DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38920

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026 pola que se resolve o concurso específico para a provisión dun posto de traballo de persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos.

Mediante a Resolución do 3 de febreiro de 2026 convocouse un concurso específico para a provisión do posto de xefatura do Servizo de Xestión da Extensión Universitaria.

Vista a proposta de adxudicación definitiva de destinos elevada pola presidenta da Comisión de Valoración e consonte o previsto nas bases da convocatoria

Este reitorado, no uso das competencias que lle confire a normativa vixente,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar destino definitivo a María Teresa Vetoret Pena, con DNI ***8411**.

Datos do posto:

– Código: 03000 PF1012-1.

– Posto: xefe/a do Servizo de Xestión da Extensión Universitaria.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que con anterioridade ao remate do prazo de toma de posesión se obteña outro mediante convocatoria pública. No caso de resultar adxudicataria de máis dun posto, a persoa concursante formulará por escrito a opción antes da finalización do prazo de toma de posesión.

Terceiro. O cesamento terá lugar o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e a toma de posesión no destino adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes, se non implica cambio de residencia da persoa funcionaria, ou dun mes se comporta cambio de residencia ou o reingreso ao servizo activo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos e licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 2 de xullo de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo