Expediente: 2069/2026.
Pola Resolución da Alcaldía deste concello do 16 de xullo de 2026, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se apuntan para o ano 2026.
Personal funcionario
Escala da Administración xeral:
|
Grupo |
Subgrupo |
Clasificación |
Nº de vacantes |
Denominación |
|
A |
A1 |
Escala Administración xeral, subescala técnica |
1 |
Técnico/a de recursos humanos |
|
C |
C1 |
Escala Administración xeral, subescala administrativa |
1 |
Administrativo/a de recursos humanos |
|
A |
A2 |
Escala Administración xeral, subescala técnica |
1 |
Técnico de xestión económica |
|
A |
A1 |
Escala Administración xeral, subescala técnica |
1 |
Dinamizador/a de industrias culturais |
|
C |
C1 |
Escala Administración xeral, subescala administrativa |
1 |
Administrativo/a de xestión cultural |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente un recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.
Verín, 16 de xullo de 2026
Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde
