DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da oferta de emprego público complementaria para o ano 2026 (expediente 976/2026).

Na Xunta de Goberno Local do 29 de xuño de 2026 adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público complementaria para o ano 2026 coas seguintes prazas vacantes que se deberán convocar no prazo máximo de tres (3) anos:

Persoal funcionario:

Denominación

Núm. de vacantes

Escala/subescala

Grupo/subgrupo

Tipo de persoal

Administrativo/a de Secretaría

1

Administración xeral. Administrativa

C /C1

Funcionario/a de carreira

Segundo. (...)

Terceiro. Que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, sede electrónica, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no DOG.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro que consideren procedente.

Guitiriz, 1 de xullo de 2026

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa