Antecedentes:
A Xunta de Goberno Local do Concello de San Cibrao das Viñas, con data do 26 de novembro de 2024, aprobou provisionalmente o estudo informativo do trazado do plan sectorial da rede viaria no ámbito do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, cruzamento da vía 5 coa vía 1.
O Concello de San Cibrao das Viñas, cumpridos os trámites previstos na normativa de estadas de Galicia achegou expediente completo e propuxo continuar coa tramitación para a súa aprobación definitiva.
En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,
RESOLVO:
Publicar o Acordo Consello da Xunta de Galicia, do 25 de maio de 2026, polo que se aproban definitivamente o estudo informativo do trazado do plan sectorial da rede viaria no ámbito do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, cruzamento da vía 5 coa vía 1, cos efectos previstos no artigo 55.bis do Regulamento xeral de estradas de Galicia, e o expediente correspondente aos trámites, de información pública e informe das administracións afectadas, que se recolle como anexo a esta resolución.
Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá formularse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, se poida formular un recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para a interposición do recurso de reposición, os suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración deberán empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal/ ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2026
María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Acordo do 25 de maio de 2025 do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba definitivamente o estudo informativo do trazado do plan sectorial da rede viaria no ámbito do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, cruzamento da vía 5 coa vía 1, e o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas.
1. Aprobar definitivamente o estudo informativo do trazado do plan sectorial da rede viaria no ámbito do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, cruzamento da vía 5 coa vía 1, cos efectos previstos no artigo 55.bis do Regulamento xeral de estradas de Galicia.
O Concello de San Cibrao das viñas deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no estudo informativo, no prazo dun ano desde a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de aprobación definitiva e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión, ao abeiro do previsto no artigo 23.1 da Lei 8/2013 de estradas de Galicia e no artigo 59.2 do Regulamento xeral de estradas de Galicia.
2. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas do estudo informativo do trazado do plan sectorial da rede viario no ámbito do polígono industrial de San Cibrao das Viñas, cruzamento da vía 5 coa vía 1.
