DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Rois (expediente IN407A 2024/248-1).

Expediente: IN407A 2024/248-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CCTT e RBT na Pereira e Socastro.

Concello: Rois.

Feitos:

1. O día 19.7.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración e de atender as reclamacións nos lugares da Pereira e Socastro, concello de Rois.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CCTT e RBT na Pereira e Socastro, asinado o día 2.5.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de avaliación ambiental simplificada e consta no expediente unha resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático do 30.9.2025, pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto.

O informe sinala o seguinte: «De acordo cos antecedentes e como resultado da avaliación de impacto ambiental simplificada realizada, formular o informe de impacto ambiental do proxecto LMT, CCTT, RBT na Pereira e Socastro, no termo municipal de Rois (A Coruña), concluíndo que, sempre que se cumpra, ademais do recollido no documento ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado e programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo desta resolución, non son previsibles efectos adversos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental ordinaria».

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 25.3.2026 publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 20.4.2026.

– BOP: 6.4.2026.

– Xornal La Voz de Galicia: 8.4.2026.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal do 10.6.2026.

4. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

5. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Rois, Augas de Galicia, Servizo de Montes, Axencia Galega de Infraestruturas e Servizo de Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

6. O día 11.6.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas nos lugares da Pereira e Socastro, no concello de Rois, e as súas características técnicas son as seguintes:

– CT (1) de intemperie, no lugar da Pereira, de 50 kVA con relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– LMTA a 20 kV, de 829 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio número 9XA48LH6//45 que se vai substituír por outro tipo C-3000/14 frecuentado da PAD813 (expediente 50.998), procedente da subestación Padrón e remate no apoio número 62-31 proxectado, onde se instalará o CTI proxectado. Instalación de 7 novos apoios intercalados tipo C-2000/14 (2), C-1000/16 (3), C-1000/20 e C-1000/18.

– Instalación dun seccionador XS no apoio número 45 que se substituirá. Retensado dos vans adxacentes.

– CT (2) no lugar de Socastro, compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior en envolvente de formigón, cunha potencia de 100 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

– LMTS a 20 kV, de 264 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio proxectado (Pr.9) frecuentado tipo C-2000/18 que se intercalará entre os apoios 9WRN8WAH//54 e 9WLRFPM1//55 existentes da LMT PAD813 e remate no CTC proxectado.

– Instalación dun reconectador telecontrolado (RC) e autoválvulas no apoio proxectado Pr.9.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) A resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto sinala no seu punto 4.2.2. «Para este efecto, o promotor adoptará o programa de vixilancia e seguimento ambiental deseñado que garantirá, ademais do cumprimento dos condicionantes e medidas preventivas e/ou correctoras establecidas no IIA e no documento ambiental, o cumprimento dos que, se é o caso, establezan os órganos competentes na tramitación sectorial de licenzas, permisos e/ou autorizacións e aqueles outros que, derivados do seguimento, sexa necesario incorporar. Deberá aprobalo previamente o órgano substantivo».

De acordo co sinalado, e co obxecto da realización do seguimento ambiental, deberá comunicar a data de inicio das actuacións autorizadas nesta resolución.

Deberá achegar a este departamento territorial, no prazo máximo dun mes antes do inicio das obras, o plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 4.2.2 da resolución de impacto ambiental.

D) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

E) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 17 de xuño de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Rois

Núm. parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm./CT

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Espai Verde 15075B509002470000GZ

Prado

Manuel Cabo Rabuñal

Nieves Cabo Rabuñal

Apoio 7

2.00

94,36

1.445,64

3

Arganido

15075B509002350000GO

Prado

Ramón Castro Bustelo

49,48

4

Arganido

15075B509002360000GK

Prado

Ramón Gómez Quimil

Apoio 45-1

1,00

27,27

385,63

5

Argranido

15075B509002380000GD

Matogueira

Carmen Guimil Fernández

Apoio 45-1

1;00

24,66

395,65

6

Casal de Albariño

15075B509002460001HD

Urbano

Hipólito Gómez Sedofeito

43,80

7

Rubieiros

15075B509002410000GD

Prado

Eugenio Antonio Freire Freire

Apoio 45-9

2,00

141,81

2.268,96

8

Fonte

15075B509001910000GW

Prado

Descoñecido

38,57

9

Souto

15075B509001920001HS

Prado

Descoñecido

104,78

1.636,84

10

Bouzadega

15075A086003490000XP

Eucaliptal

José Antonio Freire Fontenla

73,06

11

Bouzadega

15075A086003480000XQ

Eucaliptal

Sara Junqueira Rodríguez

Apoio 45-3

2,00

28,79

392,10

14

Bouzadega

15075A086005520000XK

Eucaliptal

María del Carmen Freire Freire

5,26

15

Bouzadega

15075A086003460000XY

Carballeira

Eugenio Antonio Freire Freire

13,07

180,02

19

Bouzadega

15075A086003420000XH

Carballeira

Manuel Castro Bralo

7,14

98,29

20

Bouzadega

15075A086003410000XU

Eucaliptal

Esther Calvo Fernández

Apoio 45-4

1,00

7,18

113,25

22

Bouzadega

15075A086003400000XZ

Carballeira

Francisco Regateiro Bustelo

Apoio 45-4

1,00

84,26

1.342,40

24

Camiño de Arriba

15075A086003230000XF

Piñeiral madeireiro

Sergio Castro Bustelo (herdeiros de)

11,06

177,00

26

Camiño de Arriba

15075A086003210000XL

Piñeiral madeireiro

Mercedes Bustelo Miguéns

Apoio 45-5

1,00

10,93

174,93

27

Camiño de Arriba

15075A086003200000XP

Piñeiral madeireiro

Dolores Gens Iglesias (herdeiros de)

Apoio 45-5

1,00

12,85

205,56

31

Camiño de Arriba

15075A086003150000XG

Eucaliptal

Palmira Bralo Costa

2,94

46,96

34

Cacheiro

15075A086003100000XH

Eucaliptal

José Campos Regateiro

3,16

50,63

35

Cacheiro

15075A086003090000XA

Eucaliptal

Eudosia Rabuñal Louzado (herdeiros de)

3,22

51,54

36

Cacheiro

15075A086003080000XW

Eucaliptal

Adolfo Campos Rodríguez

(herdeiros de)

2,65

42,38

37

Cacheiro

15075A086003070000XH

Eucaliptal

Mercedes Bustelo Miguéns

2,97

47,52

39

Cacheiro

15075A086003050000XZ

Eucaliptal

Eudosia Rabuñal Louzado

(herdeiros de)

3,10

49,67

42

Devesa Alta

15075A086003010000XI

Piñeiral madeireiro

Mercedes Bustelo Miguéns

(herdeiros de)

3,51

40,99

44

Devesa Alta

15075A086005540000XD

Piñeiral madeireiro

Germán Bralo Tato

28,09

46

Devesa Alta

15075A086003000000XX

Piñeiral madeireiro

Celia Leis Sampayo

3,58

40,23

49

Devesa Alta

15075A086002960000XK

Piñeiral madeireiro

Manuel Constantino Tarrío Bustelo

Apoio proxectado punto 13

0,67

1,09

85,52

51

Devesa Alta

15075A086002810000XW

Piñeiral madeireiro

Manuel Bralo Villar

5,61

62,95

52

Devesa Alta

15075A086002820000XA

Piñeiral madeireiro

Elvira Esther Vilas Fuentes

5,30

88,47

53

Devesa Alta

15075A086002840000XY

Piñeiral madeireiro

M. Inmaculada Citoula Regateiro

12,08

204,60

54

Devesa Alta

15075A086002850000XG

Piñeiral madeireiro

M. del Carmen Bustelo Vilas

19,19

55

Devesa Alta

15075A086002830000XB

Piñeiral madeireiro

Descoñecido

3,59

75,08

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.