DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41742

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publica a Resolución do 9 de xullo de 2026 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT215D).

No Diario Oficial de Galicia número 70, do 16 de abril de 2026, publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 30 de marzo de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT215D).

De conformidade co artigo 18 da devandita orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 17.

Polo exposto, logo da presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 9 de xullo a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de xullo de 2026 de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 30 de marzo de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT215D), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de xullo de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e que contra ela se poderá interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2026

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Resolución do 9 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT215D)

Antecedentes de feito:

1. O día 16 de abril de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 30 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT215D).

2. A finalidade da convocatoria é a de subvencionar os gastos de participación en residencias literarias fóra de Galicia para as persoas creadoras galegas do sector do libro: escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras.

3. O órgano instrutor constata que, logo de examinar as solicitudes recibidas ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2026 tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvención de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e unha vez comprobado que a totalidade das solicitudes se axusta aos requisitos establecidos na convocatoria e, tras a reunión da Comisión de Valoración de proxectos, segundo establece o artigo 15.6, unha vez aplicados os criterios de valoración indicados no artigo 16, e da emisión da correspondente acta de valoración por parte da comisión, ningunha das persoas candidatas resulta excluída do procedemento, polo que se fai a selección segundo os criterios establecidos.

4. Tras a publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e unha vez transcorridos dez días hábiles para a presentación de alegacións, segundo establece o artigo 17.2, non se presentaron alegacións á listaxe provisional.

5. O órgano instrutor procedeu ao repartimento económico do orzamento (20.000 €) e constatou que resulta insuficiente para atender a totalidade das solicitudes, polo que lles asignaron as correspondentes cantidades aos nove primeiros proxectos por orde de puntuación, tendo en conta que todo o proceso se desenvolveu de acordo coa seguinte fundamentación xurídica.

Fundamentos xurídicos:

1. De acordo co artigo 2.3 da orde de convocatoria, o procedemento para a concesión das axudas tramitouse en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Pola súa parte, o artigo 15.2 da devandita orde atribúelle á Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro a instrución do procedemento de concesión das axudas.

2. O artigo 2 establece os requisitos para poder ser persoa beneficiaria desta convocatoria. En concreto, vai dirixida a aquelas persoas físicas que interveñen no proceso de creación do libro nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración e que desenvolven o seu traballo na Comunidade Autónoma galega.

3. As axudas convocadas a través da devandita orde e, segundo se regula no seu artigo 4, concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2026, por un importe de 20.000 €.

4. A contía da axuda regulada no artigo 5 da orde de bases e convocatoria adxudicarase por orde de puntuación, unha vez aplicados os criterios e as limitacións orzamentarias. O importe máximo será de 5.000 € por persoa beneficiaria e garantirase que o importe final adxudicado a cada persoa sexa o 80 % do orzamento solicitado, ata esgotar o orzamento.

5. De acordo co disposto no artigo 17.4, o órgano instrutor ditará a correspondente proposta de resolución que elevará á persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Para realizar a proposta de concesión, o órgano instrutor realizará a comprobación da concorrencia dos requisitos exixidos para conceder a subvención. Unha vez feita esta comprobación, a concesión das axudas efectuarase tendo en conta a orde de prelación dos proxectos establecida a través da puntuación outorgada pola Comisión de Valoración dos proxectos (artigo 15.5), segundo os criterios de valoración aplicados que se regulan no artigo 16 da orde de bases e convocatoria.

6. Unha vez realizado o repartimento do orzamento, o artigo 18 sinala que a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no prazo de 15 días desde a elevación da proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro.

7. De acordo con todo o indicado, e de conformidade do artigo 17.4 da orde de bases e convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a listaxe definitiva de persoas admitidas no procedemento que figuran no anexo I por orde de prelación, segundo a puntuación outorgada pola Comisión de Valoración dos proxectos.

Segundo. Concederlles as subvencións ás persoas beneficiarias, aos profesionais da creación literaria galega e aos proxectos presentados para a realización de estadías en residencias literarias fóra de Galicia que se relacionan no anexo II, coas cantidades concedidas e a puntuación total obtida na valoración de méritos, por un importe total de 19.036,91 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2026.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 22 da orde de bases e convocatoria, as persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez días para aceptar a subvención, contados desde o día seguinte ao da práctica da notificación individual ou da publicación no Diario Oficial de Galicia. Unha vez transcorrido este prazo sen que se produza ningunha manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Quedará sen efecto a concesión ás persoas beneficiarias que non acepten a subvención ou que non dean comezo á estadía na residencia sen causa suficiente.

Cuarto. Aprobar a relación de persoas suplentes que figuran no anexo III, ordenadas segundo a puntuación acadada, que poderán ser subvencionadas en caso de non aceptación ou renuncia por parte das persoas beneficiarias, sempre e cando haxa crédito suficiente no proxecto orzamentario para asumir a súa proposta de creación na residencia literaria fóra de Galicia que figura na súa solicitude.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén pode impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou ata que se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 30.3.2024; DOG núm. 70, do 14. de abril), Anxo M. Lorenzo Suárez, Director xeral de Cultura.

ANEXO I

Persoas admitidas e puntuación acadada

Núm. de orde

Solicitante

Perfil residencia. Máx. 20 puntos

Perfil creador/a. Máx. 30 puntos

Proxecto creativo. Máx. 25 puntos

Alcance do programa. Máx. 10 puntos

Coherencia formal. Máx. 10 puntos

Compromiso de edición. Máx. 5 puntos

Total puntos

1

Miguel Cavadas Docampo

18

22

20

9

9

0

78

2

Sarai Lorenzo Broullón

17

20

20

7

8

0

72

3

José Luis Baños de Cos

18

20

20

7

7

0

72

4

Paula Lago Pereira

18

18

18

8

9

0

71

5

Lucía Aldao Sánchez

15

18

18

6

8

0

65

6

Laura Torrado Varela

17

16

15

7

7

0

62

7

Esperanza Mariño Davila

13

18

15

6

8

0

60

8

Breogán Antón Martínez Vila

13

17

18

6

4

0

58

9

Adriana Páramo Pérez

13

15

15

5

8

0

56

10

Raquel Senra Fernández

13

19

13

5

4

0

54

11

José Alejandro Gómez Rozados

13

13

13

4

5

0

48

12

Clara Isabel Rodríguez Giráldez

10

12

10

4

5

0

41

ANEXO II

Persoas beneficiarias

Núm. de orde

Solicitante

Proxecto subvencionado

Puntuación acadada

Importe subvención

1

Miguel Cavadas Docampo

Avión

78

1.680,17 €

2

Sarai Lorenzo Broullón

A voz da Sibila

72

2.618,40 €

3

José Luis Baños de Cos

Instrucións de montaxe

72

3.230,15 €

4

Paula Lago Pereira

Proxecto de edición ilustrada de relatos clásicos en galego

71

1.862,89 €

5

Lucía Aldao Sánchez

Finito

65

1.120,00 €

6

Laura Torrado Varela

Poesía visual do cotián

62

2.498,40 €

7

Esperanza Mariño Davila

Tomás Barros Pardo. Biografía e obra literaria

60

1.744,00 €

8

Breogán Antón Martínez Vila

Esta mensaxe foi eliminada

58

2.696,00 €

9

Adriana Páramo Pérez

Grelamos Raíces

56

1.586,90 €

ANEXO III

Persoas suplentes

Núm. de orde

Solicitante

Proxecto subvencionado

Puntuación acadada

Importe solicitado axustado á convocatoria

10

Raquel Senra Fernández

Magmática

54

2.850,00 €

11

José Alejandro Gómez Rozados

Baixo un ceo sen estrelas

48

3.400,00 €

12

Clara Isabel Rodríguez Giráldez

Arquitectura dun volume de relatos: reescritura e cohesión de textos premiados (2008-2025)

41

2.635,00 €