No Diario Oficial de Galicia número 98, do 28 de maio de 2026, publícase a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).
A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2026, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
b) Liña 2: prevención e atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 11 de maio de 2026 e dirixiranse, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do ámbito territorial correspondente, neste caso a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, e procedeuse á emisión do requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación ao abeiro do disposto no artigo 12.1.
O parágrafo segundo do dito artigo 12.1 da Orde do 11 de maio de 2026 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes se publicará no Diario Oficial de Galicia, o cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A), emitido pola Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Ourense, o 8 de xullo de 2026, por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI437A 2026).
2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no requirimento notificado a través desta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI437A-Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres-Sede electrónica-Xunta de Galicia.
4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación destas solicitudes, poderán dirixirse á unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense, a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (Ourense: 988 38 67 99), ou presencialmente.
Ourense, 9 de xullo de 2026
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI437A 2026)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 8 de xullo de 2026.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Documentación requirida |
|
SI437A-2026-00000001-03 |
Asociación Larume. Axencia de igualdade |
G72568454 |
Anexo III Cubrir correctamente o enderezo da páxina web |
|
SI437A-2026-00000002-03 |
Asociación de Viúvas María Andrea |
G32014334 |
Anexo II Debidamente asinado Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente cuberto e asinado |
|
SI437A-2026-00000007-03 |
Asociación Mulleres Rurais e de Consumo 25 de Xullo |
G32282949 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000009-03 |
Asociación Mulleres Rurais País do Riós |
G32284747 |
Anexo II Debidamente asinado Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente asinado |
|
SI437A-2026-00000011-03 |
Asociación de Mulleres Rurais O Patio de Melo |
G32411670 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000012-03 |
AAMMRR Límicas |
G32501066 |
Anexo III Memoria de actuacións para a liña 2: revisar e modificar a columna de datas de inicio e de fin das actuacións Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000015-03 |
Asociación San Salvador da Roza |
G32292807 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente asinado |
|
SI437A-2026-00000016-03 |
Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Sapo |
G32387698 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000017-03 |
Asociación de Mulleres Rurais Toural |
G32399792 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000021-03 |
Asociación MMRR San Espiñoso |
G32292435 |
Compromiso de coordinación de entidade co territorio debidamente cuberto e asinado segundo o artigo 14.1.1.c) |
|
SI437A-2026-00000024-03 |
Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel |
G32176083 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente asinado |
|
SI437A-2026-00000026-03 |
AAMMRR Feces de Abaixo As Raiotas |
G32502353 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000027-03 |
Asociación Mulleres Rurais O Colibrí |
G75547497 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000028-03 |
Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños |
G32303877 |
Anexo I O importe total dos cadros de «Programa de financiamento», «Custo total da actuación» e «Orzamento de gastos» deben coincidir Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente asinado |
|
SI437A-2026-00000029-03 |
Asociación Mulleres Rurais Entre Nós |
G32233512 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000032-03 |
Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda |
G32354227 |
Anexo II Debidamente asinado |
|
SI437A-2026-00000033-03 |
Asociación Centro de Animación Rural Mulleres de A Veiga |
G32218612 |
Anexo I O importe dos cadros de «Subvencion solicitada» e «Programa de financiamento» deben coincidir Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000034-03 |
Asociación Mulleres Rurais O Cruceiro |
G32258881 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000035-03 |
Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Ouro |
G32480675 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente asinado |
|
SI437A-2026-00000036-03 |
Asociación Mulleres Rurais Pegureiras |
G32500357 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000037-03 |
Asociación Participacción |
G32477127 |
Anexo II Debidamente cuberto e asinado |
|
SI437A-2026-00000038-03 |
Asociación Mulleres Rurais Arracada |
G32305377 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000039-03 |
Asociación Mulleres Rurais Xestas e Toxos |
G32245342 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000040-03 |
Asociación Cultural Os Tres Reinos |
G32345274 |
Anexo III Cubrir correctamente o enderezo da páxina web. Memoria de actuacións para a liña 2: cubrir coherentemente a «Descrición detallada dos contidos e metodoloxía de cada actuación» Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000041-03 |
Asociación Mulleres Rurais As Temoeiras |
G32367542 |
Anexo II Debidamente asinado Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I |
|
SI437A-2026-00000042-03 |
Asociación Mulleres Rurais As Xeitosiñas |
G32288953 |
Anexo III Modificar as actuacións tendo en conta as accións subvencionables establecidas no artigo 5.2. De ser preciso, modificar a desagregación dos gastos contida no anexo I Compromiso de coordinación da entidade co territorio debidamente asinado |
|
SI437A-2026-00000043-03 |
Asociación de Empresarias e Profesionales de la provincia de Ourense |
G32104663 |
Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito Anexo I Indica o importe en cofinanciamento doutras administracións. Este dato non coincide coa declaración de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto ou concepto Cubrir debidamente este punto tendo en conta o artigo 3.3 |
