DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40665

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras con carácter plurianual (2026-2027) para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas ao posicionamento das empresas galegas como subministradoras en materia de seguridade e defensa, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento IN519G).

No Diario Oficial de Galicia núm. 25, do 6 de febreiro de 2026, publicouse a Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras con carácter plurianual (2026-2027) para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas ao posicionamento das empresas galegas como subministradoras en materia de seguridade e defensa, e se procede á súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento IN519G).

As subvencións outórganse con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.561A.770.0, proxecto contable 2025-00064, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 e 2027, de acordo coa seguinte distribución:

Aplicación

Denominación

2026

2027

Total (€)

09.03.561A.770.0

Axudas ao posicionamento das empresas galegas como subministradoras en materia de seguridade e defensa da Comunidade Autónoma de Galicia

500.000,00 €

1.000.000,00 €

1.500.000,00 €

Co fin de favorecer o posicionamento estratéxico das empresas galegas como subministradoras de bens, servizos e solucións en materia de seguridade e defensa, a Consellería de Economía e Industria considera necesario apoiar aquelas actuacións orientadas á mellora da súa competitividade, a obtención de certificacións específicas, o acceso a proxectos de I+D+i colaborativos, a adecuación de infraestruturas e procesos produtivos, así como a participación en redes ou plataformas de contratación do sector.

Esta convocatoria enmárcase dentro da Iniciativa estratéxica de seguridade, defensa e aroespazo. Constitúen o obxecto destas axudas as seguintes tipoloxías de actuacións:

a) Primeira inscrición no Rexistro da Dirección Xeral de Armamento e Materiais (DXAM). Preparación da documentación e dos trámites necesarios para obter o certificado outorgado polo devandito rexistro.

b) Implantación dun sistema de xestión da calidade segundo as normas PECAL/AQAP. Consultoría para a implantación e certificación, se se logra dentro do prazo do proxecto.

c) Homologación do sistema ou produto. Preparación da documentación técnica dos sistemas ou produtos suxeitos a homologación e, de ser o caso, dos ensaios necesarios realizados por laboratorios acreditados segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025.

d) Obtención de autorizacións de seguridade. Preparación da documentación e realización dos trámites necesarios ante o CNI para obter as autorizacións de seguridade da empresa (HSEM) e as autorizacións de seguridade do establecemento (HSES), requiridas en contratos que requiren o uso de información clasificada.

e) Elaboración de propostas de proxectos para participar en convocatorias nacionais ou europeas no ámbito da defensa e a seguridade. Consultoría e asistencia técnica especializada para a elaboración de propostas.

De acordo co artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publícanse as subvencións concedidas pola resolución da directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial (disposición derradeira primeira da Orde do 9 de xaneiro de 2026; DOG núm. 25, do 6 de febreiro), relacionadas no anexo I.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO I

Beneficiario/a

Total subvención concedida

Marine Instruments, S.A.

51.854,00

Mecanizados Acebron, S.L.

11.880,00

Aeromedia Uav, S.L.

29.564,00

Cristalería Pontevedresa, S.L.

65.016,00

In2ai Intelligence, S.L.

56.000,00

Tesla Technologies & Software, S.L.

23.200,00

Mecanizados y Oxicortes, S.L.

21.360,00

Tsr Direct, S.L.

14.761,60

Possible Incorporated, S.L.

31.200,00

Carpintería Metálica Galanas, S.L.

21.520,00

Goycar Galicia, S.L.

27.840,00

Little Electric Car España, S.L.

75.000,00

Pumpun Dixital, S.L.

43.960,00

Altia Consultores, S.A.

57.488,90

Hermanos Alfaro, S.L.

8.320,00

Prototipado y Mecanizados de Galicia

9.360,00

Council Box Technologies

24.000,00

Roviño 5, S.L.

20.960,00

Little Electric Energy, S.L.

75.000,00

Machprecis, S.L.

15.440,00

Narwhal Boats

3.481,60

Tym Ganain

15.760,00

Gallega Mecánica

12.000,00

Centum Research & Technology

46.590,08

Uarx Space

39.596,00

Thune Eureka

12.456,00

SMG Iberia

10.560,00

Emetel Sistemas

53.176,00

Cadro Sigma, S.L.

75.000,00

Lupeon, S.L.

8.456,00

Instrumentación y Componentes, S.A.

9.600,00

Electrosoni, S.L.

6.085,00

Slimop Space, S.L.

43.600,00

Dativic, S.L.

7.870,40

Gabadi, S.L.

75.000,00

Maxwell Applied Technologies, S.L.

31.840,00

Gallega de Circuitos Electrónicos, S.L.

32.960,00

Bahía Software, S.L.

21.600,00

Metalúrgica del Deza, S.A.U.

20.184,00

Grupo Industrial Valiant, S.L.

6.300,00

Adventus Plus, S.L.

3.040,00

Balidea Consulting & Programing, S.L.

31.944,00

Binarial Automatización y Robótica, S.L.

59.276,81

Viguesa de Útiles y Matricería, S.L.

12.976,00

Aislamientos Térmicos Galicia, S.A.

8.320,00

Troyan Servicios Náuticos, S.L.

21.600,00

Electro Rayma, S.L.

9.296,06

Navaliber, S.L.

11.200,00

Drone Silencer

52.000,00

Astilleros Fernández Hidalgo, S.L.

11.880,00

Luxsit Technologia, S.L.

60.000,00

Neuwalme

2.627,55

Total subvención concedida

1.500.000,00