Na sesión que tivo lugar o día 12.6.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_44AV.
MVMC Pena do Rei, Lamaboa e Pena Rubia (expediente 48_80), pertencente aos veciños da parroquia de Veral; e MVMC Segade, Costa de Vilar e de Cinza, Castelo, Cotón e Musgallón (expediente 45_80), pertencente aos veciños da parroquia de Orbazai. Ambos os montes están no concello de Lugo.
O 7.8.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Veral, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 11.3.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Pena do Rei, Lamoba e Pena Rubia: 156,65 ha.
• MVMC Segade, C. de Vilar e de Cinza, Castelo, Cotón e Musgallón: 99,96 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_55AV.
MVMC Santalla (expediente 10_77), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Eulalia de Pena; e MVMC San Vicente (expediente 11_77), pertencente aos veciños da parroquia de San Vicente de Pena. Ambos os montes están no concello de Begonte.
O 1.9.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Santa Eulalia de Pena, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 16.2.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Santalla: 572,18 ha.
• MVMC San Vicente: 103,87 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_61AV.
MVMC Cadaval, Louseiras e Toxal Novo (expediente 15_98), pertencente aos veciños do lugar de Vilaseñor, na parroquia de Vilarente; e MVMC Corda de Neda (expediente 112_77), pertencente aos veciños da parroquia de Abeledo. Ambos os montes están no concello de Abadín.
O 30.9.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Vilaseñor, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 5.6.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 29.5.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Cadaval, Louseiras e Toxal Novo: 13,02 ha.
• MVMC Corda de Neda: 444,26 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_69AV.
MVMC Bouzón, Barquela e Serra de Rodís (expediente 82_77), pertencente aos veciños da parroquia de Vilar de Cabalos; e MVMC Vilameñe (expediente 106_79), pertencente aos veciños da parroquia de Vilameñe. Ambos os montes están no concello de Taboada.
O 24.10.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Vilar de Cabalos, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 20.2.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, no que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Bouzón, Barquela e Serra de Rodís: 550,43 ha.
• MVMC Vilameñe: 40,78 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_91AV.
MVMC Cervela (expediente 133_75), pertencente aos veciños da parroquia de Cervela; e MVMC Cubela (expediente 9_2000), pertencente aos veciños da parroquia de Cubela. Ambos os montes están no concello do Incio.
O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Cervela, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 3.3.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Cervela: 289,66 ha.
• MVMC Cubela: 52,50 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_97AV.
MVMC Traviza (expediente 126_78), pertencente aos veciños do lugar de Cabanela, na parroquia de Cabanela; e MVMC Paradela (expediente 96_77), pertencente aos veciños do lugar de Paradela, na parroquia de Galegos. Ambos os montes están no concello de Navia de Suarna.
O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Cabanela, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 26.2.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Traviza: 118,32 ha.
• MVMC Paradela: 129,54 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_98AV.
MVMC Traviza (expediente 126_78), pertencente aos veciños do lugar de Cabanela, na parroquia de Cabanela; e MVMC Vilargoíde (expediente 141_77), pertencente aos veciños do lugar de Vilargoíde, na parroquia de Galegos. Ambos os montes están no concello de Navia de Suarna.
O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Cabanela, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 26.2.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Traviza: 116,91 ha (superficie calculada tendo en conta o deslindamento previo co MVMC Paradela, correspondente ao procedemento núm. 2025_97AV).
• MVMC Vilargoíde: 225,41 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_99AV.
MVMC Traviza (expediente 126_78), pertencente aos veciños do lugar de Cabanela, na parroquia de Cabanela; e MVMC Igrexario (expediente 129_78), pertencente aos veciños do lugar da Eirexa, na parroquia de Galegos. Ambos os montes están no concello de Navia de Suarna.
O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Cabanela, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 26.2.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Traviza: 117,39 ha (superficie calculada tendo en conta o deslindamento previo co MVMC Vilargoíde, correspondente ao procedemento núm. 2025_98AV).
• MVMC Igrexario: 84,27 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_100AV.
MVMC Traviza (expediente 126_78), pertencente aos veciños do lugar de Cabanela; e MVMC Figueira (expediente 92_77), pertencente aos veciños do lugar de Figueira. Ambos os montes están na parroquia de Cabanela, do concello de Navia de Suarna.
O 3.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Cabanela, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 26.2.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Traviza: 162,35 ha (superficie calculada tendo en conta o deslindamento previo co MVMC Igrexario, correspondente ao procedemento núm. 2025_99AV).
• MVMC Figueira: 191,91 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_102AV.
MVMC Portela (expediente 107_76), pertencente aos veciños do lugar de Portela, na parroquia de Gundriz; e MVMC Praducelo (expediente 103_76), pertencente aos veciños do lugar de Praducelo, na parroquia de Lóuzara. Ambos os montes están no concello de Samos.
O 4.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Portela, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 8.6.2026, o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Portela: 206,37 ha.
• MVMC Praducelo: 169,04 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_103AV.
MVMC Penedo (expediente 135_78), pertencente aos veciños do lugar de Penedo, na parroquia de Vallo, do concello de Navia de Suarna; e MVMC Chaovilarín (expediente 8_81), pertencente aos veciños do lugar de Chao de Vilarín, na parroquia de Vilaquinte, do concello de Cervantes.
O 5.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Penedo, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 3.6.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 26.2.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Penedo: 301,51 ha.
• MVMC Chaovilarín: 242,50 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_104AV.
MVMC Tabillón (expediente 86_77), pertencente aos veciños do lugar do Tabillón, na parroquia de Muñís; e MVMC Embernallas (expediente 38_77), pertencente aos veciños do lugar de Embernallas, na parroquia de Muñís. Ambos os montes están no concello de Navia de Suarna.
O 6.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade do Tabillón, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achegan a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 4.6.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 26.2.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Tabillón: 105,28 ha.
• MVMC Embernallas: 85,93 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_109AV.
MVMC Trabadelo (expediente 88_77), pertencente aos veciños do lugar de Trabadelo, na parroquia de Muñís; MVMC Larxentes (expediente 85_77), pertencente aos veciños do lugar de Larxentes, na parroquia de Muñís; e MVMC Traserra (expediente 84_77), pertencente aos veciños do lugar de Traserra, na parroquia de Rao. Todos eles están no concello de Navia de Suarna.
O 10.12.2025 a comunidade de Trabadelo presentou unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo coas comunidades de Larxentes e Traserra, respectivamente, para establecer a liña divisoria que separa os seus montes. Para acreditalo, achegan actas de deslindamento, planos topográficos, actas de conciliación e certificacións de aprobación das asembleas das comunidades implicadas.
O 10.3.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 5.3.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado.
O 18.6.2026 asinouse unha addenda ao citado informe técnico para a emenda dun erro na superficie do monte de Traserra, e a nova versión corrixida da cartografía do monte emitiuse con data do 18.6.2026.
A continuación especifícanse as superficies resultantes:
• MVMC Trabadelo: 87,78 ha.
• MVMC Larxentes: 218,81 ha.
• MVMC Traserra: 137,57 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_117AV.
MVMC Liñares (expediente 47_75), pertencente aos veciños da parroquia de Liñares, no concello da Pobra do Brollón; e MVMC Rancaño e Serra (expediente 63_76), pertencente aos veciños da parroquia de Rozavales, no concello de Monforte de Lemos.
O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Liñares, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificación de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 26.2.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Liñares: 240,14 ha.
• MVMC Rancaño e Serra: 159,73 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_119AV.
MVMC Castelo (expediente 118_80), pertencente aos veciños do lugar de Castelo; e MVMC Pedra (expediente 119_80), pertencente aos veciños do lugar de Pedra. Ambos os montes están na parroquia de Freixo, do concello da Fonsagrada.
O 11.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Castelo, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e a certificación de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 8.6.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía do 20.2.2026, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Castelo: 197,81 ha.
• MVMC Pedra: 109,99 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_120AV.
MVMC Santo Estevo (expediente 35_75), pertencente aos veciños da parroquia de Santo Estevo de Parga; MVMC Mariz (expediente 27_75), pertencente aos veciños da parroquia de Mariz; e MVMC Santa Leocadia (expediente 32_75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Locaia de Parga. Todos eles do concello de Guitiriz.
O 12.12.2025 a comunidade de Santo Estevo presentou unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo coas comunidades de Mariz e Santa Leocadia, respectivamente, para establecer a liña divisoria que separa os seus montes. Para acreditalo, achega as actas de deslindamento, os planos topográficos, as actas de conciliación e as certificacións de aprobación das asembleas das comunidades implicadas.
O 21.1.2026, no Rexistro Electrónica da Xunta de Galicia tivo entrada un escrito de alegacións de tres persoas comuneiras de Santa Leocadia. En síntese, expoñen que a a acta de deslindamento, realizada o 13.11.2025, é previa ao acordo asembleario de Santa Leocadia, do 11.12.2025; que non lles consta o contido nin o alcance do dito acordo e que parte dos terreos obxecto do deslindamento non son monte veciñal en man común. Finalmente, solicitan a denegación da tramitación do deslindamento entre o MVMC de Santa Leocadia e o MVMC de Santo Estevo.
O 12.3.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico en que propón a desestimación das alegacións formuladas e a correlativa aprobación do deslindamento solicitado. En síntese, a proposta fundaméntase na validez da aprobación asemblearia do 11.12.2025, como ratificación das actuacións sobre o terreo o 13.11.2025; a formalización do acordo no acto de conciliación ante o Xulgado de Paz de Guitiriz o 16.1.2026; en que os terreos obxecto do deslindamento están recoñecidos como monte veciñal en man común por resolución do Xurado MVMC.
Finalmente, a proposta incorpora a nova cartografía dos montes, na cal se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Santo Estevo: 439,09 ha.
• MVMC Mariz: 762,27 ha.
• MVMC Santa Leocadia: 470,85 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_125AV.
MVMC Augas Mestas (expediente 32_73), pertencente aos veciños da parroquia de Augas Mestas; e MVMC Lor-marxe esquerda (expediente 31_73), pertencente aos veciños dos lugares de Carballo de Lor, Margaride, O Pacio, Paradela, Pozos, Riomaior, Sobrado, A Trampilla e O Xanelo, na parroquia de Quintá de Lor. Ambos os montes están no concello de Quiroga.
O 12.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Augas Mestas, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. Para acreditalo, achega a acta de deslindamento, os planos topográficos, a acta de conciliación e certificación de aprobación das asembleas de ambas as comunidades.
O 27.2.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Augas Mestas: 454,51 ha.
• MVMC Lor-marxe esquerda: 496,62 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_130AV.
MVMC Lombo Gordo, Chao de Lagorzas, Curces e Cabaleiro (expediente 60_78), pertencente aos veciños da parroquia de Rúa; MVMC Burgo de Trasbar (expediente 55_78), pertencente aos veciños da parroquia de Castelo (San Xiao). Ambos os montes están no concello de Cervo.
O 15.12.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Rúa para ao deslindamento do seu monte respecto do MVMC Burgo de Trasbar e MVMC Rañadoira, Pena Grande e Pico da Viola, da parroquia de San Román de Vilaestrofe.
Tras o requirimento de emenda e a concesión de prórroga, a comunidade promotora non achegou a documentación preceptiva respecto do deslindamento co monte de Vilaestrofe. En consecuencia, mediante a Resolución do Departamento Territorial do 11.5.2026 declarouse a desistencia parcial do procedemento, exclusivamente respecto á liña co MVMC Rañadoira, Pena Grande e Pico da Viola, continuándose a tramitación formal para o linde entre os montes das comunidades de Rúa e de Castelo.
O 24.3.2026 José Antonio Fraga Valle presentou un escrito de alegacións en que solicita a condición de interesado e manifesta a súa oposición ao deslindamento pola posible afectación da parcela 1243 do polígono 73, da que é titular.
O 16.4.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe en que propón a desestimación das alegacións de José Antonio Fraga Valle, ao constatar tecnicamente que a parcela 1243 do polígono 73 non está afectada polo deslindamento proposto, ao non existir un MVMC clasificado nese tramo. O informe incorpora a cartografía resultante e fixa a superficie dos montes tras o deslindamento:
• MVMC Lombo Gordo, Chao Lagorzas, Cruces e Cabaleiro: 853,32 ha.
• MVMC Burgo de Trasbar: 278,78 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
– Procedemento de deslindamento núm. 2025_121AV.
MVMC Licencias e Toxoso (expediente 86_79), pertencente aos veciños da parroquia de Corvelle, no concello de Vilalba; e MVMC Portela e Toxoso (expediente 116_77), pertencente aos veciños da parroquia de Castromaior, no concello de Abadín.
O 14.12.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Corvelle, relativa ao deslindamento levado a cabo por avinza coa comunidade de Castromaior para establecer a liña divisoria entre os seus respectivos montes veciñais. O 4.2.2026, a comunidade promotora achegou unha mellora voluntaria da solicitude. Posteriormente, en resposta ao requirimento de emenda efectuado por esta Administración, as comunidades de Corvelle e Castromaior presentaron, o 9.3.2026 e 13.3.2026 respectivamente, as preceptivas certificacións dos acordos de aprobación adoptados polas súas correspondentes asembleas xerais.
O 17.3.2026 o Servizo de Montes emitiu un informe técnico, que incorpora a nova cartografía, en que se detallan as modificacións derivadas do deslindamento acordado e se especifican as seguintes superficies resultantes:
• MVMC Licencias e Toxoso: 330,44 ha.
• MVMC Portela e Toxoso: 475,52 ha.
Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.
Contra estes acordos poderá interpoñerse, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Lugo, 29 de xuño de 2026
María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo
