DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2025/257-1).

Expediente: IN407A 2025/257-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Recuamento da LMT CRN704B A Revolta-Xuvia.

Concello: Narón.

Feitos:

1. O día 17.11.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar as condicións de mantemento e explotación da rede debido, por un lado, ao mal estado das instalacións existentes, próximas ao fin da súa vida útil e, por outro, á dificultade do acceso para o mantemento e modificación, ao transcorrer a liña por terreos urbanos.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Recuamento da LMT CRN704B A Revolta-Xuvia, asinado o día 3.11.2025 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 2.233, mais unha emenda do 6.4.2026.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Nedgia, S.A., Electra de Narahío, S.A., Patrimonio Cultural, Deputación Provincial da Coruña, ADIF e Concello de Narón. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 4.6.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar da Pena Parda, parroquia San Xiao (Narón), e as súas características técnicas son as seguintes:

Novo tramo da liña de media tensión subterránea en condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al). A liña terá o seu inicio na cela de liña do centro de seccionamento Naraío-15CMNM (expediente IN407A 2019/241-1), logo de desconectar e desmontar os condutores subterráneos existentes; finalizará nos empalmes proxectados na LMTS CRN704B no tramo entre o apoio existente por retirar núm. 39 e o centro de transformación Ribeira-15CP28, despois de realizar entrada e saída no centro de transformación Cerámica Jubia-15CP24, que se reformará. A lonxitude total da liña de media tensión soterrada proxectada é de 1.813 metros.

Retirada da liña de media tensión aérea CRN704B de 15 kV nos tramos comprendidos entre o apoio núm. 28 e o CT Cerámica Jubia-15CP24 e entre o CT Cerámica Jubia - 15CP24 e o apoio núm. 39 en condutores nus de tipo Pigeon, cunha lonxitude de 803 metros. Desmontaxe dun total de once apoios de formigón e dun apoio de celosía metálica.

Adecuación do centro de transformación Cerámica Jubia-15CP24, substituíndo toda a aparellaxe de media tensión existente ao aire. No seu lugar instalaranse un conxunto de celas modulares 3L1P 1TM 2TC 1TG e un novo cadro de baixa tensión de tipo AC-5-1600 A. Mantense o transformador existente de tipo 250 kVA/15 kV B2.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en la vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 4 de xuño de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña