O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 13 de xullo de 2026, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e facultou a persoa titular da Dirección Xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e proceder á convocatoria para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia non competitiva, de tres tipoloxías ou liñas de proxecto de actuación:
Liña 1. Desenvolvemento e innovación (código de procedemento IG300J).
Liña 2. Protección do ambiente, incluída a descarbonización (código de procedemento IG300K).
Liña 3. Proxectos de pemes de transformación e modernización produtiva (código de procedemento IG300L).
A presente convocatoria de axudas ten unha dotación de 45.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:
Liña 1. Desenvolvemento e innovación.
Obxectivo político: 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade: 1A.Transición dixital e intelixente.
Obxectivo específico: RSO1.1. Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas.
Tipo de acción (CPSO): 1.1.03. Proxectos de I+D+i centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde.
Subtipo de acción (CPSO): 1.1.03.2. Proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadena de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia.
Tipo de intervención: 010. Actividades de investigación e innovación en pemes, incluída a creación de redes; 011. Actividades de investigación e innovación en grandes empresas, incluída a creación de redes.
Indicadores de realización:
RCO01 – Empresas apoiadas.
RCO02 – Empresas apoiadas a través de subvencións.
Indicadores de resultado:
RCR02 – Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).
RCR03 – Pemes que innovan en produtos ou en procesos (empresas).
Liña 2. Protección do ambiente, incluída a descarbonización.
Obxectivo político: 2. Unha Europa máis verde, baixa en carbono, en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e a xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable.
Prioridade: 2A.Transición verde.
Obxectivo específico: RSO2.1. Fomento da eficiencia enerxética e redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
Tipo de acción (CPSO): 2.1.02. Fomento da eficiencia enerxética e da descarbonización das actividades económicas, especialmente das empresas e das pemes.
Tipo de intervención 040. Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes ou grandes empresas e medidas de apoio conformes cos criterios de eficiencia enerxética.
Indicadores de realización:
RCO01 – Empresas apoiadas.
RCO02 – Empresas apoiadas a través de subvencións.
Indicadores de resultado:
RCR29–Emisiones de gases de efecto invernadero estimadas. Toneladas de dióxido de carbono equivalente/ano.
Liña 3. Proxectos de pemes de transformación e modernización produtiva.
Obxectivo político: 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade: 1A. Transición dixital e intelixente.
Obxectivo específico: RSO1.3. Reforzo do crecemento sustentable e a competitividades das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
Tipo de acción (CPSO): 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.
Subtipo de acción (CPSO): 1.3.01.1. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.
Tipo de intervención: 021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos
Indicadores de realización:
RCO01 – Empresas apoiadas.
RCO02 – Empresas apoiadas a través de subvencións.
Indicadores de resultado:
RCR02 – Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).
Segundo. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto (6) día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
Terceiro. O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e distribución plurianual:
|
Partida orzamentaria |
Liña |
Orixe de fondos |
Ano 2026 |
Ano 2027 |
Ano 2028 |
Ano 2029 |
Total |
|
09.A1.741A.7700 |
1 |
Feder |
100.000 |
11.900.000 |
1.500.000 |
1.500.000 |
15.000.000 |
|
09.A1.741A.7700 |
2 |
Feder |
100.000 |
11.900.000 |
1.500.000 |
1.500.000 |
15.000.000 |
|
09.A1.741A.7700 |
3 |
Feder |
100.000 |
11.900.000 |
1.500.000 |
1.500.000 |
15.000.000 |
|
Total |
300.000 |
35.700.000 |
4.500.000 |
4.500.000 |
45.000.000 |
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de esgotamento do crédito dunha liña de axudas, poderá incrementarse co remanente das outras liñas, se o houbese, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape publicada para o efecto. A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.
Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres (3) meses desde a data de presentación de solicitude de axuda. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo.
O prazo de execución dos proxectos rematará o 30 de xuño de 2029.
A persoa beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda dentro do prazo dun (1) mes a partir da data de fin de execución do proxecto fixada na resolución de concesión. Para estes efectos:
– Imputaranse á anualidade 2026 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de novembro de 2026. Os gastos executados a partir do 1 de decembro de 2026 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2027.
– Imputaranse á anualidade 2027 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de setembro de 2027. Os gastos executados a partir do 1 de outubro de 2027 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2028.
– Imputaranse á anualidade 2028 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de setembro de 2028. Os gastos exectuados a partir do 1 de outubro de 2028 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2029.
– Imputaranse á anualidade 2029 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de xuño de 2029.
Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003), transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.
Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO
Bases reguladoras das axudas a proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadea de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027
A automoción en Galicia é un sector estratéxico e clave para o desenvolvemento económico e a xeración de emprego, con todo, os cambios que están a afectar a cadea de valor a nivel global poñen en risco a competitividade dos provedores locais. A evolución do sector tradicional cara a un concepto global de mobilidade verde e dixitalizada, a caída da demanda e o auxe de competidores emerxentes fronte aos países tradicionais líderes en automoción poñen de manifesto a necesidade de impulsar unha estratexia que axude a fortalecer os provedores galegos de automoción, mantendo a súa competitividade no mercado global.
O sector da automoción xoga un papel estratéxico na economía galega, pola súa achega ao produto interior bruto rexional, a súa achega á balanza comercial e o investimento en innovación, así como a creación de máis de 24.000 empregos directos, un volume considerable de postos de traballo de alta cualificación.
Atendendo aos esforzos da Xunta de Galicia de fortalecer o ecosistema industrial do sector da automoción en Galicia e impulsar a súa autonomía estratéxica –desde un enfoque de produción local, independencia de sistemas de subministración non europeos e a contribución á redución de emisións asociadas á súa actividade–, a Consellería de Economía e Industria recoñece a necesidade de poñer en marcha un paquete de medidas que axuden ao tecido da automoción para alcanzar a neutralidade climática e apoialo na transición á sustentabilidade, tanto en produto como en procesos.
Estas axudas enmárcanse no obxectivo de apoiar a transición ao vehículo eléctrico, descarbonizar o sector da automoción, fomentar a autonomía estratéxica da rexión, promover a independencia externa no sector e favorecer o desenvolvemento e a mellora da cadea de valor local e nacional.
A Consellería de Economía e Industria é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal, ademais daquelas competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, corresponde, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución, o exercicio de funcións en diferentes materias, entre as cales se atopan: a promoción e dinamización da economía, o impulso e a coordinación da política económica e industrial, así como a revisión da regulación con incidencia na economía. O apoio xeral ao sector empresarial, fomentando a mellora da competitividade das empresas, incidindo no desenvolvemento tecnolóxico e na innovación, na transformación dixital, na sustentabilidade e na internacionalización. A coordinación, a planificación, o deseño e a posta en marcha dos mecanismos públicos autonómicos de financiamento empresarial e industrial.
O impulso económico e industrial convértese no eixe fundamental no deseño, elaboración e execución da acción política da Consellería de Economía e Industria, co fin de continuar coa etapa de recuperación do crecemento económico da nosa Comunidade Autónoma.
Para o exercicio das súas competencias, está adscrito á consellería, entre outras entidades, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que, no cumprimento das súas funcións, desempeña un rol fundamental no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan a alcanzar os obxectivos económicos estratéxicos da Comunidade galega.
Neste contexto, e aliñado aos obxectivos europeos das políticas públicas clave como o Pacto verde europeo, o Plan industrial do pacto verde europeo e a Nova estratexia industrial para Europa, o concepto no que se enmarca o presente esquema de axudas céntrase en plans de investimento e accións dirixidas á descarbonización e transición ao vehículo eléctrico do sector da automoción en Galicia, que se compón dos seguintes eixos:
1. Transición ao ecosistema de mobilidade descarbonizada e conectada. Impulso aos provedores locais do sector para afrontar e reconverter a súa produción cara aos novos compoñentes de mobilidade verde e conectada.
2. Descarbonización dos procesos produtivos e loxísticos. Reforzo en investimentos para a transformación de todas as operacións das plantas, internas e externas, cara a procesos máis eficientes e sustentables.
3. Apoio á adopción de modelos green factory. Impulso na transformación total das plantas dos provedores de automoción galegos cara á neutralidade climática.
Para alcanzar estes obxectivos e posibilitar a transformación e o desenvolvemento futuro do sector, é necesario apostar por unha cadea de valor descarbonizada, cunha implicación do sector privado e público, mediante unha serie de medidas e investimentos en tecnoloxías máis eficientes e sustentables enfocadas cara ao concepto de green factory, impulsando as empresas locais a ser máis competitivas, cunha oferta de valor asociada a un menor impacto e consumo de recursos.
Polo tanto, a Xunta de Galicia configurou un plan director de automoción 2025-2027 que fai especial énfase no apoio á descarbonización e en fortalecer a competitividade das empresas na cadea de valor industrial da automoción en Galicia, impulsando os investimentos e a xeración de novo coñecemento na promoción de tecnoloxías limpas, como o vehículo eléctrico, mediante a transformación dixital e ecolóxica.
Para acadar estes obxectivos poderanse publicar diferentes convocatorias en concorrencia non competitiva que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. As convocatorias incluirán o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.
Segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, exclúese o réxime de concorrencia competitiva no procedemento de concesión das axudas. As subvencións outorgaranse a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados o que, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia. Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto que facilite a transición xusta e sustentable do sector da automoción en Galicia.
En aplicación do disposto na Lei 18/2022, de creación e crecemento de empresas, que modifica o artigo 13 da Lei 38/2003, nestas bases incorpórase a obriga para as empresas de cumprir os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro (en diante, Lei 3/2004), pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para poder ser beneficiarias de subvencións de importe superior a 30.000 euros.
Disposicións comúns
Artigo 1. Obxecto e tipoloxías de proxectos apoiados
1. O obxecto destas axudas é apoiar a industria da automoción galega, mediante apoios en tres tipoloxías ou liñas de proxecto de actuación: desenvolvemento tecnolóxico e innovación de procesos ou organización, protección do ambiente incluída a descarbonización e proxectos agrupados de transformación e/ou modernización produtiva.
Liña 1. Desenvolvemento e innovación.
a) Poderán ser subvencionables proxectos de desenvolvemento experimental e proxectos de innovación en materia de organización e procesos, segundo se definen a seguir:
1º. Proxectos de desenvolvemento experimental:
A adquisición, a combinación, a configuración e o emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos ou procesos novos ou mellorados; pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos.
O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa achegar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados; pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.
O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda cando esas modificacións poidan representar melloras destes.
2º. Proxectos de innovación en materia de organización e de procesos:
A aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa ou a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipos ou programas informáticos); non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados, os cambios ou melloras de importancia menor nin os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados.
b) As grandes empresas só poderán ser beneficiarias de axuda a este tipo de proxectos se cooperan con pemes na execución do proxecto obxecto de axuda, debendo asumir estas un mínimo dun 10 % para proxectos de desenvolvemento experimental. No caso dos proxectos de innovación en organización e procesos, debe existir colaboración efectiva con una ou varias pemes, que deben asumir un mínimo do 30 % do total dos custos subvencionables.
Por colaboración efectiva, tal e como se recolle no artigo 2 punto 90 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014) (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), enténdese a colaboración entre, polo menos, dúas partes independentes para o intercambio de coñecementos ou tecnoloxía, ou para lograr un obxectivo común sobre a base da división do traballo, en que as partes implicadas definen conxuntamente o ámbito do proxecto en colaboración, contribúen á súa aplicación e comparten os seus riscos e os seus resultados; unha ou varias das partes poden soportar a totalidade dos custos do proxecto e liberar así outras partes dos seus riscos de financiamento. A investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación non se consideran formas de colaboración.
Liña 2. Protección do ambiente incluída a descarbonización.
Proxectos para a protección do ambiente, incluída a descarbonización, cumprindo os requisitos do artigo 36 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), en particular algún dos seguintes:
• Permitir a execución dun proxecto que redunde nun incremento da protección ambiental das actividades da entidade beneficiaria, superando as normas da Unión vixentes, con independencia da existencia de normas nacionais obrigatorias máis estritas que as da Unión; ou
• Permitir a execución dun proxecto que redunde nun incremento da protección ambiental das actividades da entidade beneficiaria na ausencia de normas da Unión; ou
• Permitir a execución dun proxecto que redunde nun incremento da protección ambiental das actividades da entidade beneficiaria co fin de cumprir normas da Unión que fosen adoptadas pero que aínda non estean en vigor.
En caso de que se realicen investimentos en captura e transporte de CO2 deberanse cumprir as condicións acumulativas exixidas no artigo 36.2.bis) do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC). Cando o obxectivo da axuda sexa reducir ou evitar as emisións directas, a axuda non deberá limitarse a desprazar as emisións en cuestión dun sector a outro e deberá alcanzar reducións globais das emisións obxectivo; en particular, cando o obxectivo da axuda sexa reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, a axuda non deberá limitarse a desprazar esas emisións dun sector a outro e deberá lograr reducilas de maneira global.
Non se concederán axudas aos investimentos que se realicen para que as empresas se limiten a cumprir as normas vixentes da Unión Europea.
Será obrigatorio presentar xunto co proxecto un informe de entidade experta independente que acredite que o investimento contribúe á protección do ambiente, incluída a descarbonización, salientando no informe, de ser o caso, os custos que non estean directamente vinculados coa consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental, xa que estes non serán subvencionables. Conforme o disposto no artigo 36, punto 11 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), para os efectos destas bases, os custos subvencionables serán determinados sen a identificación dunha hipótese de contraste.
Liña 3. Proxectos de pemes de transformación e modernización produtiva.
Proxectos que teñan como finalidade a transformación e/ou a modenización produtiva das pemes de cara á transición ao ecosistema de mobilidade descarbonizada e conectada ou reconvertendo a súa produción cara aos novos compoñentes de mobilidade verde e conectada. Os proxectos poderán incluír tanto investimentos en activo fixos produtivos como consultoría.
2. Para calquera das tres liñas anteriores, a axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.
Para ese efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá presentar a solicitude de axuda. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita a axuda con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable, de acordo coa exixencia de efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC).
Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.
Para estes efectos, determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade ou de proxectos técnicos, non se consideran inicio dos traballos.
3. Todos os proxectos deberán considerar un custo subvencionable mínimo de 100.000 euros e a subvención máxima por proxecto limítase a de 10.000.000 euros.
Para seren considerados subvencionables, os gastos deberán ser aboados dentro do prazo de execución do proxecto e nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004.
En aplicación do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 (DOUE 30.6.2021 L 231), polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (en diante, Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), non serán subvencionables os gastos de apoio á relocalización.
4. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgúns dos seis (6) obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852).
Non poderán concederse axudas ao abeiro destas bases para financiar os seguintes tipos de investimento, segundo o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Feder e ao Fondo de Cohesión e no Acordo de Asociación para o OE 1.3:
– Investimentos en máquinas, equipamento ou instalacións que utilicen combustibles fósiles.
Do mesmo xeito, os proxectos financiados deberán garantir a protección fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e a «Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia», dispoñibles nesta ligazón: https://igape.gal/es/guia-climate
5. Os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poidan resultar de aplicación.
6. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE), así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional. Tampouco serán subvencionables outros impostos, as taxas nin os custos financeiros.
Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación
1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva en cada liña de proxectos.
2. As solicitudes resolveranse atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade.
Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude completa. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. No caso de que máis dunha solicitude teña a mesma data de presentación, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.
3. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior a que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ou dunha transferencia de crédito, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.
4. As axudas previstas nestas bases incardínanse no Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC); en concreto, os proxectos de desenvolvemento experimental acolleranse ao artigo 25, as axudas á innovación en materia de procesos e organización acolleranse ao artigo 29, as axudas a proxectos de protección do ambiente ao artigo 36 e as axudas ao proxectos de pemes de transformación e modernización acolleranse aos artigos 14 e 18.
5. A presente convocatoria de axudas ten unha dotación de 45.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:
Liña 1. Desenvolvemento e innovación.
Obxectivo político: 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade: 1A. Transición dixital e intelixente.
Obxectivo específico: RSO1.1. Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas.
Tipo de acción (CPSO): 1.1.03. Proxectos de I+D+i centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar as empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde.
Subtipo de acción (CPSO): 1.1.03.2. Proxectos que impulsen e reforcen a transición á cadena de valor do vehículo eléctrico e á descarbonización do sector de automoción en Galicia.
Tipo de intervención: 010. Actividades de investigación e innovación en pemes, incluída a creación de redes; 011. Actividades de investigación e innovación en grandes empresas, incluída a creación de redes.
Indicadores de realización:
RCO01 – Empresas apoiadas.
RCO02 – Empresas apoiadas a través de subvencións.
Indicadores de resultado:
RCR02 – Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).
RCR03 – Pemes que innovan en produtos ou en procesos (empresas).
Liña 2. Protección do ambiente incluída a descarbonización.
Obxectivo político: 2. Unha Europa máis verde, baixa en carbono, en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable.
Prioridade: 2A. Transición verde.
Obxectivo específico: RSO2.1. Fomento da eficiencia enerxética e redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
Tipo de acción (CPSO): 2.1.02. Fomento da eficiencia enerxética e da descarbonización das actividades económicas, especialmente das empresas e das pemes.
Tipo de intervención 040. Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes ou grandes empresas e medidas de apoio conformes cos criterios de eficiencia enerxética.
Indicadores de realización:
RCO01 – Empresas apoiadas.
RCO02 – Empresas apoiadas a través de subvencións.
Indicadores de resultado:
RCR29 – Emisiones de gases de efecto invernadero estimadas. Toneladas de dióxido de carbono equivalente/ano.
Liña 3. Proxectos de pemes de transformación e modernización produtiva.
Obxectivo político: 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade: 1A. Transición dixital e intelixente.
Obxectivo específico: RSO1.3. Reforzo do crecemento sustentable e a competitividades das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
Tipo de acción (CPSO): 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.
Subtipo de acción (CPSO): 1.3.01.1. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.
Tipo de intervención: 021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.
Indicadores de realización:
RCO01 – Empresas apoiadas.
RCO02 – Empresas apoiadas a través de subvencións.
Indicadores de resultado:
RCR02 – Investimentos privados que acompañan o apoio público (euros).
Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas
1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións que financien os mesmos custos subvencionables do proxecto. Poderán admitirse outras axudas para custos distintos sempre que non se produza dobre financiamento e se respecten os límites de compatibilidade e acumulación do réxime de axuda aplicable.
2. A obtención, concesión ou solicitude doutras axudas ou subvencións que afecten o proxecto deberá comunicárselle ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa. Antes da concesión da axuda e, do mesmo xeito, antes do seu pagamento, deberá constar no expediente unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.
O Igape comprobará, mediante consulta á BDNS (Base de datos nacional de subvencións) a existencia doutras axudas para o mesmo proxecto.
Artigo 4. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia en que se desenvolva o proxecto subvencionado.
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, agás as epígrafes 30.1 e 30.2, e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
2. Tamén poderán ser persoas beneficiarias as agrupacións de empresas segundo a regulación específica de cada liña de axuda. A agrupación rexerá polo documento contractual que as regule, e o seu funcionamento interno responderá a criterios de autonomía de xestión e deberá incluír de forma expresa quen é a líder ou representante da agrupación. A líder será a representante da agrupación, única interlocutora coa Administración en todo o procedemento, sen prexuízo do carácter de beneficiarias de todas e cada unha das integrantes da agrupación.
O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller, como mínimo, o seguinte:
a) Distribución das actividades e do orzamento total e o achegado por cada unha das integrantes da agrupación.
b) Acordo de representación da agrupación e elección da representante desta ante a Administración para os efectos de interlocución con ela e perceptora da axuda.
c) Compromiso de distribución da axuda percibida pola líder entre todas as participantes da agrupación conforme o gasto aprobado e o pagamento do Igape tras a xustificación finalmente admitida.
Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.
d) Anexo IV de autorización das empresas participantes na agrupación.
A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.
Todas as entidades que colaboren na execución do proxecto terán a condición de persoas beneficiarias e deberán cumprir as mesmas condicións e obrigas que a solicitante líder da agrupación. Na solicitude deberán constar, de forma expresa, os compromisos de execución asumidos por cada persoa membro.
3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
d) As empresas que no momento da resolución da axuda non se atopen ao día de débedas coas distintas administracións: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.
e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC).
3. As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha situación que as exclúa de ser persoas beneficiarias conforme este artigo. Para o caso das agrupacións, cada unha das integrantes da agrupación deberán de reunir todos os requisitos establecidos neste artigo.
4. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as persoas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no punto 18 do artigo 2, do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), así como a comprobación do tamaño das empresas (pequena, mediana ou gran empresa), para garantir que se aplica a intensidade de axuda pertinente en cada caso.
Artigo 5. Forma e lugar de presentación das solicitudes
1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos establecidos como obrigatorios.
2. No devandito formulario incluiranse as seguintes declaracións relativas á persoa solicitante:
a) Para as entidades suxeitas a inscrición no Rexistro Mercantil: que cumpre coa obriga de depósito no Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ao último exercicio coa obriga de depósito, segundo os artigos 366 e 368 do Regulamento do Rexistro Mercantil (RD 1784/1996, do 19 de xullo) e o artigo 279.1 do texto refundido de Lei de sociedades de capital.
b) Relación doutras axudas públicas ou privadas recibidas e/ou solicitadas para os mesmos conceptos para os que se solicita esta subvención.
c) Que as empresas provedoras non están asociadas nin vinculadas nin coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 e o artigo 43.2 do Decreto 11/2009 que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC).
d) Que non é unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC).
e) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.
f) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude a través do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA).
g) Que non está suxeita a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión da Comisión Europea que declarase a axuda ilegal e incompatible co mercado común.
h) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade, así como a normativa ambiental exixible, en particular a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos e a Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e o Real decreto lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no caso de que resulte de aplicación polas características ou localización do proxecto, esta última, segundo o anexo V a estas bases.
i) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda e garantir a sustentabilidade financeira do proxecto no caso de investimentos produtivos. No caso das liñas 2 e 3, esta declaración acompañarase dunha memoria descritiva dos recursos e mecanismos financeiros de que dispón a empresa para cubrir os custos de funcionamento e mantemento da operación para garantir a súa sustentabilidade financeira.
O Igape realizará as comprobacións necesarias para verificar que as persoas beneficiarias dispoñen dos recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os custos de funcionamento e mantemento dos investimentos e para garantir a súa sustentabilidade financeira.
j) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
k) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante o prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.
l) Para solicitudes das liñas 2 e 3, que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante o período de cinco (5) ou tres (3) anos, segundo se trate de grandes empresas ou de pemes respectivamente. O dito prazo contarase desde a data do último pagamento á persoa beneficiaria, en aplicación do artigo 65 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). No caso da liña 3, o prazo contarase desde a finalización do investimento, en aplicación do artigo 14.5 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC). No caso de bens inscritibles nun rexistro público, o prazo será de cinco (5) anos para todas as empresas.
m) No caso de proxectos que consistan en infraestruturas cuxa vida útil sexa como mínimo de cinco (5) anos, que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para iso deberá ter en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2017 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16/09/2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia, dispoñibles nesta ligazón: https://igape.gal/es/guia-climate
n) Que cumpre o principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio Do no significant harm – DNSH), establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgúns dos seis (6) obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852, segundo o anexo VI das bases reguladoras.
o) Que cumpre os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da dita Lei 3/2004.
p) Para os proxectos da liña 3, que achegará unha contribución financeira aos investimentos, exenta de calquera tipo de axuda pública, de polo menos un 25 % dos custos, ben sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
q) Que non se relocalizou, nos termos do artigo 2, punto 61.bis, do Regulamento (UE) 651/2014 (RXEC) no establecemento en que terá lugar o investimento inicial para o que se solicita a axuda nos dous (2) anos anteriores á solicitude de axuda, e que se compromete a non facelo durante un período de dous (2) anos desde que se completase o investimento inicial para o que se solicita a axuda.
Para o caso das agrupacións de empresas, a empresa líder fará estas declaracións respecto de si mesma e de cada empresa integrante da agrupación, para o que deberá facerse constar a pertinente autorización no documento de constitución da agrupación e acompañando o modelo anexo IV destas bases.
3. Solicitude: a solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I para a liña 1, II para a liña 2 e III para a liña 3) que se obterán de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).
Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
No momento da presentación, o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.
As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da presentación na oficina virtual do Igape https://spiga-sede.igape.es
Artigo 6. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán anexar coa solicitude de axuda a seguinte documentación, ademais da documentación da solicitude indicada nas disposicións específicas de cada liña:
a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, as persoas interesadas deberán achegar escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación con que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG). No caso de estar inscrita, comprobarase a dita inscrición nese rexistro.
b) Ofertas: as tres ofertas que debe ter solicitado a persoa beneficiaria en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007.
Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, en diante, Lei 9/2017, para os contratos menores (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación de servizos ou adquisición de bens e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra no momento de publicación das presentes bases), a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os realicen, presten ou fornezan. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente.
As tres (3) ofertas ou orzamentos deberán ser válidos, vixentes, comerciais, comparables e auténticos, e emitidos por empresas provedoras que non estean vinculadas coa empresa solicitante.
Non serán admisibles as ofertas emitidas por empresas provedoras que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros). Para estes efectos, poderán considerarse indicios de falta de capacidade, entre outros, a ausencia de actividade relacionada co obxecto da oferta, a existencia de incidencias rexistrais relevantes ou a desproporción manifesta e non xustificada entre a dimensión do provedor e o alcance ou importe do encargo.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
No caso de adquisicións de terreos ou edificacións ou construcións novas ou usadas non será preciso achegar as tres ofertas, deberá acompañarse un informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada.
c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:
1º. As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004. Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto 2º e con suxeición á súa regulación.
2º. As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:
i. Certificación emitida por persoa auditora rexistrada no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, determinado nesta epígrafe, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.
ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de persoa auditora a que se refire o punto anterior, «Informe de procedementos acordados» elaborado por unha persoa auditora rexistrada no Rexistro Oficial de Auditores de Conta que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a empresas provedoras da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no punto segundo da letra d) da disposición derradeira sexta da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.
d) Para proxectos que inclúan infraestruturas de duración superior a cinco (5) anos, documentación que acredite a defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), tendo en conta as Orientación técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia, dispoñibles nesta ligazón: https://igape.gal/es/guia-climate. Con todo, se a empresa solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación en fase de xustificación, na cal a persoa promotora deberá acreditar a documentación e verificación da defensa da infraestrutura fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto. O Igape dispón dun servizo de axuda coa elaboración do informe. Pode solicitalo na seguinte ligazón: https://oficinaeconomicagalicia.xunta.gal/analiseclima
e) A documentación específica para cada liña de axuda requirida nas disposicións específicas dentro destas bases.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación complementaria obrigatoriamente por vía electrónica. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Artigo 7. Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou da persoa integrante da agrupación.
b) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante ou da entidade integrante da agrupación.
c) NIF da entidade solicitante ou da entidade integrante da agrupación.
d) NIF da entidade representante da entidade solicitante ou da entidade integrante da agrupación.
e) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 6.1.a) das bases.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
g) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
h) Imposto de actividades económicas (IAE) ampliado.
i) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.
j) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
k) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.
l) Consulta ao Rexistro Central de Titularidades Reais (RCTIR), en aplicación do disposto no artigo 69.2 do Reglamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, II ou III de solicitude ou no anexo IV de declaracións e comprobación de datos das persoas integrantes da agrupación, e presentar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es
Artigo 9. Órganos competentes
A competencia para a instrución do procedemento de concesión da subvención das solicitudes correspóndelle á Área de Competitividade do Igape.
A persoa titular da Dirección da Área de Competitividade é o órgano competente para resolver os arquivos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes obxecto de tramitación segundo estas bases e nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.
A competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.
Artigo 10. Instrución, resolución e notificación
1. As solicitudes serán revisadas polos servizos técnicos do Igape en función dos datos relativos á persoa solicitante ou agrupación e dos datos declarados na solicitude de axuda e no formulario electrónico e da documentación presentada.
A Área de Competitividade ditará proposta de resolución con base neste procedemento e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.
De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou anexe os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer se terá por desistida na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.
Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, en que se indicarán as causas desta.
Cando no procedemento figuren e se teñan en conta feitos, alegacións ou probas non aducidas polo solicitante, inmediatamente antes de ditar proposta de resolución poñerase de manifesto ás persoas interesadas para que, no prazo de dez (10) días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes.
2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación das persoas beneficiarias, a contía da subvención, indicando as obrigas que corresponden a cada unha delas, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).
Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
Por outra banda, a resolución de concesión incorporará o pagamento anticipado do 80 % do total da subvención concedida. Unha vez producida a aceptación expresa da resolución de concesión (DECA), o seu aboamento tramitarase de oficio, e farase efectivo nun único pagamento no primeiro cuadrimestre de 2027 con cargo a esa anualidade, estando o seu importe limitado, en todo caso, ao crédito máximo dispoñible, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009.
A aceptación da resolución de concesión da axuda (DECA) deberá facerse de maneira expresa a través da sinatura do documento que para tal fin o Igape porá á disposición da persoa beneficiaria na Sala de Sinaturas da Xunta (https://saladesinaturas.xunta.gal). O dito documento deberá ser asinado pola persoa representante legal nun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte á posta a disposición para a súa sinatura. A falta desa aceptación expresa entenderase como renuncia á axuda concedida, logo de resolución da Dirección Xeral do Igape declarativa para o efecto.
Esta obriga de aceptación expresa da resolución de concesión (DECA) farase extensiva a calquera modificación que lle sexa comunicada á persoa beneficiaria.
Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido no punto cuarto da resolución de convocatoria, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.
3. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, en diante, Lei 4/2019, as notificacións electrónicas efectuaranse a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 11. Réxime de recursos
As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Potestativamente, recurso previo de reposición:
– Ante a persoa titular da Dirección da Área de Competitividade no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivo.
– Ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape.
En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será dun (1) mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.
b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, se for expresa, ou no prazo de seis (6) meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Artigo 12. Modificación da resolución
1. Unha vez resolta a concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, admitíndose modificacións dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, a condición de que estes cambios non desvirtúen o proxecto. Non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o proxecto.
2. A entidade beneficiaria deberá solicitar a modificación á Dirección Xeral do Igape. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección Xeral por delegación do Consello de Dirección do Igape, tras a instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia, de ser preciso, ás persoas interesadas.
Artigo 13. Xustificación da execución e aboamento da axuda
1. A entidade beneficiaria deberá tramitar electronicamente a xustificación da subvención a través da aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, incorporando a información e a documentación acreditativa da execución do proxecto e dos gastos realizados e pagados.
2. No caso de que non se presente en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria ou a líder da agrupación para que a presente ou corrixa os erros ou defectos observados no prazo de dez (10) días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará o inicio dun procedemento de reintegro total ou parcial da subvención, sen prexuízo das demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a persoa beneficiaria ou a líder da agrupación das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.
3. A persoa beneficiaria da axuda ou a líder da agrupación presentará a seguinte documentación, ademais da documentación da xustificación indicada nas disposicións específicas de cada liña:
a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionalas co gasto xustificado. A xustificación dos gastos de persoal farase segundo se establece nas disposicións específicas das liñas.
b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:
1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.
2º. Informe de persoa auditora de contas inscrita como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente. Este informe será obrigatorio para proxectos con máis de 50 xustificantes de pagamento.
No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase facer unha relación delas no formulario de solicitude de cobramento.
No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás actuacións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas actuacións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.
As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.
c) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas de información e publicidade previstas no anexo VII destas bases, mediante a achega dos correspondentes soportes, rexistros gráficos e demais evidencias que permitan verificar de forma suficiente o cumprimento das medidas de comunicación exixibles ao proxecto subvencionado.
d) As tres ofertas, no caso de que non se achegasen xunto coa solicitude da axuda.
O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes.
A persoa beneficiaria ou a líder da agrupación tamén deberá cubrir, na ficha resumo de facturas do formulario de liquidación, os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 14.f): número de conta contable, xunto cunha declaración responsable da persoa beneficiaria de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.
En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá anexar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.
Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de resolución de perda do dereito á cobranza da axuda que, se é o caso, poderá supoñer a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.
4. A resolución de concesión acordará o aboamento anticipado do 80 % da subvención concedida, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente, logo da súa autorización polo Consello da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 63.3 do Decreto 11/2009.
O pagamento anticipado tramitarase de oficio e sen necesidade de solicitude da persoa beneficiaria, con cargo á anualidade prevista para o efecto na resolución de convocatoria e na resolución de concesión, unha vez notificada e aceptada expresamente a resolución de concesión da axuda (DECA).
As persoas beneficiarias poderán exonerarse da obriga de constituír garantías respecto do pagamento anticipado previsto neste artigo, nos termos que, de ser o caso, autorice o Consello da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.
O pagamento anticipado regulado neste artigo ten a consideración de entrega de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención.
O pagamento anticipado quedará condicionado a que a persoa beneficiaria se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e a que non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nin sexa debedora por resolución de procedencia de reintegro.
En ningún caso poderán realizarse pagamentos anticipados ás persoas beneficiarias en que concorra algunha das circunstancias impeditivas previstas na normativa de subvencións de Galicia para este tipo de pagamentos.
O importe restante da subvención aboarase, se é o caso, unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e verificado o cumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión (DECA), ata o límite máximo da axuda concedida e na contía que resulte do gasto efectivamente xustificado e considerado subvencionable.
Cando da comprobación da xustificación final resulte unha subvención inferior á inicialmente concedida ou ao importe anticipado, practicarase a correspondente minoración e exixirase, se é o caso, o reintegro das cantidades percibidas en exceso, xunto cos xuros que procedan.
O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.
Artigo 14. Obrigas das persoas beneficiarias
Son obrigas das persoas beneficiarias:
a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e manter a actividade e os investimentos subvencionados durante o período de tres (3) anos desde a data do último pagamento á persoa beneficiaria da axuda, de cinco (5) anos para o caso de bens inscribibles nun rexistro público e, no caso de grandes empresas, para todo tipo de investimento, en aplicación do artigo 65 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). No caso da liña 3, o prazo contarase desde a finalización do investimento, en aplicación do artigo 14.5 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC). O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da persoa beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada.
b) Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.
c) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e a Unión Europea, segundo o establecido no anexo VII a estas bases reguladoras durante a execución e o período de mantemento do investimento.
d) Informar sobre o nivel de logro dos indicadores de realización e resultado.
e) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional o comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, durante, ao menos, un período de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable apropiado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.
g) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións ou axudas que financien os investimentos subvencionados así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de xustificación da subvención.
h) Comprometerse a aplicar o principio de «non causar prexuízo significativo ao ambiente (DNSH, polas súas siglas en inglés); establecido no artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), isto é, que as actuacións promovidas non causen prexuízos significativos nalgún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.
No caso de proxectos que requiran a realización de obra civil, durante a execución do proxecto, deberanse cumprir as seguintes condicións específicas:
1º. Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Listaxe europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532EC) xerados na execución da obra prepararanse para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.
2º. Para a execución da actuación non se utilizará amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.
Estas condicións acreditaranse de conformidade co previsto no artigo 6 destas bases reguladoras.
i) Facilitar, cando proceda, os datos do titular real das persoas perceptoras de financiamento da Unión Europea, de acordo coa normativa aplicable e, no caso de que a dita información non poida obterse das autoridades competentes, cando sexa requirida polo órgano xestor.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.
k) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.
l) Aceptar de maneira expresa a resolución de concesión (DECA), segundo o indicado no artigo 10.2 destas bases reguladoras. Esta obriga farase extensiva a calquera modificación da resolución de concesión (DECA) que lle sexa comunicada.
m) Nos proxectos de infraestruturas de duración superior a cinco (5) anos, acreditar a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), tendo en conta as Orientación técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16/09/2021) e a Guía de apoio para a implementación da proba climática de infraestruturas de Galicia.
n) Co fin de garantir o dereito á tramitación efectiva de reclamacións relativas á operación regulado no artigo 69.7 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), a persoa beneficiaria deberá comunicar calquera reclamación ou litixio que afecte a operación, promovido por propia iniciativa, ou por calquera cidadán ou parte interesada, sen prexuízo da posibilidade de utilizar os canais de denuncia e os procedementos de presentación de reclamacións e queixas implantados no ámbito da Xunta de Galicia e da Administración xeral do Estado e da posibilidade de presentar a reclamación directamente ante a Comisión Europea.
o) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.
Artigo 15. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas
1. A falta de xustificación ou incumprimento das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, de concorrencia das causas establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na demais normativa aplicable, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.
2. O procedemento para declarar a procedencia do reintegro da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.
3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida e o reintegro, se é o caso, das cantidades percibidas e os seus xuros de demora, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:
a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.
b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.
c) Non permitir as actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional o comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, durante, ao menos, un período de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.
e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.
f) A percepción doutras axudas ou subvencións públicas, incompatibles coa totalidade da subvención prevista nestas bases suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, do 100 % da subvención concedida.
g) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
h) Ausencia total de publicidade do financiamento do proxecto, de acordo co establecido no anexo VII destas bases.
i) Para a liña 3, incumprir a obriga de anexar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de axuda pública de, polo menos, un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
j) O incumprimento da normativa en materia de prazos de pagamento a provedores nos pagamentos do investimento subvencionado suporá a consideración dese/s elemento/s como inadecuadamente xustificado/s, e dará lugar ao axuste proporcional da subvención correspondente ao proxecto, agás o disposto no punto 4 seguinte deste mesmo artigo.
k) Non facilitar os datos do titular real das persoas perceptoras de financiamento da Unión Europea, no caso de que consultados estes ao RCTIR, non se obtivese a información solicitada.
l) Non xustificar o investimento mínimo previsto no artigo 1.3.
m) Cando, como consecuencia de incumprimento parcial, o investimento subvencionable sexa inferior ao 50 % do concedido.
4. Perda, ou reintegro, se é o caso, parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:
a) No caso de condicións referidas á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción. En particular, unha execución por baixo do 50 % da base subvencionable aprobada considerarase un incumprimento total. Se, como consecuencia da xustificación da execución material do proxecto subvencionable, o incumprimento supera o 50 % deste, nos termos en que se propuxo para recibir a axuda, entenderase que non se acadaron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, o dito incumprimento será considerado como total, debendo reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.
b) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, dun 2 % da subvención concedida.
c) Incumprimento das condicións específicas definidas no artigo 14.h) destas bases, no caso de proxectos que requiran a realización de infraestruturas, suporá a perda ou, se é o caso, o reintegro, dun 5 % da subvención concedida.
5. No período de mantemento dos investimentos, nos casos en que se aplique o previsto no artigo 14.a) destas bases reguladoras, procederá a incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indica a seguir:
a) Non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período establecido supoñerá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumpriu este requisito.
b) Non manter a publicidade do financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 14.c) destas bases, suporá o reintegro dun 3 % da subvención concedida.
6. Devolución voluntaria da subvención.
De acordo co establecido nos artigos 34 da Lei 9/2007 e 64 do Decreto 11/2009, as persoas beneficiarias poderán realizar, sen requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES83 2080 0388 2731 1000 0584, ou na conta que en cada momento determine o Igape, en concepto de devolución voluntaria da subvención.
En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.
Artigo 16. Réxime sancionador
Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.
Artigo 17. Comprobación de subvencións, fiscalización e control
1. O Igape comprobará a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.
Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.
2. O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes do gasto será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co disposto no artigo 82.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores, será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007.
4. As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar as unidades con competencias en materia de fondos europeos a nivel rexional, nacional ou comunitario, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Autoridade de Xestión, a DG REGIO, a OLAF, a Fiscalía Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 74 e 77 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC). Para tal fin, a persoa beneficiaria deberá dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos que integran o expediente da operación conforme a normativa aplicable, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos subvencionables, durante, polo menos, un período de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento, de acordo co artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC).
Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx
Artigo 18. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (en diante, Lei 1/2016), e no artigo 15 da Lei 9/2007.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións teñen a obriga de subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 19. Remisión normativa
Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:
a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).
b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).
c) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).
d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.
e) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.
f) A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
i) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
j) A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
k) A Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
l) O Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/CE (Regulamento xeral de protección de datos).
m) No resto da normativa que resulte de aplicación.
Artigo 20. Habilitación para o desenvolvemento
Facúltase a persoa titular da Dirección da Área de Competitividade para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións, instrucións, aclaracións ou interpretacións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento destas bases reguladoras.
Disposicións específicas liña 1 (IG300J)
Desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos
Artigo 21. Conceptos subvencionables, condicións e intensidade de axuda
1. Conceptos subvencionables:
Custos directos.
A) Custos de persoal. Os custos relacionados co persoal investigador, técnico e demais persoal auxiliar, na medida en que estean dedicados ao proxecto ou actividade pertinente. Poderán imputarse gastos ao proxecto tanto de persoal con contrato laboral, persoal autónomo socio da empresa e persoal autónomo economicamente dependente, segundo o establecido na Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As entidades beneficiarias deberán detallar e certificar a dedicación horaria ao proxecto de cada persoa traballadora.
O custo hora individual máximo financiable será de 65 €.
Non se considerarán subvencionables:
a) Os gastos relacionados con aquelas persoas traballadoras que non estean dadas de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolve o proxecto.
b) Os gastos de persoal que non teña relación contractual laboral coa entidade beneficiaria da subvención, excepto os supostos admitidos de persoal autónomo.
c) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión e tramitación do financiamento solicitado.
d) As contratacións en formación, as de prácticas e as de persoas bolseiras.
e) Os custos de viaxes, indemnizacións ou axudas de custo non se consideran gastos de persoal e, polo tanto, non son subvencionables.
B) Custos de equipamento, instrumental e material: aceptaranse os gastos de amortización de equipamentos, instrumental e material na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto. No caso de que o equipamento, instrumental e o material non se utilicen en toda a súa vida útil para o proxecto, unicamente se considerarán subvencionables os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto, calculados de acordo cos principios contables xeralmente aceptados e dentro dos límites marcados pola resolución de concesión. No caso particular do material funxible, aceptaranse os custos sempre que poidan relacionarse directamente con algunha das actividades do proxecto e se xustifique adecuadamente na solicitude. Limítase o custo do material funxible ao 10 % do orzamento financiable do proxecto ata un máximo de 1.000.000,00 €.
Os custos de equipamento, instrumental e material non superarán o 60 % do orzamento financiable do proxecto.
Non se consideran incluídos neste concepto o material de oficina e consumibles informáticos, que se consideran comprendidos dentro dos custos indirectos.
C) Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia. Queda expresamente excluída calquera forma de consultoría asociada á xestión e tramitación da axuda solicitada.
Custos indirectos.
Son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente á actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, en que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono, material de oficina), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. En aplicación da opción prevista no artigo 54.b) do Regulamento (UE) 2021/1060, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 15 % aos custos directos de persoal subvencionables.
2. Condición:
As grandes empresas deberán, necesariamente, constituír unha agrupación con pemes.
3. Intensidade de axuda:
Concederase unha intensidade de axuda en función do tamaño da empresa e das actuacións propostas nesta liña 1 para os custos subvencionables previstos pola empresa durante o período subvencionable, coas seguintes intensidades:
|
Grande empresa |
Mediana empresa |
Pequena empresa |
|
|
Desenvolvemento experimental (liña 1.1º) |
25 % (*) |
35 % |
45 % |
|
Innovación de organización e procesos (liña 1.2º) |
15 % (**) |
50 % |
50 % |
(*) Só para proxectos de cooperación con pemes que asuman un mínimo do 10 % dos custos subvencionables.
(**) Só para proxectos de colaboración efectiva con pemes que asuman un mínimo do 30 % dos custos subvencionables.
Adicionalmente, poderanse incrementar nun 15 % as porcentaxes aplicables á liña de desenvolvemento experimental 1.1º sempre que se cumpra a condición de que os resultados do proxecto se difundan amplamente por medio de conferencias, publicacións, bases de libre acceso ou programas informáticos gratuítos ou de fonte aberta. No caso de non optar por esta posibilidade, poderase aplicar o incremento do 5 % previsto na letra c) do artigo 25.6 do Regulamento (UE) nº 651/2024.
Artigo 22. Documentación complementaria
a) No caso de proxectos de cooperación entre pemes ou de grandes empresas en cooperación con pemes, documento de constitución da agrupación nos termos establecidos no artigo 4.2 das bases reguladoras.
b) Memoria técnica do proxecto, que conterá a seguinte información:
– Antecedentes da empresa: proxectos de I+D+i desenvolvidos previamente.
– Tipoloxía do proxecto (desenvolvemento experimental ou innovación de organización e procesos).
– Obxectivos do proxecto.
– Plan de traballo e detalle do orzamento, xustificando a súa necesidade.
– Impacto do proxecto na estrutura e organización da empresa e posibilidade de incorporación dos resultados tecnolóxicos do proxecto á cadea de valor da automoción de Galicia.
– Protección dos resultados do proxecto.
– Calquera outra información relevante ou de interese sobre o proxecto.
– Plan de difusión dos resultados do proxecto no caso de optar ao incremento do 15 % da liña 1.1º.
c) Listaxe completa dos custos previstos, que se deberá cubrir no formulario de solicitude.
d) No caso de imputar gastos de persoal de nova contratación, deberán achegarse tamén os contratos de traballo onde conste a dedicación ao proxecto.
Artigo 23. Xustificación da execución. Documentación xustificativa
a) Memoria completa e detallada do proxecto desenvolvido seguindo os mesmos puntos requiridos na memoria de solicitude descrita no artigo 21 anterior e onde queden patentes os resultados obtidos e a difusión dos resultados do proxecto, de ser o caso.
b) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto deberá dispoñerse de:
– Certificación emitida pola persoa responsable de persoal, co visto e prace da persoa representante legal da empresa, que consistirá nunha relación detallada por persoa traballadora do personal dedicado ao proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI/NIE, nome, apelidos, posto na entidade, salarios fixados nun contrato de traballo, nun acordo laboral ou na lei (excepto os custos de viaxes e indemnizacións ou axudas de custo), data de pagamento das nóminas, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado, grupo de cotización polo que está contratado, titulación e dedicación ao proxecto.
– Declaración da dedicación do persoal ao proxecto, en que deben figurar as actividades en que participa mensualmente a persoa traballadora coa súa sinatura e a sinatura da persoa xefa técnica do proxecto.
– Xustificación da comunicación por escrito á persoa traballadora de que parte do seu salario está cofinanciado no marco do programa Feder Galicia 2021-2027.
– Nóminas do persoal dedicado ás actividades do proxecto e dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detalladas as persoas perceptoras, así como as cantidades percibidas por cada unha delas. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá presentarse a orde de transferencia en que se detallen as persoas traballadoras incluídas.
– Modelos 111 de retencións e ingresos de IRPF e os seus xustificantes bancarios de pagamento e, cando corresponda, o modelo 190.
– Relación nominal de persoas traballadoras (RNT) e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os xustificantes bancarios de pagamento. No caso de persoas traballadoras autónomas, deberanse achegar o certificado de retencións ou ingresos á conta do IRPF, as nóminas e, de ser o caso, as correspondentes facturas e documentos de pagamento. Unicamente será subvencionable o custo de Seguridade Social deste persoal cando se acredite que o importe é aboado pola empresa.
– Informe de datos para a cotización de persoas traballadoras por conta allea da Seguridade Social (IDC) relativo ao período de execución de cada anualidade.
– Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %.
Consideraranse como gasto de persoal realizado en prazo os ingresos á conta do IRPF ou cotas da Seguridade Social liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación. A entidade subvencionada deberá presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez (10) días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario.
c) Declaración asinada pola persoa representante legal, en que se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no seu orzamento, calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá acompañarse dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e do pagamento da compra. O Igape poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.
Disposicións específicas liña 2 (IG300K)
Protección do ambiente incluída a descarbonización
Artigo 24. Conceptos subvencionables, condicións e intensidade de axuda
1. Conceptos subvencionables:
a) Adquisición de terreos, limitados a un máximo do 10 % do investimento subvencionable, de acordo co artigo 7 da Orde HFP/1414/2023.
b) Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:
i) Nova construción, reforma ou rehabilitación de instalacións levadas a cabo en inmobles ou terreos propiedade da persoa solicitante ou sobre os que a persoa solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa cunha vixencia mínima suficiente para o período de execución e mantemento dos investimentos. O dereito de superficie deberá estar outorgado en escritura pública inscrita no Rexistro da Propiedade.
ii) Reformas de instalacións levadas a cabo en inmobles alugados. O arrendamento deberá ter una vixencia mínima suficiente para o período de execución e mantemento dos investimentos.
iii) Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas. Serán subvencionables sempre e cando exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación de acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/1414/2023. O prezo de adquisición non poderá superar o valor de mercado. O importe da construción que poderá considerarse subvencionable será o menor entre o importe indicado no informe de taxación e o valor de adquisición. No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, ademais, estas non poderán ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.
iv) Nos casos de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, o custo subvencionable máximo será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen sexan propiedade da persoa solicitante ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente.
Se dentro do prazo de execución do proxecto ou do de mantemento dos investimentos establecidos na resolución ou acordo de concesión fosen alleadas as instalacións da antiga localización da persoa solicitante, e o importe neto da venda resultase superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos do cálculo da subvención, deberá notificarse ao Igape tan pronto se produza a transmisión e procederase ao reaxuste do importe da subvención concedida.
A obra civil debe ser executada e facturada por terceiras persoas. Non será subvencionable a adquisición de materiais de obra directamente pola persoa solicitante.
As actuacións que poidan afectar espazos naturais protexidos terán en conta as determinacións que establece o Plan director da Rede Natura 2000 para o seu ámbito territorial de aplicación, así como as contidas nos instrumentos de planificación e xestión que resulten de aplicación nos demais espazos protexidos declarados ao abeiro da Lei 5/2019, de patrimonio natural e a biodiversidade de Galicia.
As actuacións que poidan afectar bens culturais ou a súa contorna deberán ser autorizadas polo órgano administrativo competente en materia de patrimonio cultural.
c) Bens de equipamento, hardware, software e instalacións necesarias para a súa implantación, entendidos como investimentos en capital fixo ou como o activo inmobilizado dunha empresa para producir bens e servizos, de maneira que se contribúa á formación bruta de capital e ao emprego.
d) Os activos inmateriais serán válidos para o cálculo dos custos do investimento sempre que cumpran coas seguintes condicións: a) utilizarse exclusivamente no establecemento do beneficiario da axuda, b) ser amortizables, c) adquirirse en condicións de mercado a terceiros non relacionados coa persoa compradora, e d) formar parte dos activos da empresa beneficiaria e estar vinculados ao proxecto para o que se concede a axuda durante polo menos cinco (5) anos, ou tres (3) no caso de pemes.
e) Os proxectos non poderán consistir exclusivamente en construción e conceptos inmobiliarios, debendo incluír, obrigatoriamente, investimento nalgún outro concepto subvencionable.
f) Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:
– Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos.
– Os custos de traslado de bens equipamento que xa sexan propiedade da empresa.
– Os custos de adaptacións á normativa vixente.
– Os custos de formación no uso dos elementos obxecto de investimento.
– O IVE e outros impostos ou taxas e os custos financeiros.
g) En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
2. Condicións:
Poderán tamén ser beneficiarias as agrupacións de empresas do sector automoción con empresas de servizos enerxéticos que invistan nunha instalación industrial e formalicen un contrato de rendemento enerxético ou similar coas empresas de automoción. Neste caso, o documento de constitución da agrupación deberá reflectir a forma en que se traslada a subvención que recibiría a empresa de servizos enerxéticos ás empresas de automoción, por exemplo, a través dunha redución das cotas ou do prazo do contrato de rendemento enerxético.
En relación cos requisitos ambientais/climáticos, para todas as empresas, independentemente do seu tamaño, o proxecto deberá cumprir os criterios de eficiencia enerxética exixidos para o tipo de intervención 040 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostraciónen pemes ou grandes empresas e medidas de apoio que cumpran os criterios de eficiencia enerxética» no anexo I do Regulamento (UE) nº 2021/1060, concretamente algun dos dous seguintes:
a) Lograr, por termo medio, unha renovación de polo menos un grao de profundidade intermedia, tal e como se define na Recomendación (UE) nº 2019/786 da Comisión, do 8 de maio de 2019, relativa á renovación de edificios, ou
b) lograr, por termo medio, unha redución de polo menos un 30 % das emisións directas e indirectas de gases de efecto invernadoiro en comparación coas emisións previas.
Ademais, para todos os proxectos promovidos por empresas distintas das pemes:
• Realizarase unha análise de pegada de carbono de todo o ciclo completo do proxecto.
• En todos os proxectos minimizarase o volume de auga e outros recursos naturais utilizados no proceso e realizarase un control das augas residuais resultantes deste.
• As novas instalacións suxeitas a avaliación ambiental integrada estarán situadas preferentemente fóra da Rede Natura 2000.
3. Intensidade de axuda:
Concederase unha axuda en función do tamaño da empresa sobre os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable, coas seguintes intensidades:
|
Grande empresa |
Mediana empresa |
Pequena empresa |
|
|
Protección ambiente incluída a descarbonización |
22,5 % |
27,5 % |
32,5 % |
Artigo 25. Documentación complementaria
a) De ser o caso, documento de constitución da agrupación nos termos establecidos no artigo 4.2 das bases reguladoras.
b) Informe de entidade experta independente que acredite que o investimento contribúe á protección do ambiente, incluída a descarbonización, salientando no informe, de ser o caso, os custos que non estean directamente vinculados coa consecución dun nivel máis elevado de protección ambiental.
c) Documentación acreditativa do rateo de aforro emisións CO2 anuais que deberá basearse nos correspondentes certificados de eficiencia enerxética das instalacións. A documentación deberá poder permitir a comparativa da situación de emisións de CO2 anuais previa á execución do proxecto e posterior á execución do proxecto. No caso de infraestruturas ou liñas de nova creación, deberá achegarse tamén a estimación de emisións de CO2 anuais dunha instalación de referencia que corresponda á práctica comercial normal.
d) Memoria descritiva dos recursos e mecanismos financeiros de que dispón a empresa para cubrir os custos de funcionamento e mantemento da operación para garantir a súa sustentabilidade financeira.
e) Memoria técnica do proxecto.
f) Listaxe completa dos investimentos previstos, que se deberá cubrir no formulario de solicitude.
g) No caso de adquisición de terreos e/ou inmobles, informe de sociedade de taxación homologada.
h) No caso de construción sobre terreo propio ou rehabilitación de inmoble propio, escritura de titularidade da propiedade.
i) No caso de inmobles ou terreos sobre os que a persoa solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa, escritura pública inscrita no Rexistro da propiedade, ou concesión administrativa.
j) No caso de inmobles alugados, contrato de arrendamento.
Artigo 26. Xustificación da execución. Documentación xustificativa
Informe acreditativo do cumprimento da normativa ambiental exixible, en particular a normativa reguladora da Rede Natura 2000 e demais espazos naturais protexidos e a Lei 21/2013, de avaliación ambiental, e o Real decreto lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no caso de que resulte de aplicación polas características ou localización do proxecto.
Disposicións específicas Liña 3 (IG300L)
Proxectos de pemes de transformación e modernización produtiva
Artigo 27. Condicións, conceptos subvencionables e intensidade de axuda
1. Condicións dos proxectos.
Proxectos de pemes que teñan como finalidade a transformación e/ou a modernización produtiva das pemes de cara á transición ao ecosistema de mobilidade descarbonizada e conectada ou reconvertendo a súa produción cara aos novos compoñentes de mobilidade verde e conectada.
2. Conceptos subvencionables.
Poderán ser subvencionables os investimentos das pemes en maquinaria e bens de equipamento, hardware, software e instalacións necesarias para a sú implantación, así como os custos de consultoría técnica necesarios para o desenvolvemento ou implantación dos proxectos. Os servizos de consultoría non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionados cos gastos de explotación normal da empresa, como os servizos rutineiros de asesoría fiscal, servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.
3. Intensidades de axuda.
Concederase unha axuda en función do tamaño da empresa sobre os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable, coas seguintes intensidades:
|
Tipo de custo |
Mediana empresa |
Pequena empresa |
|
|
Proxectos de pemes de transformación e modernización |
Investimento |
25 % |
35 % |
|
Consultoría |
50 % |
50 % |
