De conformidade co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e/ou resulta imposible a súa notificación por causas non imputables á Administración, faise pública a comunicación de execución subsidiaria de xestión da biomasa de conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
|
Acto que se notifica |
Ref. catastral (pol./parcela) |
Lugar/parroquia |
Persoa responsable |
|
Execución subsidiaria Data: 24.7.2026 Hora: 8.30 horas (Exp. 2436/2023) |
36011A069000010001KH (69/1) 36011A069000020000JQ- 36011A069000020001KW (69/2) |
Limeres-Cerdedo |
Concepción Sueiro Peleteiro |
Resolución de Alcaldía da orde de execución do 30.5.2024 para que cumprise coa súa obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e para a que se concedeu un prazo máximo de 15 días naturais para o seu cumprimento voluntario.
Que a comunicación anterior foi notificada a través da publicación no BOE dos días 22.11.2024 e 7.8.2025.
Que o informe municipal do Servizo de Medio Ambiente do día 1.7.2026 pon de manifesto o incumprimento desas obrigas legais de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies arbóreas.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita que este concello realice a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e lles repercuta os custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
De acordo co informe técnico, a liquidación provisional estimada para a execución subsidiaria, a reserva da valoración definitiva unha vez finalizadas as actuacións correspondentes, estímase en:
|
Parcela 1-36011A069000010001KH-núcleo rural |
|
|
Metros totais da parcela |
661 m² |
|
Metros afectados pola execución |
661 m² |
|
Liquidación provisional |
212,37 euros |
|
Parcela 2-36011A069000020000JQ-36011A069000020001KW |
|
|
Metros totais da parcela |
4.546,3 m² |
|
Superficie en solo núcleo rural afectada pola execución |
1.506,60 m² |
|
Liquidación provisional |
356,12 euros |
|
Superficie en faixa afectada pola execución |
3.039,7 m² |
|
Liquidación provisional |
616,75 euros |
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a execución subsidiaria da realización dos traballos de xestión da biomasa para a prevención e defensa contra os incendios forestais nas parcelas descritas.
Segundo. Os traballos da execución subsidiaria da parcela 36011A069000010001KH e da 36011A069000020000JQ (solo de núcleo rural) iniciaraos o Concello de Cerdedo Cotobade o día 24 de xullo de 2026 ás 8.30 horas.
O expediente de execución subsidiaria da parcela 36011A069000020001KW (superficie rústica en faixa de protección) trasládase a Seaga en virtude do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través desta consellería, e a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para a consolidación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.
Terceiro. Aprobar a liquidación provisional dos gastos derivados da execución subsidiaria e a reserva da súa liquidación definitiva unha vez realizadas as actuacións, que deberá aboar a persoa interesada á que se lle advirte que, en caso de incumprimento do pago, se procederá ao seu cobramento pola vía executiva.
Cuarto. Dar traslado ao órgano competente para incoar o procedemento sancionador, consonte o establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, para que se incoe o devandito procedemento e se adopte a medida cautelar de comiso das especies arbóreas prohibidas.
Quinto. Notificarlles esta resolución á persoa responsable e ao resto das persoas interesadas para o seu coñecemento para os efectos oportunos.
Sexto. O texto íntegro desta resolución estará á disposición das persoas destinatarias na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Cerdedo Cotobade.
Recursos: contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso de reposición potestativo no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de 2 meses, que se contarán desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poida simultanear ambos os dous.
Se se interpuxese o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a súa resolución expresa ou ata a súa desestimación por silencio; de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Cerdedo Cotobade, 3 de xullo de 2026
Jorge Cubela López
Alcalde
