DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39739

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2026 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de decembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026, ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

missing image file

No Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 1 de abril de 2022, publicouse a Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F).

O crédito existente para a concesión das axudas previstas na dita orde foi ampliado mediante a Orde do 9 de xaneiro de 2023, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 10, do 16 de xaneiro), por importe de 7.574.288,47 €.

O crédito dispoñible foi ampliado por segunda vez mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia núm. 204, do 26 de outubro de 2023, da Orde do 19 de outubro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de marzo de 2022, por un importe total de 9.074.947,09 €.

De conformidade co establecido no artigo 4.2 da orde reguladora das axudas, quedando menos de tres meses para a finalización da vixencia da convocatoria (30 de abril de 2024) e tras constatar que na actividade 1 (achatarramento) existía lista de agarda mentres que o resto das partidas orzamentarias non esgotaron o crédito asignado, acordouse unha redistribución do orzamento a favor desta liña, quedando sen efecto as porcentaxes establecidas no artigo 7.4 do Real decreto 983/2021, do 16 de novembro. Os criterios para esta redistribución recóllense na Orde do 6 de marzo de 2024 (DOG núm. 54, do 15 de marzo) e a concreción do importe finalmente asignado a esta, na Resolución do 22 de marzo de 2024, do director xeral de Mobilidade.

A través da Orde do 24 de outubro de 2024 foi aprobada unha terceira ampliación do crédito dispoñible para estas subvencións, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 211, do 31 de outubro de 2024, que incrementou os fondos destinados ás axudas establecidas na Orde do 30 de marzo de 2022 cunha dotación adicional de 1.358.883,13 €.

Finalmente, acordouse unha cuarta ampliación do crédito de acordo co disposto na Orde do 2 de abril de 2025 (publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril) por un importe total de 4.005.992,37 € con fondos propios do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, segundo o previsto no Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e se adoptan medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.

En cumprimento do artigo 27, número 1, da Orde do 30 de marzo de 2022, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes debe dar publicidade no Diario Oficial de Galicia ás subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria, mediante a relación dos beneficiarios e o importe de axuda outorgado. Con todo, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000,00 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería (https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/es/transporte-de-viaxeiros/axudas-e-subvencions?content=axuda_00012.xml).

As axudas concedidas desde a entrada en vigor da subvención publicáronse a través das seguintes resolucións:

– Na Resolución do 1 de marzo de 2023 publicáronse as axudas concedidas ata o 31.12.2022 (DOG núm. 48, do 9 de marzo).

– Na Resolución do 9 de maio de 2023 modificouse a Resolución do 1 de marzo de 2023, onde se publicaron as axudas concedidas ata o 31.12.2022 (DOG núm. 97, do 24 de maio).

– Na Resolución do 5 de maio de 2023 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.1.2023 e o 30.4.2023 (DOG núm. 91, do 12 de maio).

– Na Resolución do 5 de xullo de 2023 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.5.2023 e o 30.6.2023 (DOG núm. 134, do 14 de xullo).

– Na Resolución do 6 de outubro de 2023 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.7.2023 e o 30.9.2023 (DOG núm. 196, do 16 de outubro).

– Na Resolución do 11 de xaneiro de 2024 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.10.2023 e o 31.12.2023 (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro).

– Na Resolución do 3 de abril de 2024 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.1.2024 e o 31.3.2024 (DOG núm. 74, do 15 de abril).

– Na Resolución do 3 de xullo de 2024 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.4.2024 e o 30.6.2024 (DOG núm. 134, do 11 de xullo).

– Na Resolución do 3 de outubro de 2024 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.7.2024 e o 30.9.2024 (DOG núm. 200, do 16 de outubro).

– Corrección de erros da Resolución do 3 de outubro de 2024, onde se publicaron as axudas concedidas entre o 1.7.2024 e o 30.9.2024 (DOG núm. 214, do 6 de novembro).

– Na Resolución do 9 de xaneiro de 2025 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.10.2024 e o 31.12.2024 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro).

– Na Resolución do 19 de xuño de 2025 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.1.2025 e o 31.5.2025 (DOG núm. 126, do 3 de xullo).

– Na Resolución do 9 de setembro de 2025 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.6.2025 e o 31.8.2025 (DOG núm. 184, do 24 de setembro).

– Na Resolución do 5 de decembro de 2025 publicáronse as axudas concedidas entre o 1.9.2025 e o 30.11.2025 (DOG núm. 248, do 24 de decembro).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas desde o 1 de decembro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026, para o achatarramento de vehículos, adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos, implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos e adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas desde o 1 de decembro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026 para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F)

A seguir, indícanse os importes totais outorgados ou con renuncia ou perda de dereito por solicitude, identificada a través do seu código de expediente por motivos de transparencia e para asegurar a identificación e seguimento dela. Distínguese entre as solicitudes concedidas con cargo aos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, no marco do PRTR, e aquelas outorgadas con cargo aos orzamentos xerais do Estado en virtude do disposto no título IV do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño.

Con cargo aos fondos MRR

Actuación de achatarramento de vehículos (código de procedemento IF318B):

Código do expediente

NIF

Beneficiaria

Provincia

Importe concedido

Importe da renuncia ou perda de dereito

1

IF318B_2022-0442

B94104585

Gallaecia Transportes Logística, S.L.

Pontevedra

-

20.000,00 €

2

IF318B_2022-0754

B36265262

Frutas Taboada, S.L.

Pontevedra

-

7.500,00 €

3

IF318B_2023-0004

B27460492

Transportes Pérez Sarria, S.L.

Lugo

-

40.000,00 €

4

IF318B_2023-0008

B27140375

Maforba, S.L.U.

Pontevedra

-

20.000,00 €

5

IF318B_2023-0195

B36623932

Martínez Rosa, S.L.

Pontevedra

-

50.000,00 €

6

IF318B_2023-0297

***9228**

Delfín Pérez Troncoso

Ourense

-

10.000,00 €

7

IF318B_2023-0319

B27178003

Autocares Rivas Rodríguez, S.L.

Lugo

-

12.000,00 €

8

IF318B_2024-0009

***2757**

Juan Fulgencio Sandoval Molero

Pontevedra

-

10.000,00 €

9

IF318B_2024-0060

B27105741

Autos Lozano, S.L.

Lugo

-

12.000,00 €

10

IF318B_2024-0098

***3127**

Faustino Montero Díaz

Pontevedra

-

5.000,00 €

11

IF318B_2024-0178

B94035557

Trans Agolada 2011, S.L.

Pontevedra

-

20.000,00 €

12

IF318B_2024-0188

***2264**

José Manuel Varela Vázquez

A Coruña

-

20.000,00 €

13

IF318B_2024-0191

B15104839

Maderas Regueiro, S.L.

A Coruña

-

10.000,00 €

14

IF318B_2024-0196

***7999**

Felisindo Meno Barja

Ourense

-

20.000,00 €

15

IF318B_2024-0199

B27342740

Construlugo 2006, S.L.

Lugo

-

30.000,00 €

16

IF318B_2024-0218

B36559672

Transportes Manuel Miguélez e Hijos, S.L.

Pontevedra

-

20.000,00 €

17

IF318B_2024-0228

B36194579

M. Gesteira Vázquez, S.L.

Pontevedra

-

5.000,00 €

18

IF318B_2024-0235

***1949**

Manuel Trigo Trigo

A Coruña

-

16.642,26 €

Total

328.142,26 €

Actuación de adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono (código de procedemento IF318C):

Código do expediente

NIF

Beneficiaria

Provincia

Importe concedido

Importe da renuncia ou perda de dereito

1

IF318C_2023-0002

B27499201

Maldeasa, S.L.

Lugo

-

40.000,00 €

2

IF318C_2023-0026

B15074222

Autos Comparado, S.L.

A Coruña

-

60.000,00 €

3

IF318C_2024-0007

B15024458

Autopullmans Travidi, S.L.

A Coruña

-

180.000,00 €

4

IF318C_2024-0020

B70952700

Bus Valencia Oeste, S.L.

Lugo

-

158.147,74 €

5

IF318C_2024-0021

A15066814

Empresa Gilsanz, S.A.

A Coruña

-

82.050,00 €

6

IF318C_2024-0022

A36340982

Arosa Bus, S.A.

Pontevedra

-

48.000,00 €

7

IF318C_2024-0030

A15002637

Hijos de Rivera, S.A.

A Coruña

-

151.200,00 €

Total

909.397,74 €

Con cargo aos orzamentos xerais do Estado

Actuación de achatarramento de vehículos (código de procedemento IF318B):

Código do expediente

NIF

Beneficiaria

Provincia

Importe concedido

Importe da renuncia ou perda de dereito

1

IF318B_2024-0233

B32009078

Maderas La Cigarrosa, S.L.

Ourense

10.000,00 €

-

2

IF318B_2024-0112

B70325311

Serviagro Galicia, S.L.

A Coruña

-

5.000,00 €

3

IF318B_2024-0114

***8543**

José Miguel Sabarís Chao

Pontevedra

-

10.000,00 €

4

IF318B_2024-0119

B94198181

Ecotrucks Express, Sociedad Limitada

Pontevedra

-

10.000,00 €

5

IF318B_2024-0130

A27007780

Autobuses Urbanos de Lugo, S.A.

Lugo

-

12.000,00 €

6

IF318B_2024-0136

B27483494

North Frío Express, S.L.

Pontevedra

-

10.000,00 €

7

IF318B_2024-0141

A15022551

Rías Altas, S.A.

Lugo

-

12.000,00 €

8

IF318B_2024-0170

B27185578

Maderas Maradona, S.L.

Lugo

-

10.000,00 €

Total

10.000,00 €

69.000,00 €

Actuación de adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono (código de procedemento IF318C):

Código do expediente

NIF

Beneficiaria

Provincia

Importe concedido

Importe da renuncia ou perda de dereito

1

IF318C_2024-0017

B36475945

Novas Rías, S.L.

Pontevedra

-

120.000,00 €

Total

120.000,00 €

No relativo ás actividades de retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos (código de procedemento IF318D), de implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos (código de procedemento IF318E) e de adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias (IF318F), non foron concedidas axudas para estas actuacións no período indicado.