Na sesión realizada pola Xunta de Goberno Local o día 5 de xuño de 2026 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar as bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento en propiedade, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, dunha praza de traballador/a social, grupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica, do Concello de Lalín.
Esta convocatoria de bases publicouse no BOPPO número 123, do 1 de xullo de 2026, e pola súa vez publicarase un anuncio destas bases no DOG e no BOE.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Estado do anuncio referido na base anterior.
As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde tamén se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.
Lalín, 1 de xullo de 2026
José Crespo Iglesias
Alcalde
