DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38767

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 26 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311B).

BDNS (Identif.): 917806.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/917806

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2024/25 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2025, cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Segundo. Obxecto

Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de formación profesional (código de procedemento ED311B) para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2024/25 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2025. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de Grao Superior.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 26 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311B).

Cuarto. Importe

Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional