DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 9 de xullo de 2026 Páx. 38492

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 73/2026, do 29 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Oleiros, de estradas e treitos delas titularidade da Deputación Provincial da Coruña.

O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante un decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria do 29 de abril de 2026, aprobou a transmisión gratuíta da titularidade demanial de tramos das estradas DP-5803, DP-5804, DP-5805, DP-5806, DP-5808, e DP-5809 a prol do Concello de Oleiros, incluídos os solos, as construcións e todos os elementos funcionais que formen parte das citadas vías:

• Treito da DP-5803 inicio no p.q. 0+270 (rotonda cruzamento AC-174) e final no p.q. 0+900 (intersección coa AC-173)

• DP-5804 na súa totalidade.

• DP-5805 na súa totalidade.

• DP-5806 na súa totalidade.

• Treito da DP-5808, inicio no p.q. 0+920 (intersección coa AG-13) e final no p.q. 1+240 (intersección coa DP-5813).

• DP-5809 na súa totalidade.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo competente, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1, ao considerar que os ditos treitos cumpren co estipulado no punto 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes «só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que formen parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo, cando menos, equivalente.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de xuño de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello de Oleiros, das seguintes estradas e treitos delas integrantes da rede viaria da Deputación Provincial da Coruña:

Transferencia

p.q.i

Coordenadas inicio

p.q.f

Coordenadas final

Lonxitude (m)

Treito da estrada DP-5803 Pasaxe a

Perillo

0+270

X = 550785

Y = 4798449

0+900

X = 550963

Y = 4797679

953

Estrada DP-5804 Acceso á praia de

Santa Cristina

X = 550524

Y = 4798606

X = 550421

Y = 4798176

446

Estrada DP-5805 Acceso á praia de

Bastiagueiro

X = 551827

Y = 4798868

X = 551929

Y = 4798731

196

Estrada DP-5806 Prolongación ao mar

da AC-190 en Coruxo

X = 552905

Y = 4799113

X = 553025

Y = 4799008

419

Treito da DP-5808 Pousada a Edreira

(DP 5808-2 treito comprendido entre

DP-5813 e vía Ártabra)

0+920

X = 556465

Y = 4798387

1+240

X = 556713

Y = 4798379

268

Estrada DP-5809 estrada Oleiros-

Sada á de Pousada-Edreira

X = 556404

Y = 4798438

X = 556122

Y = 4798026

512

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase coa sinatura da correspondente acta de entrega entre concello e deputación no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Oleiros, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos treitos de estradas e estradas transferidas, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle poida corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de xuño de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas