A Xunta de Goberno Local, o día 1 de xullo de 2026,
ACORDOU:
Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención de solo destinado a sistema xeral de infraestruturas, solo rústico, Nostián, do vixente PXOM, elaborado pola arquitecta municipal da Oficina Técnica do Departamento de Xestión do Solo (códigos de verificación 2P504713535G2O5P032N e 4S1C6065460F1E6M0VC1). O importe deste proxecto de expropiación ascende á cantidade de 101.336,58 € e existe crédito adecuado e suficiente no orzamento de 2026 con cargo á aplicación 30.151.600.05 (código de proxecto 2026 2 30 3) do orzamento municipal en vigor.
Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.
Terceiro. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así coma na sede electrónica municipal, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Cuarto. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación e requirirlles que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios/as ou titulares doutros dereitos.
O expediente estará á disposición dos interesados, durante o prazo dun mes, nas dependencias do Departamento de Xestión do Solo do Concello da Coruña, sitas na praza de Indalecio Prieto, 2º andar, das 9.00 ás 13.00 horas, con cita previa, que poderá solicitar por escrito no Rexistro municipal ou no enderezo de correo electrónico gestionsuelo@coruna.gal
A Coruña, 7 de xullo de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
|
Parcela |
Referencia catastral |
Titularidade |
Afectación |
Superficie que se vai expropiar |
Cultivo |
|
1 |
15900A013001710000YY |
Concello da Coruña |
Parcial |
||
|
2 |
15900A013001700000YB |
Concello da Coruña |
Parcial |
||
|
3 |
15900A013001660000YA |
Fernando Mantiñán Boedo |
Parcial |
1.289,25 |
Matogueira |
|
4 |
15900A013001650000YW |
Repsol Fuels, S.A. |
Parcial |
3.643,30 |
Matogueira |
|
5 |
15900A013001670000YB |
Repsol Fuels, S.A. |
Parcial |
1.170,00 |
Matogueira |
|
6 |
15900A013001640000YH |
Herdeiros de Luis Núñez Moreno |
Total |
3.225 |
Matogueira |
|
7 |
15900A013001630000YU |
Herdeiros de Raimundo López García |
Parcial |
554,10 |
Matogueira |
|
8 |
15900A013001620000YZ |
En investigación |
Parcial |
648,80 |
Matogueira |
|
Francisco Moreno Martínez |
|||||
|
María Moreno Martínez |
|||||
|
Dolores Moreno Martínez |
|||||
|
9 |
15900A013003600000YA |
Repsol Fuels, S.A. |
Parcial |
667,40 |
Matogueira |
|
10 |
15900A013001610000YS |
Repsol Fuels, S.A. |
Total |
5.800 |
Matogueira |
|
11 |
15900A013005020000YR |
Repsol Fuels, S.A. |
Parcial |
878,60 |
Matogueira |
|
12 |
15900A013001600000YE |
Mercedes García Docampo |
Total |
1.196 |
Matogueira |
|
Herdeiros de Antonio García Docampo |
|||||
|
13 |
15900A013001590000YZ |
Repsol Fuels, S.A. |
Total |
13.434 |
Matogueira |
|
14 |
15900A013000230000YR |
Antonio Pedreira Mengotti |
Parcial |
1.303,35 |
Matogueira |
|
Clara María Canabal Vázquez |
|||||
|
15 |
15900A013002960000YB |
Adela Vázquez Corral |
Total |
806 |
Matogueira |
|
16 |
15900A013002950000YA |
En investigación |
Total |
3.145 |
Matogueira |
|
17 |
15900A013001510000YK |
Repsol Fuels, S.A. |
Total |
3.471 |
Matogueira |
|
18 |
15900A013001430000YL |
Repsol Fuels, S.A. |
Total |
3.767 |
Matogueira |
|
19 |
15900A013001440000YT |
Repsol Fuels, S.A. |
Total |
4.770 |
Matogueira |
|
20 |
15900A013001390000YP |
Repsol Fuels, S.A. |
Total |
1.290 |
Matogueira |
|
21 |
15900A013004900000YB |
Herdeiros de Antonio Vázquez Rodríguez |
Total |
1.195 |
Labor ou labradío secaño |
|
22 |
15900A013001380000YQ |
Herdeiros de María Lafuente Martínez |
Total |
1.480 |
Labor ou labradío secaño |
|
José Muñiz Lafuente |
|||||
|
Dolores Muñiz Lafuente |
|||||
|
Mercedes Muñiz Lafuente |
|||||
|
Ángel Muñiz Lafuente |
|||||
|
María Luisa Muñiz Lafuente |
|||||
|
23 |
15900A013003730000YO |
En investigación |
Parcial |
415,10 |
Matogueira |
|
24 |
15900A013002700000YQ |
Alberto López-Peteiro Franco |
Parcial |
1.195,50 |
Matogueira |
|
Sara López-Peteiro Franco |
|||||
|
25 |
15900A013003720000YM |
En investigación |
Parcial |
462,50 |
Matogueira |
|
26 |
15900A013003190000YU |
Acciona Construcción, S.A. |
Parcial |
12,10 |
Matogueira |
|
27 |
15900A013002690000YL |
Herdeiros de José Pombro Martínez |
Parcial |
761,80 |
Matogueira |
