DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39765

IV. Oposicións e concursos

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2026 pola que se nomea persoal laboral fixo en virtude do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III de persoal laboral fixo, convocado mediante a Resolución do 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

O 26 de novembro de 2024 publicouse no DOG a Resolución do 19 de novembro de 2024, da Comisión de Selección, coas puntuacións definitivas do baremo correspondente ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, nos distintos grupos.

O 13 de xullo de 2026 publicouse no DOG a Resolución do 2 de xullo 2026, da Comisión de Selección encargada de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III de persoal laboral fixo da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, a súa orde de prelación e a proposta de nomeamento.

Tendo en conta que o número 5 da base III da Resolución do 28 de decembro de 2022 determina que:

A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións do concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

A orde de prelación dos aspirantes, en función das puntuacións obtidas neste concurso, publicarase na web do Inega.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se unha persoa se presenta a varias prazas e obtén a máxima puntuación en máis dunha, deberá optar por unha delas renunciar ás outras no prazo de dez (10) días hábiles tras a publicación da prelación anteriormente citada. Se non o fixer, entenderase que renuncia a todas as prazas.

No caso de renuncia a unha praza por parte dun participante, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poden ser nomeadas persoal laboral fixo.

Cómpre considerar igualmente o disposto no artigo 11 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece as seguintes regras especiais no desenvolvemento dos procesos derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:

1. Coa finalidade de acadar unha efectiva redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, unha mesma persoa aspirante non poderá ser proposta para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou persoal laboral fixo en máis dunha escala, corpo ou categoría profesional tanto na Administración xeral como nas entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico. Neste caso, a persoa aspirante deberá comunicarlle ao órgano convocante a súa opción e será excluída doutro proceso, e o seu lugar será ocupado pola seguinte persoa aspirante, consonte a orde de prelación derivada das puntuacións do proceso selectivo. A dita exclusión non suporá dereito a compensación.

2. Coa mesma finalidade que a indicada no punto anterior, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos previstos nesta lei deberán permanecer en servizo activo na dita escala, corpo ou categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.

En aplicación da citada Lei 5/2022 e das bases da convocatoria, os aspirantes José Ángel Abad Sánchez e María Teresa Ortiz de Cosca Cao, Yolanda Nélida Zotes Tarrío, Pilar Pérez Pazos, presentan escritos en que os aspirantes manifestan a súa opción.

Polo anteriormente exposto, no uso das facultades sinaladas nas bases, considerando a proposta realizada polo tribunal de valoración e que o número non supera o de prazas convocadas,

RESOLVO:

1. Nomear persoal laboral fixo da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) ás persoas que se relacionan na proposta formulada pola Comisión de Selección (anexo) tras a superación do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso.

2. Notificarlles ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que deberán formalizar o seu contrato no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para asegurar a cobertura das vacantes, de producirse renuncias por parte das persoas seleccionadas antes da formalización do contrato, ou de non chegar este a formalizarse por calquera causa imputable á persoa seleccionada, o órgano convocante poderá requirir, por orde de puntuación, as persoas seguintes para a formalización dos correspondentes contratos laborais.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nomeamento como persoal laboral fixo. Proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021. Axencia Instituto Enerxético de Galicia

Grupo I, categoría 4. Técnico/a de grupo I/enxeiro industrial.

Número de prazas: 1.

Nome

NIF

Total puntuación

José Ángel Abad Sánchez

***6146**

100,00

Listaxe de suplencias.

Nome

NIF

Total puntuación

Carolina Pantín Portela

***6355**

75,80

Manuel Benigno Suárez Graña

***3758**

30,00

Grupo I, categoría 4. Técnico/a de grupo I/enxeñaría/física.

Número de prazas: 1.

Nome

NIF

Total puntuación

María Rosa Núñez Pardo de Vera

***8997**

87,50

Listaxe de suplencias.

Nome

NIF

Total puntuación

Carolina Pantín Portela

***6355**

75,80

Roberto Vieito Raña

***3839**

46,25

Manuel Benigno Suárez Graña

***3758**

30,00

Grupo I, categoría 4. Técnico/a I de apoio á certificación enerxética de edificios.

Número de prazas: 1.

Nome

NIF

Total puntuación

Carolina Pantín Portela

***6355**

75,80

Listaxe de suplencias.

Nome

NIF

Total puntuación

Manuel Benigno Suárez Graña

***3758**

30,00

Grupo I, categoría 4. Técnico/a de grupo I/economía.

Número de prazas: 2.

Nome

NIF

Total puntuación

Yolanda Nélida Zotes Tarrío

***9798**

91,50

Rosa María Barreiro Mera

***5467**

69,33

Listaxe de suplencias.

Nome

NIF

Total puntuación

Pilar Pérez Pazos

***2116**

55,58

María Victoria Rosende Otero

***1677**

51,38

Beatriz Alcalde García

***1078**

37,88

Lorena Alonso Suárez

***9493**

31,47

Grupo I, categoría 4. Técnico/a de grupo I/xurídico.

Número de prazas: 1.

Nome

NIF

Total puntuación

Zoila Fernández Maceiras

***8338**

88,20

Listaxe de suplencias.

Nome

NIF

Total puntuación

Rosa María Díaz de Burgos

***0933**

67,18

Silvia Rodríguez Carou

***6929**

51,62

Juan Manuel García Sexto

***9229**

50,13

María Cristina Reza Conde

***9785**

46,00

Juan José Martínez Villaverde

***1068**

44,44

Ana Belén Abella López

***7578**

39,03

Grupo II, categoría 7. Técnico/a I control financeiro e contabilidade.

Número de prazas: 1.

Nome

NIF

Total puntuación

José Antonio Vázquez Rodríguez

***6892**

36,42

Grupo III, categoría 91. Técnico/a mantemento de equipos e sistemas.

Número de prazas: 1.

Nome

NIF

Total puntuación

Jaime Eduardo Iglesias Paz

***0300**

68,00

Listaxe de suplencias.

Nome

NIF

Total puntuación

Darío Román Gómez Sánchez

***1054**

55,50