Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigos 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado (BOE) cos datos identificativos do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no BOE.
Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e lles conceden un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no BOE deste anuncio.
Transcorrido o devandito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000,00 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
Ademais, advírteselle que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que poderán acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.
|
Nº de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
128/2026 |
Luisa Sobrina Álvarez |
32026A010001910000TK |
|
133/2026 |
Rosa Godoy González |
32026A016002400000TK |
|
156/2026 |
Alberte Cabanelas Antonio |
32026A014004060000TT |
|
160/2026 |
Luis Vázquez Baca |
32026A014000720000TE |
|
162/2026 |
Bernardino Rivera Conde |
32026A011006910000TU |
|
162/2026 |
José Conde Somoza |
32026A011006930000TW |
|
183/2026 |
En investigación |
32026A014007310000TM |
|
183/2026 |
En investigación |
32026A014007340000TR |
|
183/2026 |
Eulogia Álvarez González |
32026A014003690000TG |
|
194/2026 |
Santiago Domínguez Soto |
32026A037000530000TE |
|
194/2026 |
Vitorina Domínguez Coto |
32026A037000940000TA |
|
212/2026 |
Veciños de Saa |
32026A019020000000TB |
|
217/2026 |
Veciños de Saa |
32026A020010000000TI |
|
220/2026 |
Veciños de Razamonde |
32026A011010010001YB |
|
222/2026 |
Veciños de Cenlle |
32026A032030000000TG |
|
223/2026 |
José Veleiro |
32026A005000570000TH |
Cenlle, 2 de xullo de 2026
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa
