No Diario Oficial de Galicia número 98, do 28 de maio de 2026, publícase a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).
A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2026, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e de consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
b) Liña 2: prevención e atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 11 de maio de 2026 e dirixiranse, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do ámbito territorial correspondente, neste caso a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, procedendo á emisión do requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación ao abeiro do disposto no artigo 12.1.
O parágrafo segundo do dito artigo 12.1 da Orde do 11 de maio de 2026 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes se publicará no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A), emitido pola Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade o 8 de xullo de 2026, por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI437A 2026).
2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no requirimento notificado a través desta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI437A-Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres-Sede electrónica-Xunta de Galicia.
4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación destas solicitudes, poderán dirixirse á unidade de igualdade do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (Vigo-Pontevedra: 986 81 76 58), ou presencialmente.
Vigo, 9 de xullo de 2026
Mª Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI437A 2026)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 8 de xullo de 2026.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Documentación requirida |
|
SI437A-2026-00000001-05 |
Asociación de Amas de Casa O Noso Lar |
G36015485 |
Anexo I: o «Custo total da actuación», o total do «Programa de financiamento» e o total do «Orzamento de gastos» deben coincidir |
|
SI437A-2026-00000002-05 |
Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo |
G36928646 |
Anexo II expedido e asinado electronicamente pola Secretaría Compromiso de coordinación da entidade co territorio, segundo o modelo dispoñible, debidamente cuberto e asinado (artigo 14.1.1.c) |
|
SI437A-2026-00000003-05 |
Asociación de Mulleres Progresistas |
G36657336 |
Compromiso de coordinación da entidade co territorio, segundo o modelo dispoñible, debidamente cuberto e asinado (artigo 14.1.1.c) Acreditación de que a páxina web está actualizada segundo o disposto no artigo 14.1.1.f) |
|
SI437A-2026-00000006-05 |
Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui |
G94194701 |
Acreditación de que a páxina web está actualizada segundo o disposto no artigo 14.1.1.f) |
|
SI437A-2026-00000007-05 |
Asociación de Mulleres Rurais Tudenses |
G26688358 |
Acreditación de que a páxina web está actualizada segundo o disposto no artigo 14.1.1.f) |
|
SI437A-2026-00000009-05 |
Asociación Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico |
G36380301 |
Anexo II expedido e asinado electronicamente pola Secretaría |
|
SI437A-2026-00000011-05 |
Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres |
G75632000 |
Anexo II expedido e asinado electronicamente pola Secretaría |
|
SI437A-2026-00000013-05 |
Mulleres Salgadas-Asoc. Galega de Mulleres do Mar |
G70518972 |
Emenda do requisito recollido no artigo 4.1.c): ter presentado a memoria de actividades relativa a, como mínimo, un dos últimos anos, desde o ano 2023 ao 2025, no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) Compromiso de coordinación da entidade co territorio, segundo o modelo dispoñible, debidamente cuberto e asinado (artigo 14.1.1.c) |
|
SI437A-2026-00000015-05 |
Asociación de Mulleres Pedra da Vella |
G36837433 |
Anexo II expedido e asinado electronicamente pola Secretaría Compromiso de coordinación da entidade co territorio, segundo o modelo dispoñible, debidamente cuberto e asinado (artigo 14.1.1.c) |
|
SI437A-2026-00000016-05 |
Asociación Círculo Yoga |
G24769499 |
Anexo II expedido e asinado electronicamente pola Secretaría |
|
SI437A-2026-00000017-05 |
Asociación Nós Mesmas |
G27718907 |
Anexo I: o «Custo total da actuación», o total do «Programa de financiamento» e o total do «Orzamento de gastos» deben coincidir Anexo II expedido e asinado electronicamente pola Secretaría |
|
SI437A-2026-00000018-05 |
Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel |
G36568137 |
Anexo II expedido e asinado electronicamente pola Secretaría |
