Expediente: IN407A 2025/135-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: instalación de telecontrol en LMT BOI806 en 9OXCM7M8//124.
Concello: Lousame.
Feitos:
1. O día 8.7.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de realizar melloras na calidade de subministración dos clientes alimentados pola rede de distribución en media tensión (LMT) existente denominada LMT BOI806 San Bernardo, 6.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol en LMT BOI806 en 9OXCM7M8//124, asinado o día 27.3.2025 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica, nº colexiado 4.781 de Vigo (COITIVigo).
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 11.2.2026 publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 5.3.2026.
• BOP: 16.2.2026.
• Xornal La Voz de Galicia: 20.2.2026.
Con datas 11.2.2026 e 28.4.2026 solicitouse ao Concello de Lousame a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública, Agronoia S.L.P., en nome e representación de Manuel Castro Nimo, mediante escrito recibido o 6.3.2026, solicita que o apoio se coloque xusto ao bordo da zona de servidume do regato, para minimizar a afección ao seu predio.
A alegación trasladóuselle á empresa promotora, que respondeu que a autorización que lle outorgou Augas de Galicia establece expresamente que o apoio máis próximo ao regato debe situarse aproximadamente a unha distancia de 9 metros do leito, co fin de evitar afeccións ao dominio público hidráulico e á vexetación de ribeira.
Adicionalmente, sinalan que a solución adoptada no proxecto permite manter as distancias regulamentarias e minimizar as afeccións globais da instalación, non só sobre o curso de auga senón tamén sobre o conxunto das parcelas afectadas; e que a proposta de situar o apoio máis próximo ao límite da zona de servidume do regato suporía reducir a dita distancia, o que implicaría o incumprimento das condicións impostas polo citado organismo sectorial.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Lousame e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 2.7.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Cruído, no concello de Lousame, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Instalación dun reconectador telecontrolado en apoio con matrícula 9OXCM7M8//124 da LMTA BOI806. Substitución do dito apoio por un celosía C-1000-16.
Como consecuencia desta actuación e mellora, cómpre substituír os apoios 123 e 125 por dous apoios celosía C-1000-14 e C-3000-16, usando crucetas de amarre H-35. No apoio 125 se substitúen os curtacircuítos fusibles XS.
4. Nas condicións particulares da autorización de Augas de Galicia indícase o seguinte:
«1. O apoio no que se vai desenvolver a actuación máis próximo ao regato (Id curso 983610003685), de coordenadas UTM X=511302 Y=4735850, sitúase aproximadamente a 9 m do leito. [...].
4. Todos os apoios da liña deberán situarse fóra de zona de servidume definida na condición particular nº 10. [...].
10. Deixarase en todo momento expedita a zona de servidume para uso público, consistente nunha banda de 5 m de ancho, medidos a partir do bordo ocupado polas augas nas máximas enchentes ordinarias».
5. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) O apoio deberá quedar situado o máis próximo posible ao regato, sempre dentro do marco da autorización de Augas de Galicia e se a variación non supón aumentar as afeccións globais da instalación. No caso de que non se modifique a localización do apoio porque supoña aumentalas, deberán definir en que consisten esas maiores afeccións.
D) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
E) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 3 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Lousame
|
Nº parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
||||
|
1 |
Vintens 15043J503011580000DR |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño |
Rosa María Teira García |
1 |
2.0 |
|
2 |
Rodullo 15043J503016380000DD |
Rústico. Agrario. Prados ou praderías |
Manuel Castro Nimo |
2 |
2.0 |
