal ás unidades de investigación das universidades de profesionais sanitarios non vinculados nin asociados de acordo coa normativa de aplicación na universidade.
l) Sen prexuízo das atribucións encomendadas aos comités éticos das súas institucións, realizar o seguimento dos programas de investigación co fin de que se axusten ás normas éticas e deontolóxicas en materia de ensaios clínicos.
m) Propoñer a colaboración con outros proxectos de investigación.
Para facilitar a xeración de equipos conxuntos de investigación, e sen prexuízo do cumprimento das tarefas docentes e asistenciais que lles correspondan aos profesores asociados e colaboradores pertencentes aos servizos concertados, as institucións concertadas recoñécenlles:
– A capacidade de acceso aos medios materiais, instrumentais e institucionais de investigación na mesma medida que o persoal propio.
– O dereito a acceder ás fontes de financiamento da investigación das institucións concertadas.
O persoal investigador en formación das institucións concertantes poderá realizar o seu traballo de investigación indistintamente en calquera delas en función das necesidades do seu programa, de acordo coas normas dos departamentos e servizos. Do mesmo xeito, o persoal investigador en formación dos servizos concertados poderá equipararse co da universidade, de acordo coa normativa e as condicións que estableza a universidade.
Décimo quinta. Reserva de prazas
As universidades, de acordo co establecido na base décimo primeira do artigo 4 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, comprométense a reservar, como mínimo, o 25 por cento de prazas nos seus programas de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde ao persoal das institucións concertadas, e, en todo caso, a organizar programas de doutoramento específicos para as ditas institucións.
Con este mesmo fin, as universidades, de acordo coa súa normativa, poderán recoñecer os cursos e seminarios asignándolles os créditos que correspondan nos respectivos programas de doutoramento. Así mesmo, establecerán módulos de validación de créditos para o persoal facultativo con contratos docentes de posgrao.
Décimo sexta. Coordinación e representación
Establecerase a participación, con voz e sen voto, dunha persoa representante do Servizo Galego de Saúde nos consellos de goberno das universidades cando se vaian tratar temas relacionados con este concerto.
En correspondencia, as universidades participarán, con voz e sen voto, nos órganos de dirección dos complexos hospitalarios de referencia na respectiva área sanitaria, garantindo o desempeño da subdirección competente en materia de investigación e docencia por un/unha profesor/a con praza vinculada e/ou profesor/a asociado/a con praza asistencial, nos termos establecidos polo Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, designado pola persoa titular da Consellería de Sanidade, por proposta do/da reitor/a, durante un período de dous anos prorrogables por acordo expreso.
As universidades designarán, logo de comunicación ao Servizo Galego de Saúde, as persoas coordinadoras da docencia universitaria para cada curso académico nas institucións concertadas. Estes/as coordinadores/as serán nomeados entre profesorado das universidades que presten servizos na respectiva institución sanitaria. Estas persoas terán voz e voto na Comisión de Dirección cando os asuntos que se van tratar afecten a docencia que as universidades desenvolven no centro.
Décimo sétima. Biblioteca e animalarios
As partes comprométense a facilitar o acceso aos recursos bibliográficos no ámbito das ciencias da saúde de que dispoñan, co obxecto de poder satisfacer as necesidades docentes, asistenciais e de investigación do profesorado, alumnado e persoal das institucións sanitarias.
Sen prexuízo do anterior, garántese a utilización das bibliotecas existentes nos centros asistenciais docentes para as necesidades antes indicadas, así como as das universidades. As institucións asegurarán a dotación e o mantemento das súas respectivas bibliotecas.
Igualmente, coa mesma finalidade posibilitarase a utilización de animalarios, con fins docentes e de investigación, por parte das universidades, nos termos que autorice a Dirección do centro respectivo.
Décimo oitava. Réxime económico financeiro do concerto
Para sufragar os custos derivados das retribucións recoñecidas na cláusula novena, a contribución do Servizo Galego de Saúde aos custos de persoal derivados deste concerto realizarase de conformidade cos criterios de financiamento e compensación orzamentaria seguintes:
a) En consonancia cos termos de dedicación de xornada laboral dos/das profesionais ás tarefas asistenciais que se establecen neste concerto, o Servizo Galego de Saúde achegará a contía resultante de aplicar a porcentaxe do setenta por cento sobre os conceptos retributivos fixos e periódicos que non teñan carácter persoal, establecida na normativa retributiva do persoal estatutario do organismo autónomo.
b) Así mesmo, o Servizo Galego de Saúde achegará a contía resultante de aplicar a porcentaxe do tres con corenta por cento (3,40 %) sobre o importe obtido, conforme o disposto na letra a) anterior, en concepto de compensación polos desaxustes financeiros que na dita contribución se poidan producir.
c) Ademais das cantidades resultantes da aplicación do previsto no punto anterior, o Servizo Galego de Saúde transferirá á respectiva universidade, para a súa acreditación en nómina, as cantidades que correspondan en concepto de incentivos ao rendemento, conceptos derivados da antigüidade que fosen recoñecidos polo Servizo Galego de Saúde ou aqueles que procedan pola participación dos profesionais en quendas de garda, atención continuada ou en programas especiais de natureza asistencial, nos termos establecidos para o persoal estatutario do organismo autónomo.
d) O Servizo Galego de Saúde financiaralles ás universidades o cincuenta por cento do custo empresarial das cotizacións ao réxime xeral da Seguridade Social do persoal que desempeñe praza vinculada que, conforme a normativa de aplicación, quede incluído no dito réxime.
De acordo co anterior, o Servizo Galego de Saúde transferirá mensualmente as cantidades que se determinen en concepto de compensación.
Para iso, o Servizo Galego de Saúde procederá do seguinte xeito:
– O Servizo Galego de Saúde remitirá, antes do día 10 de cada mes á respectiva universidade, certificacións acreditativas tanto da execución do concerto relativa ao período mensual de referencia, para os efectos do financiamento establecido nas letras a), b) e d), coma das cantidades polas incidencias referidas na letra c) correspondentes ao mes anterior, todo isto par os efectos da correcta elaboración da nómina por parte da universidade.
– Simultaneamente, o Servizo Galego de Saúde adoptará as medidas necesarias para formalizar a transferencia das cantidades correspondentes a cada mensualidade, conforme os termos de financiamento establecidos e os datos dispoñibles nas certificacións a que se fixo referencia no parágrafo anterior.
– Por períodos trimestrais, procederase á liquidación das diferenzas entre as cantidades transferidas en cada trimestre e o gasto relativo ás retribucións correspondentes pola actividade asistencial do persoal que desempeñe as prazas vinculadas no dito período.
Esta liquidación aboarase ou descontarase no pagamento mensual inmediato seguinte a ela.
O importe correspondente ás obrigas que, como consecuencia deste concerto, deba asumir o Servizo Galego de Saúde imputarase con cargo ás aplicacións 1571/412A/444.0, 1501/412A/444.0, 3601/412A/444.0 do orzamento de gastos do Servizo Galego de Saúde, de acordo cos seguinte repartición por anualidades:
|
2026 |
2027 |
2028 |
2029 |
2030 |
Total |
|
2.695.635,21 € |
5.391.270,58 € |
5.391.270,58 € |
5.391.270,58 € |
2.695.635,29 € |
21.565.082,24 € |
Esta previsión de custos proponse a expensas de calquera variación salarial que experimenten as retribucións do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e que estea amparada normativamente.
Por outra banda, as prazas PACS do grao de Enxeñaría Biomédica da Universidade de Vigo entenderanse incluídas neste concerto e cubriranse coa achega de 69.995,52 € no ano 2026 e seguintes a cargo da partida orzamentaria 3601/412A/444.0 «Convenios con universidades», tal como aparecía previsto no Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo para a utilización das institucións sanitarias na docencia do grao universitario en Enxeñaría Biomédica, asinado con data do 2 de xullo de 2025, que queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os ditos anos.
Esta circunstancia implica que quede sen efecto o citado convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo, asinado con data do 2 de xullo de 2025, agás no relativo ao financiamento indicado no parágrafo precedente.
Décimo novena. Causas de resolución do concerto
Son causas de resolución deste concerto as seguintes:
a) O transcurso do prazo de vixencia previsto sen se ter acordado a súa prórroga.
b) O acordo das partes asinantes.
c) O incumprimento das obrigas e dos compromisos asumidos por algunha das partes.
d) Por decisión xudicial declaratoria da nulidade do concerto.
e) Por calquera outra causa distinta das anteriores prevista na lexislación vixente.
Vixésima. Prazo
Este concerto terá efectos desde a data da súa sinatura e manterá a súa vixencia durante catro anos. Ambas as partes poderán acordar a súa prórroga mediante acordo escrito, de conformidade co disposto no artigo 49.h) da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Tres meses antes de que expire a duración do concerto, as institucións asinantes terán que decidir respecto da súa prórroga, renegociación ou finalización.
Vixésimo primeira. Transparencia
De conformidade coa Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia, coa Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a sinatura deste concerto supoñerá o consentimento expreso á Administración autonómica para incluír e facer públicos os datos de carácter persoal e o resto de especificacións referidos a este acordo nos rexistros de convenios da Xunta de Galicia, polo que se dará publicidade deste acordo de conformidade co que establecen as disposicións aplicables na materia.
Vixésimo segunda. Natureza e xurisdición competente
Este concerto ten natureza administrativa e as cuestións litixiosas que poidan xurdir serán competencia da xurisdición contencioso-administrativa.
Sen prexuízo do anterior, a Comisión Mixta está facultada para velar pola correcta aplicación e interpretación do concerto, así como para resolver as dúbidas que poidan xurdir na súa interpretación e aplicación.
Vixésimo terceira. Protección de datos de carácter persoal
As partes declaran expresamente a súa vontade de sometemento, respecto e cumprimento, no marco da colaboración mutua que promoven, ás prescricións do ordenamento xurídico aplicable en materia de protección de datos; en concreto, ás previsións da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e do Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello (Regulamento xeral de protección de datos).
Cada parte tratará e xestionará os seus datos de forma separada. No caso de tratamento conxunto de datos persoais e nos supostos de encargos de tratamento entre as partes, asinaranse os correspondentes documentos que regulen a relación xurídica que proceda.
Vixésimo cuarta. Resolución dos concertos anteriores
Coa entrada en vigor deste concerto resolveranse as prórrogas para 2025/26 dos concertos asinados no ano 2001 con cada unha das universidades.
En proba de conformidade, asinan dixitalmente este concerto.
|
Polo Servizo Galego de Saúde Antonio Gómez Caamaño |
Pola Universidade de Santiago de Compostela Rosa María Crujeiras Casais |
|
Pola Universidade da Coruña Ricardo Cao Abad |
Pola Universidade de Vigo Carmen García Mateo |
ANEXO I
Universidade de Santiago de Compostela
A. Estudos.
|
Campus |
Centro universitario |
Titulación grao/posgrao |
|
Santiago de Compostela |
Facultade de Enfermaría |
Grao en Enfermaría |
|
Facultade de Farmacia |
Grao en Farmacia |
|
|
Facultade de Medicina e Odontoloxía |
Grao en Medicina |
|
|
Facultade de Medicina e Odontoloxía |
Grao en Odontoloxía |
|
|
Facultade de Óptica e Optometría |
Grao en Óptica e Optometría |
|
|
Facultade de Psicoloxía |
Grao en Psicoloxía |
|
|
Facultade de Bioloxía |
Máster universitario en Neurociencia |
|
|
Facultade de Enfermaría |
Máster universitario en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados |
|
|
Facultade de Enfermaría |
Máster universitario en Xerontoloxía |
|
|
Facultade de Farmacia |
Máster universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos |
|
|
Facultade de Medicina e Odontoloxía |
Máster universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento NUTRENVIGEN G+D Factors |
|
|
Facultade de Medicina e Odontoloxía |
Máster universitario en Investigación Biomédica |
|
|
Facultade de Medicina e Odontoloxía |
Máster universitario en Prevención e Abordaxe Multidisciplinar das Drogodependencias e Condutas Adictivas |
|
|
Facultade de Medicina e Odontoloxía |
Máster universitario en Saúde Pública |
|
|
Facultade de Óptica e Optometría |
Máster universitario en Optometría |
|
|
Facultade de Psicoloxía |
Máster universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria |
|
|
Facultade de Psicoloxía |
Máster universitario en Psicoxerontoloxía |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Avances e Novas Estratexias en Ciencias Forenses |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Avances en Bioloxía Microbiana e Parasitaria |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Ciencias da Visión |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Ciencias Odontolóxicas |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Endocrinoloxía |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Epidemioloxía e Saúde Pública |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Innovación en Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Investigación Clínica en Medicina |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Medicina Molecular |
|
|
Escola de Doutoramento Internacional |
Programa de doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica |
|
|
Lugo |
Escola Universitaria de Enfermaría |
Grao en Enfermaría |
|
Facultade de Ciencias |
Grao en Nutrición Humana e Dietética |
B. Centros.
1. Quedan vinculados para os fins docentes, asistenciais e de investigación relativos ao conxunto das titulacións de grao, máster e doutoramento mencionadas no anexo I os seguintes hospitais, unidades e centros sanitarios:
a) Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Hospital Público da Barbanza, 53 centros de saúde, 1 CIS, 18 consultorios e 18 puntos de atención continuada (PAC).
b) Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos: Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, Hospital Público da Mariña e Hospital Público de Monforte, 73 centros de saúde, 1 CIS, 9 consultorios e 18 puntos de atención continuada (PAC).
2. Quedan concertados coa USC, para efectos docentes, para a impartición da docencia en Medicina e a dotación de prazas de profesorado vinculadas e PAC de conformidade co convenio do 22 de xaneiro de 2026, ademais dos recollidos no punto 1, os seguintes:
a) Área Sanitaria da Coruña e Cee: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, Hospital Público de Cee, 3 centros de especialidade, 59 centros de saúde, 12 consultorios e 13 puntos de atención continuada (PAC).
b) Área Sanitaria de Ferrol: Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, 25 centros de saúde, 3 consultorios e 9 puntos de atención continuada (PAC).
c) Área Sanitaria de Vigo: Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, 43 centros de saúde, 6 consultorios e 9 puntos de atención continuada (PAC)
d) Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, Hospital Público do Salnés, 41 centros de saúde, 1 casa do mar e 9 puntos de atención continuada (PAC).
e) Área Sanitaria de Ourense,Verín e O Barco de Valdeorras: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Hospital Público de Valdeorras, Hospital Público de Verín, 98 centros de saúde, 5 consultorios e 14 puntos de atención continuada (PAC).
C. Prazas vinculadas.
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
|
Categoría universitaria |
Área de coñecemento |
Praza para vincular |
Categoría orzament. |
Nº prazas |
Especialidade |
|
Catedrático/a de universidade |
Anatomía e Embrioloxía Humana |
P.V. ODONTOESTOMATÓLOGO/A A.P. |
VSF-A1-243 |
1 |
Odontoloxía |
|
Catedrático/a de universidade |
Anatomía Patolóxica |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
2 |
Anatomía Patolóxica |
|
Profesor/a titular de universidade |
Anatomía Patolóxica |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Anatomía Patolóxica |
|
Catedrático/a de universidade |
Cirurxía |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento do Dor |
|
Profesor/a permanente laboral |
Cirurxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Anxioloxía e Cirurxía Vascular |
|
Catedrático/a de universidade |
Cirurxía |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Cirurxía Cardíaca |
|
Profesor/a permanente laboral |
Cirurxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
|
Profesor/a titular de universidade |
Cirurxía |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
|
Catedrático/a de universidade |
Cirurxía |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
|
Profesor/a permanente laboral |
Cirurxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Neurocirurxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Dermatoloxía |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Dermatoloxía |
|
Profesor/a permanente laboral |
Enfermaría |
P.V. ENFERMEIRO/A CONSULTA EXTERNA HOSPITAL |
VS-A2-25 |
1 |
Coidados de Enfermaría |
|
Catedrático/a de universidade |
Enfermaría |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Pediatría |
|
Catedrático/a de universidade |
Estomatoloxía |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Cirurxía Maxilofacial |
|
Catedrático/a de universidade |
Estomatoloxía |
P.V. ODONTOESTOMATÓLOGO/A A.P. |
VSF-A1-243 |
1 |
Odontoloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Estomatoloxía |
P.V. ODONTOESTOMATÓLOGO/A A.P. |
VSF-A1-243 |
1 |
Odontoloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Estomatoloxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Odontoloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Fisioloxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Neurofisioloxía Clínica |
|
Catedrático/a de universidade |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Alergoloxía |
|
Catedrático/a de universidade |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Aparello Dixestivo |
|
Profesor/a titular de universidade |
Medicina |
P.V. MÉDICO/A XERAL A.P. C1 E2 F1 G1 |
VSF-A1-207 |
2 |
Atención Primaria |
|
Catedrático/a de universidade |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Cardioloxía |
|
Catedrático/a de universidade |
Medicina |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Endocrinoloxía, Nutrición e Dietética |
|
Profesor/a permanente laboral |
Medicina |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Hematoloxía Clínica |
|
Profesor/a contratado/a doutor/a |
Medicina |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Medicina Interna |
|
Profesor/a titular de universidade |
Medicina |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
3 |
Medicina Interna |
|
Catedrático/a de universidade |
Medicina |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Medicina Interna |
|
Catedrático/a de universidade |
Medicina |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Medicina Interna |
|
Profesor/a permanente laboral |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Neuroloxía |
|
Catedrático/a de universidade |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Oncoloxía Médica |
|
Catedrático/a de universidade |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Pneumoloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Medicina |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Pneumoloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Reumatoloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Medicina Preventiva e Saúde Pública |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Medicina Preventiva e Saúde Pública |
|
Profesor/a permanente laboral |
Medicina Preventiva e Saúde Pública |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Medicina Preventiva e Saúde Pública |
|
Profesor/a titular de universidade |
Microbioloxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Microbioloxía |
|
Catedrático/a de universidade |
Oftalmoloxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Oftalmoloxía |
|
Catedrático/a de universidade |
Oftalmoloxía |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Oftalmoloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Otorrinolaringoloxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
2 |
Otorrinolaringoloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Otorrinolaringoloxía |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Otorrinolaringoloxía |
|
Catedrático/a de universidade |
Pediatría |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
2 |
Pediatría |
|
Catedrático/a de universidade |
Pediatría |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Pediatría |
|
Profesor/a titular de universidade |
Psiquiatría |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
2 |
Psiquiatría |
|
Catedrático/a de universidade |
Radioloxía e Medicina Física |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
2 |
Radiodiagnóstico |
|
Profesor/a titular de universidade |
Radioloxía e Medicina Física |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Radiofísica e Protección Radiolóxica |
|
Profesor/a contratado/a doutor/a |
Traumatoloxía e Ortopedia |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
|
Profesor/a contratado/a doutor/a |
Uroloxía |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Uroloxía |
|
Profesor/a permanente laboral |
Uroloxía |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Uroloxía |
Área Sanitaria de Vigo.
|
Categoría universitaria |
Área de coñecemento |
Praza para vincular |
Categoría orzamen. |
Nº prazas |
Especialidade |
|
Profesor/a permanente laboral |
pediatría |
P.V. XEFE/SA SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Pediatría |
Área Sanitaria da Coruña e Cee.
|
Categoría universitaria |
Área de coñecemento |
Praza para vincular |
Categoría orzamen. |
Nº prazas |
Especialidade |
|
Profesor/a titular de universidade |
Medicina |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Cardioloxía |
|
Profesor/a titular de universidade |
Pediatría |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Pediatría |
D. Prazas de profesorado asociado de Ciencias da Saúde.
|
Área de coñecemento |
Área sanitaria |
Número de prazas |
|
Anatomía Patolóxica |
Santiago de Compostela e Barbanza |
3 |
|
Bioquímica e Bioloxía Molecular |
Santiago de Compostela e Barbanza |
1 |
|
Cirurxía |
Santiago de Compostela e Barbanza |
26 |
|
Dermatoloxía |
Santiago de Compostela e Barbanza |
5 |
|
Enfermaría |
Santiago de Compostela e Barbanza |
50 |
|
Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica |
Santiago de Compostela e Barbanza |
1 |
|
Medicina |
Santiago de Compostela e Barbanza |
54 |
|
Medicina Preventiva e Saúde Pública |
Santiago de Compostela e Barbanza |
3 |
|
Microbioloxía |
Santiago de Compostela e Barbanza |
2 |
|
Obstetricia e Xinecoloxía |
Santiago de Compostela e Barbanza |
11 |
|
Oftalmoloxía |
Santiago de Compostela e Barbanza |
6 |
|
Otorrinolaringoloxía |
Santiago de Compostela e Barbanza |
7 |
|
Pediatría |
Santiago de Compostela e Barbanza |
14 |
|
Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico |
Santiago de Compostela e Barbanza |
2 |
|
Psiquiatría |
Santiago de Compostela e Barbanza |
5 |
|
Radioloxía e Medicina Física |
Santiago de Compostela e Barbanza |
9 |
|
Traumatoloxía e Ortopedia |
Santiago de Compostela e Barbanza |
7 |
|
Uroloxía |
Santiago de Compostela e Barbanza |
4 |
|
Cirurxía |
A Coruña e Cee |
5 |
|
Dermatoloxía |
A Coruña e Cee |
1 |
|
Medicina |
A Coruña e Cee |
9 |
|
Obstetricia e Xinecoloxía |
A Coruña e Cee |
2 |
|
Oftalmoloxía |
A Coruña e Cee |
1 |
|
Otorrinolaringoloxía |
A Coruña e Cee |
1 |
|
Pediatría |
A Coruña e Cee |
3 |
|
Psiquiatría |
A Coruña e Cee |
2 |
|
Radioloxía e Medicina Física |
A Coruña e Cee |
1 |
|
Traumatoloxía e Ortopedia |
A Coruña e Cee |
1 |
|
Uroloxía |
A Coruña e Cee |
1 |
|
Cirurxía |
Ferrol |
1 |
|
Medicina |
Ferrol |
1 |
|
Obstetricia e Xinecoloxía |
Ferrol |
1 |
|
Pediatría |
Ferrol |
1 |
|
Psiquiatría |
Ferrol |
1 |
|
Cirurxía |
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
2 |
|
Medicina |
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
3 |
|
Obstetricia e Xinecoloxía |
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
1 |
|
Pediatría |
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
1 |
|
Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico |
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
1 |
|
Psiquiatría |
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
1 |
|
Traumatoloxía e Ortopedia |
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
1 |
|
Cirurxía |
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
1 |
|
Dermatoloxía |
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
1 |
|
Medicina |
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
2 |
|
Obstetricia e Xinecoloxía |
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
1 |
|
Pediatría |
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
1 |
|
Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico |
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
2 |
|
Psiquiatría |
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
1 |
|
Traumatoloxía e Ortopedia |
Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
1 |
|
Cirurxía |
Pontevedra e O Salnés |
2 |
|
Dermatoloxía |
Pontevedra e O Salnés |
1 |
|
Medicina |
Pontevedra e O Salnés |
3 |
|
Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico |
Pontevedra e O Salnés |
1 |
|
Psiquiatría |
Pontevedra e O Salnés |
1 |
|
Cirurxía |
Vigo |
7 |
|
Dermatoloxía |
Vigo |
1 |
|
Medicina |
Vigo |
13 |
|
Obstetricia e Xinecoloxía |
Vigo |
2 |
|
Oftalmoloxía |
Vigo |
1 |
|
Otorrinolaringoloxía |
Vigo |
1 |
|
Pediatría |
Vigo |
2 |
|
Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico |
Vigo |
1 |
|
Psiquiatría |
Vigo |
2 |
|
Radioloxía e Medicina Física |
Vigo |
1 |
|
Traumatoloxía e Ortopedia |
Vigo |
1 |
|
Uroloxía |
Vigo |
1 |
ANEXO II
Universidade da Coruña
A. Estudos.
|
Campus |
Centro |
Titulación |
|
A Coruña |
Escola Universitaria de Enfermaría (centro adscrito) |
Grao en Enfermaría |
|
Facultade de Fisioterapia |
Grao en Fisioterapia |
|
|
Máster universitario en Cronicidade e novos Modelos de Atención Sociosanitaria |
||
|
Máster universitario en Biofabricación |
||
|
Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Logopedia |
|
|
Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
|
|
Máster universitario en Xerontoloxía |
||
|
Máster universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria |
||
|
Facultade de Ciencias |
Máster universitario en Neurociencia |
|
|
Máster universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética |
||
|
Facultade de Informática |
Máster universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde |
|
|
Escola Internacional de Doutoramento da UDC |
Programa oficial de doutoramento en Saúde, Discapacidade, Dependencia e Benestar |
|
|
Programa oficial de doutoramento en Ciencias da Saúde |
||
|
Programa oficial de doutoramento en Neurociencias |
||
|
Programa oficial de doutoramento en Saúde e Motricidade Humana |
||
|
Programa oficial de doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica |
||
|
Ferrol |
Facultade de Enfermaría e Podoloxía |
Grao en Enfermaría |
|
Grao en Podoloxía |
B. Centros.
1. Quedan vinculados para os fins docentes, asistenciais e de investigación relativos ao conxunto das titulacións de grao, máster e doutoramento mencionadas no anexo II os seguintes hospitais, unidades e centros sanitarios:
a) Área Sanitaria da Coruña e Cee: Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, Hospital Público de Cee, 3 centros de especialidade, 59 centros de saúde, 12 consultorios e 13 puntos de atención continuada (PAC).
b) Área Sanitaria de Ferrol: Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, 25 centros de saúde, 3 consultorios e 9 puntos de atención continuada (PAC).
C. Prazas vinculadas.
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
|
Categoría universitaria |
Área de coñecemento |
Praza para vincular |
Categoría orzament. |
Nº prazas |
Especialidade |
|
TIT-EU |
Fisioterapia |
P.V. FISIOTERAPEUTA HOSPITAL |
VS-A2-29 |
1 |
- |
|
CAT-UN |
Medicina |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Reumatoloxía |
|
TIT-UN |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Microbioloxía |
|
TIT-UN |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Neuroloxía |
|
CAT-UN |
Fisioloxía |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Endocrinoloxía e Nutrición |
|
TIT-UN |
Medicina |
P.V. XEFE/A SECCIÓN SEN C.E. |
VSF-A1-13 |
1 |
Cardioloxía |
|
TIT-UN |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Nefroloxía |
|
CAT-EU |
Anatomía e Embrioloxía Humana |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Reumatoloxía |
D. Relación de prazas de profesorado asociado Ciencias da Saúde ACP3.
|
Área de coñecemento |
Centro |
Número de prazas |
|
Fisioterapia |
Facultade de Fisioterapia |
4 |
|
Otorrinolaringoloxía |
Facultade de Ciencias da Educación |
2 |
ANEXO III
Universidade de Vigo
A. Estudos.
|
Campus |
Centro universitario |
Titulación grao/posgrao |
|
Ourense |
Facultade de Ciencias |
Máster universitario en Nutrición |
|
Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense |
Grao en Enfermaría |
|
|
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social |
Máster universitario en Prevención e Abordaxe Multidisciplinar das Drogodependencias e Condutas Adictivas |
|
|
Pontevedra |
Facultade de Fisioterapia |
Grao en Fisioterapia |
|
Máster universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia |
||
|
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra |
Grao en Enfermaría |
|
|
Vigo |
Escola Universitaria de Enfermaría O Meixoeiro |
Grao en Enfermaría |
|
Facultade de Bioloxía |
Máster universitario en Neurociencia |
|
|
Máster universitario en Xenómica e Xenética |
||
|
Escola Internacional de Doutoramento |
Programa de doutoramento en Nanociencia e Biomedicina |
|
|
Programa de doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica |
||
|
Programa de doutoramento en Endocrinoloxía |
||
|
Programa de doutoramento en Investigación Sanitaria |
||
|
Escola de Enxeñaría Industrial |
Grao en Enxeñaría Biomédica |
|
|
Máster en Enxeñaría Biomédica |
B. Relación de centros.
1. Quedan vinculados para os fins docentes, asistenciais e de investigación relativos ao conxunto das titulacións de grao, máster e doutoramento mencionadas no anexo III os seguintes hospitais, unidades e centros sanitarios:
a) Área Sanitaria de Vigo: Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, 43 centros de saúde, 6 consultorios e 9 puntos de atención continuada (PAC).
b) Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, Hospital Público do Salnés, 41 centros de saúde, 1 casa do mar e 9 puntos de atención continuada (PAC).
c) Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Hospital Público de Valdeorras, Hospital Público de Verín, 98 centros de saúde, 5 consultorios e 14 puntos de atención continuada (PAC).
C. Relación de prazas vinculadas.
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
|
Categoría universitaria |
Área de coñecemento |
Praza para vincular |
Categoría orzament. |
Nº praza |
Especialidade |
|
Tupv. Titular de universidade – praza vinculada |
Medicina |
P.V. XEFE/A SERVIZO SEN C.E. |
VSF-A1-05 |
1 |
Pneumoloxía |
|
Tupv. Titular de universidade – praza vinculada |
Anatomía e Embrioloxía Humana |
P.V. ADXUNTO/A ESPECIALISTA ÁREA SEN C.E. |
VSF-A1-15 |
1 |
Anestesia |
D. Relación de prazas de profesorado asociado Ciencias da Saúde ACP3.
|
Área de coñecemento |
Centro |
Número de prazas |
|
Fisioterapia |
Facultade de Fisioterapia |
23 |
|
Medicina |
Escola de Enxeñaría Industrial |
15 |
