Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación que se sinala no cadro anexo.
Lugo, 9 de xullo de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2025/113-ATE.
Denominación: Adecuación CT Santa Lucía de Guntín, no concello de Monforte de Lemos.
|
Núm. de predio |
Políg. |
Parc. |
Propietario |
Data das actas |
Hora |
|
1 |
122 |
3 |
Descoñecido |
28.10.2026 |
10.00 |
