DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39770

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, de modificación da Resolución do 18 de xuño de 2026 pola que se convoca, para a súa provisión polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de persoal de xestión e servizos.

Pola Resolución do 18 de xuño de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, anunciada no DOG núm. 119, do 29 de xuño, convocouse, para a súa provisión polo procedemento de concurso de méritos, un posto vacante de persoal de xestión e servizos (xefatura de sección do Servizo de Mantemento da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

Advertido un erro na citada resolución, e de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Modificar a alínea a) da base terceira, de xeito que onde di:«...das categorías da rama administrativa dos grupos A1, A2 ou C1», debe dicir: «...das categorías dos grupos de clasificación A1, A2 ou C1».

Segundo. Conceder un novo prazo de quince días hábiles para a presentación de solicitudes, contado desde o día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de xullo de 2026

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras