Antecedentes:
1. Con data do 18 de xaneiro de 2017, o daquela xefe territorial da Coruña, por delegación da conselleira do Mar, autorizou a transmisión inter vivos da terceira parte das concesións administrativas e das bateas que a continuación se indican, de titularidade de José Manuel George Suárez Lijó a favor de Francisca Suárez Lijó e de Juan Nepomuceno Suárez Lijó: López VIII (localizada na cuadrícula número 15 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira), Mier I (localizada na cuadrícula número 111 do polígono H do distrito marítimo de Caramiñal), S.T.V. II (localizada na cuadrícula número 10 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira), Suárez I (localizada na cuadrícula número 40 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira), Suárez II (localizada na cuadrícula número 39 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira) e Suárez III (localizada na cuadrícula número 52 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira).
A dita autorización quedou condicionada á presentación do documento notarial da transmisión no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). A dita Orde do 18 de xaneiro de 2017 foi publicada no DOG núm. 33, do 16 de febreiro.
2. Con data do 16 de marzo de 2017, o notario José Prieto Luengo autorizou a escritura pública, con número 431 de protocolo, pola que José Manuel George Suárez Lijó transmite a Francisca e Juan Nepomuceno Suárez Lijó, que adquiren en pro indiviso e por partes iguais e con carácter privativo os dereitos que ao vendedor lle correspondían nos ditos viveiros de cultivos mariños.
3. Con data do 5 de maio de 2026, Suárez Lijó, F.J., Sociedade Civil presenta a escritura pública outorgada o 24 de decembro de 2025, ante o notario José Prieto Luengo, con número 2872 de protocolo, pola que se rectifica a referida escritura pública autorizada o 16 de marzo de 2017, baixo o número 431 de protocolo, e na cal se fai constar que: «Don José Manuel George Suárez Lijó transmitiu a favor de doña Francisca e de don Juan Nepomuceno Suárez Lijó, que compraban con carácter privativo e por iguais partes indivisas, unha terceira parte indivisa da sociedade civil denominada Suárez Lijó, Juan N., Francisca e José Manuel, S.C. I., que comportaba a propiedade dos viveiros de cultivos mariños López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III».
Asemade, presenta escritura pública outorgada o 24 de marzo de 2026, ante o notario José Prieto Luengo, con número 643 de protocolo, pola cal se modifica a denominación social da sociedade civil Suárez Lijó, Juan N., Francisca e José Manuel, S.C. I., que pasa a denominarse Suárez Lijó, F.J., Sociedade Civil.
Con base no exposto, solicítalle á Consellería do Mar a rectificación dos erros materiais existentes na Orde do 18 de xaneiro de 2017 e a inscrición do pleno dominio da concesión dos viveiros López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III a favor da sociedade civil denominada Suárez Lijó, F.J., Sociedade Civil, provista do NIF J15204746.
4. Con data do 24 de abril de 2026, o rexistrador titular do Rexistro da Propiedade de Noia e do seu distrito hipotecario certifica que as concesións administrativas dos viveiros de cultivos mariños Mier I, López VIII, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III (predios rexistrais número 13870 da Pobra do Caramiñal; 37299 de Ribeira; 37300 de Ribeira; 37301 de Ribeira; 37302 de Ribeira; 37303 de Ribeira) quedaron inscritos a favor de Suárez Lijó, F.J., Sociedade Civil, por cambio de denominación social, logo de rectificación das inscricións primeira e segunda de dominio.
5. A interesada tamén presenta certificación do Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, emitida o 3 de xullo de 2026, na cal consta que a sociedade Suárez Lijó F.J., Sociedade Civil continúa vixente nese rexistro, con personalidade xurídica, e que o seu domicilio social é o lugar de Portomouro 4, Abanqueiro, Boiro e os seus administradores solidarios son Francisca Suárez Lijó e Juan Nepomuceno Suárez Lijó.
Consideracións legais e técnicas:
1. De conformidade co disposto no artigo 3.2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a competencia para a resolver sobre as rectificacións de erros materiais, de feito ou aritméticos, correspóndelle ao propio órgano administrativo que ditou o acto.
A Orde do 18 de xaneiro de 2017 foi ditada polo daquela xefe territorial da Coruña, por delegación da conselleira do Mar. Por conseguinte, correspóndelle á directora territorial da Coruña, por delegación da conselleira do Mar, resolver sobre esta rectificación de erros materiais.
2. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dispón, no seu artigo 109.2, o seguinte: «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».
3. Na Orde do 18 de xaneiro de 2017, ditada polo daquela xefe territorial da Coruña, por delegación da conselleira do Mar, resólvese autorizar a transmisión inter vivos a favor de Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (NIF ***0024**) dunha terceira parte das concesións administrativas e das bateas López VIII (localizada na cuadrícula número 15 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira), Mier I (localizada na cuadrícula número 111 do polígono H do distrito marítimo de Caramiñal), S.T.V. II (localizada na cuadrícula número 10 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira), Suárez I (localizada na cuadrícula número 40 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira), Suárez II (localizada na cuadrícula número 39 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira) e Suárez III (localizada na cuadrícula número 52 do polígono B do distrito marítimo de Ribeira).
Asemade, na dita Orde do 18 de xaneiro de 2017 identifícanse os actuais titulares da concesión dos referidos viveiros e os novos titulares:
«Actuais titulares: Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) 1/3 privativo; Juan Nepomuceno Suárez Lijó (NIF ***0024**) 1/3 privativo e José Manuel George Suárez Lijó (***3448**) 1/3 privativo.
Novos titulares: Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) 1/2 privativo e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (NIF ***0024**) 1/2 privativo».
Examinados os expedientes, advírtese un erro material na dita orde, en concreto no obxecto da autorización e na identificación dos actuais titulares da concesión e dos novos titulares.
Así, os actuais titulares indicados na Orde de 18 de xaneiro de 2017 non se corresponden coa persoa adquirente que figura na escritura pública de compravenda outorgada o 28 de setembro de 1989 ante o notario Francisco Javier Sanz Valdés, con número de protocolo 2892, e na Orde do conselleiro de Pesca ditada o 27 de novembro de 1989 pola que se autorizaba o cambio de dominio dos viveiros flotantes Mier I, S.T.V. II, López VIII, Suárez I, Suárez II e Suárez III, publicada no DOG núm. 17, do 24 de xaneiro de 1990, onde consta como concesionaria dos ditos viveiros a entidade Suárez Lijó, Juan N., Francisca e José Manuel, S.C. I., con NIF J15204746.
Así mesmo, o obxecto da autorización e as persoas identificadas como novos titulares na Orde do 18 de xaneiro de 2017 tampouco se corresponden coa escritura pública de rectificación outorgada o 24 de decembro de 2025 ante o notario José Prieto Luengo, con número 2872 de protocolo, pola que se rectifica a escritura pública autorizada polo mesmo notario o 16 de marzo de 2017, baixo o número 431 de protocolo, e na cal se fai constar que: «Don José Manuel George Suárez Lijó transmitiu a favor de dona Francisca e de don Juan Nepomuceno Suárez Lijó, que compraban con carácter privativo e por iguais partes indivisas, unha terceira parte indivisa da sociedade civil denominada Suárez Lijó, Juan N., Francisca e José Manuel, S.C. I., que comportaba a propiedade dos viveiros de cultivos mariños López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III». Asemade, na certificación rexistral emitida o 24 de abril de 2026, o rexistrador titular do Rexistro da Propiedade de Noia e do seu distrito hipotecario certifica que as concesións administrativas dos viveiros de cultivos mariños Mier I, López VIII, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III (predios rexistrais número 13870 da Pobra do Caramiñal; 37299 de Ribeira; 37300 de Ribeira; 37301 de Ribeira; 37302 de Ribeira; 37303 de Ribeira) quedaron inscritos a favor de Suárez Lijó, F.J., Sociedade Civil, por cambio de denominación social, logo de rectificación das inscricións primeira e segunda de dominio.
Vistos o expediente administrativo e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,
RESOLVO:
Rectificar a Orde do 18 de xaneiro de 2017 ditada polo daquela xefe territorial da Coruña, por delegación da conselleira do Mar, pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III, facendo constar que no resolvo, onde di:
«Autorizar a transmisión inter vivos de 1/3 a favor de Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (NIF ***0024**) das concesións administrativas e das bateas López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III.
Actuais titulares: Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) 1/3 privativo; Juan Nepomuceno Suárez Lijó (NIF ***0024**) 1/3 privativo e José Manuel George Suárez Lijó (NIF ***3448**) 1/3 privativo.
Novos titulares: Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) 1/2 privativo e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (NIF ***0024**) 1/2 privativo».
Debe dicir:
«Autorizar a Jose Manuel George Suárez Lijó (NIF ***3448**) a transmitir, inter vivos, unha terceira parte indivisa da sociedade denominada Suárez Lijó, Juan N., Francisca e José Manuel, S.C. I., titular das concesións administrativas e das bateas López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III, a favor de Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) e Juan Nepomuceno Suárez Lijó (NIF ***0024**), que adquiren con carácter privativo e por iguais partes indivisas.
Actuais titulares dos viveiros López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III: Suárez Lijó, Juan N., Francisca e José Manuel, S.C. (NIF J15204746), formada por Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) 1/3 privativo; Juan N. Suárez Lijó (NIF ***0024**) 1/3 privativo e José Manuel Suárez Lijó (NIF ***3448**) 1/3 privativo.
Novos titulares dos viveiros López VIII, Mier I, S.T.V. II, Suárez I, Suárez II e Suárez III: Suárez Lijó, F.J., Sociedade Civil (NIF J15204746), formada por Francisca Suárez Lijó (NIF ***2504**) 1/2 privativo e Juan N. Suárez Lijó (NIF ***0024**) 1/2 privativo».
Notificarlles esta resolución ás persoas interesadas coa indicación de que contra ela, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poidan presentar recurso de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 10 de xullo de 2026
A conselleira do Mar
P. D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
