DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Reciclaje Ambiental Lesta, S.L. para un vertedoiro de residuos non perigosos no concello de Ordes (expediente 2016-IPPC-I-44).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: vertedoiro de residuos non perigosos en Ordes

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Reciclaje Ambiental Lesta, S.L.

Número de rexistro AAI: 2016-IPPC-44_389

Concello: Ordes (A Coruña)

Expediente: 2016-IPPC-I-44

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada (empregando o código de busca: 2016-IPPC-I-44) ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade