DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente 2026/PLANEAM/000007 (FG número 766).

Pola Resolución da Alcaldía 20226003924, do 6 de xullo, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de parcelas de zona verde de sistema local na avenida de María Pita (Documento do 9.6.2026).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto na páxina web do Concello, na Área de Urbanismo-Trámites de información pública, polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que puideren resultar interesadas formulen as observacións e as reclamacións que coiden convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Oleiros, 7 de xullo de 2026

Ángel García Seoane
Alcalde presidente