De conformidade co establecido no artigo 16 da Orde desta consellería, do 12 de maio de 2011 (DOG do 20 de maio), pola que se regulan os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia e se establece o procedemento de incorporación de novos centros á Rede de centros plurilingües de Galicia e se regula o Programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) e o bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach) para o curso 2026/27, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Autorizar os centros plurilingües e os centros autorizados para impartir o programa Plurinfantil no segundo ciclo da educación infantil que se relacionan no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non consideraren oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm.114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO I
Centros autorizados Rede de centros plurilingües 2026-27
|
Cód. do centro |
Nome do centro |
Idioma |
Etapas autorizadas |
Materia |
|
36004460 |
CEIP de Ardán |
Inglés |
Educación primaria |
Educación Plástica e Visual |
|
15023041 |
CEIP de Galán |
Inglés |
Educación primaria |
Educación Plástica e Visual |
|
36015068 |
CEIP Balaídos |
Inglés |
Educación primaria |
Educación Plástica e Visual |
|
36001690 |
CEIP Antonio Blanco Rodríguez |
Inglés |
Educación primaria |
Educación Plástica e Visual |
|
27009608 |
CEIP O Salvador |
Inglés |
Educación primaria |
Educación Plástica e Visual |
|
36020374 |
IES Valadares |
Inglés |
Educación secundaria obrigatoria |
Educación Física |
ANEXO II
Centros autorizados Plurinfantil 2026-27
|
Cód. do centro |
Nome do centro |
Idioma |
Etapas autorizadas |
|
36004460 |
CEIP de Ardán |
Inglés |
Educación infantil |
|
27000198 |
CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla |
Inglés |
Educación infantil |
|
32009165 |
CEIP Plurilingüe As Mercedes |
Inglés |
Educación infantil |
