DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40839

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, por medio do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, notifícaselles ás persoas interesadas que resulten descoñecidas, a aquelas das que se ignore o lugar de notificación ou cando, unha vez intentada a notificación persoal, esta non se puidese practicar, as resolucións dos procedementos que se citan a seguir:

Nº exp.

Enderezo

Parcela

Propietarias/os

4069/2025

Castros-Nete

27065A161009580000MP

Ramón Luis Braña Novas

Requíreselles ás persoas propietarias para que, no prazo máximo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, procedan á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria coa repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, todo isto sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e o resto de trámites do expediente poderán consultarse, por comparecencia da persoa interesada, na Secretaría do Concello de Vilalba.

Vilalba, 2 de xullo de 2026

Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa